Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Terceira Galega: Follow the Lira

Terceira Galega: Follow the Lira
Dous goles de vantaxe levarán os 'roxiños' a Cee a vindeira semana, donde poden acabar cunha longa noite de pedra na Terceira Autonómica,Rexional e Galega O partido foi intenso e con alternativas O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Lira 2-0 Ameixenda Lombáns volveu vestirse de gala Campo: Lombáns Lira: Peipo, Adrián, Cristian da Portujesa, Eloy Karocho (Pelexo m.86), Manuel Cartamil, Essién, Disciclín, Miguel (Suso Patachín m.90), Oli Bermejo, Suso Perico (Yago m.77) e Kike Ameixenda: Riolo, Grille, Samuel, Diego, Bichiño, Trillo (Javi m.68), Borja, Jesús, Cristian, Bicho e Demetrio Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Expulsou a Samuel (m.72) e Grille (m.90), ambos do Ameixenda. Amonestou a Jesús, Demetrio, Bicho e Riolo, todos eles do Ameixenda Goles: 1-0 m.61 Oli Bermejo; 2-0 m.70 Disciclín Cobrou unha vantaxe máis que sustancial o Lira na ida da final polo ascenso á Liga da Costa. É a segunda vez en tres semanas que os 'roxiños' superan ao Ameixenda, quen por outra parte volveu deixar unha boa imaxe a pesares da derrota. A tarde foi polo manual de calquera encontro de corte semellante: ambiente notable nas gradas, un pronóstico en absoluto claro e un inicio de encontro marcado, por poñer un símil deportivo, pola medición entre os dous púxiles. A individualidades os locais sabían que podían levar o gato ao auga, mentres que os visitantes confiaban nunha circulación longa que desarmase a un dos equipos con máis paciencia e táboas de todo o Sur da Costa. Sucederon poucas cousas nos áreas nunha primeira media hora na que pagaba a pena mirar máis para o graderío que para o céspede. Estivo sobresaínte o meta visitante Riolo nun tiro lonxano, mentres Bicho lamentaba bater coa defensa na súa intentona. Incrementou o dominio da posesión o Ameixenda nos intres previos ao intermedio, e daba tamén en ocasións como un tiro de Cristian que marchaba fóra por pouco. A última acción da primeira metade era un aviso a navegantes: primeiro erro na entrega dos de Pato e Oli que fallaba en boca de gol. Confiou o Lira nesa variable para a reanudación, coa búsqueda do castigo do erro. E a piques estivo de logralo en dúas contras de saída explosiva. A acción do 1-0, obra do propio Oli, iría nesa línea: varios rexeites no área liracha sen rematador a gol, balón longo, contra e gol do de Quilmas, que ten acabado o curso nun estado de forma sublime. E a partir de aí Kike e Suso Perico baterían na madeira antes de que un novo disparo lonxano puxera o 2-0 e un pé en Segunda para o Lira. Foi moi discutida polos visitantes a labor arbitral, debido á facilidade para armar o brazo, aínda que tamén un portavoz do Ameixenda co que se puxo en contacto este medio calificou de "xustas" as expulsións. O punto era a nobreza vista no campo e o exceso de castigo dun trencilla, por outra parte, con graves erros ortográficos e de transcripción na redacción do acta.

Comentarios