Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Terceira Galega: Con autoridade

Terceira Galega: Con autoridade
Non tiveron demasiados problemas Ameixenda e Lira para rubricar a vantaxe da ida e citarse para un doble duelo do que só poderá saír un equipo da Liga da Costa O Ameixenda puido co Volantes O Ameixenda puido co Volantes O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega  

Ameixenda 2-0 Volantes de Baño

Campo: San Paio de Refoxos Ameixenda: Farrapa (Riolo m.90), Susiño, Samuel, Diego, Adán (Bichiño m.77), Javichu, Borja (Juan m.86), Jesús, Cristian, Bicho (Rubén m.57) e Demetrio Volantes de Baño: Javira, Álex, Samu, Mou, Raúl (MIngos m.48), Pardelo, Juan do Sivil, Roi Txokeiro (Santi m.74), Kanote, Yeray (Yerai m.72) e Uru (Bernardo m.60) Árbitro: Rosende Cancela (A Coruña). Expulsou a Mingos (m.90) do Volantes de Baño Goles: 1-0 m.35 Borja; 2-0 m.75 Borja Ameixenda-Volantes O que Borja quixo Volveu vencer o Ameixenda no seu cruce co Volantes de Baño, que terá que agardar outro ano para regresar á Liga da Costa (e tamén preocurar dotarse de máis profundidade de banco, despois dos problemas de efectivos de todo o curso). Os ceenses foron mellores nun encontro no que a calor da primeira media fixo que apenas se viran dous pases seguidos, e que os dous equipos dosificaran moito as forzas. O punto de inflexión chegou a falta de dez minutos para o descanso, nunha acción na que Borja controlou na posición de interior e foi sorteando rivales dun xeito 'messiánico'. O atacante resolveu con clase para poñer o primeiro, e tamén o feudo ceense aos seus pes. Foi desde entonces cando a cancha comenzou inclinarse. Jesús executou unha falta preto da escuadra. Tralo paso polos vestiarios os locais dispuxeron de accións de sobra para facer o segundo. Javichu, de tiro raso, Cristian, de cabeza, e Borja, rozando o longueiro, marraron. Non aparecían os muradáns, que comezaron ter estérilmente a bola. Nunha contra conectada polo Ameixenda morreu a eliminatoria, despois de que Borja rematase un centro de Demetrio. A mala nova foi a lesión de Farrapa, nunha clavícula, tras un salto cun rival. A SD quere adicarlle esta vitoria o pequecho Hernán, o socio mais novo da S.D. Ameixenda, que naceu fai dez días. Noraboa a Juan (como pode verse na foto, e o home mais feliz do mundo) e a Cristina.  

Lira 4-1 Nantón

Festa por todo o alto en Lira - Foto: A páxina roxiña Campo: Lombáns Lira: Peipo, Adrián, Cristian, Eloy Karocho (Pelexo m.60), Manuel Cartamil (Iván Cerilla m.70), Essién, Disciclín, Miguel (Suso Patachín m.81), Oli Bermejo, Suso Perico (Costa m.76) e Kike Nantón: Guille, Fabián, Silva, Pablo, Diego Bello, Carlos Vidal (Touriñán m.67), Fabio (Kevin m.65), Redondo, Lareu (Enmanuel m.60), Martín e Iván (Raúl m.71) Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Iván Cerilla, do Lira (m.91). Amonestou a Miguel, Kike do Lira; Fabián, Raúl e Enmmanuel do Nantón Goles: 1-0 m.50 Disciclín; 2-0 m.55 Suso Perico; 3-0 m.70 Essién; 4-0 m.73 Disciclín; 4-1 m.78 Raúl O Lira celebrou un novo triunfo - Foto: A páxina roxiña Explosión 'roxiña' Parece ter chegado ao seu punto ideal, e no momento perfecto, un Lira que goleou no encontro de volta ao Nantón, tralo 1-2 de Fontiñas. Parece un conxunto difícil de frear o 'roxiño' cando determinados elementos tiran de clase para desequilibrar. E iso que durante a primeira metade o Nantón tirou de oficio e apenas concedeu oportunidades claras de perigo. De feito, os cabaneses inquedaron e sembraron certa inquietude nunha ateigada grada de Lombáns. Non foi ata despois do descanso cando un dos grandes acertos do curso, o recuperado para o fútbol Disciclín, rematou con forza para abrir o marcador. Desatouse o tarros das esencias lirachas, e en vinte minutos o que era un partido de sufrimento tornouse en goleada. A segunda línea de Suso Perico, un cabezazo de Essién e outra incorporación perfecta de Disciclín levaron a festa a un graderío entregado e que xa mira ao Ameixenda como último obstáculo para acabar cunha longa espera.

Comentarios