Venres. 17.05.2024
El tiempo

Terceira Galega: Jesús, Suso e Cristo

Terceira Galega: Jesús, Suso e Cristo
Mesmo nome nos goleadores de Ameixenda e Lira, que toman vantaxe na eliminatoria polo ascenso á Liga da Costa antes do parón de Semana Santa; ambos partidos se decidiron ao final O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega  

Volantes de Baño 0-1 Ameixenda

Campo: Eleuterio Balayo Volantes de Baño: Javira, Álex (Juan do Sivil m.80), Santi (Yanky m.72), Mou, Cajulo, Pardelo, Jose, Edu, Mingos (Javi m.54(, Yeray e Maikel Perrito Ameixenda: Riolo, Grille, Diego, Samuel, Bichiño, Javichu, Camacho (Bruno m.85), Adán (Bicho m.55), Cristian, Jesús e Demetrio (Borja m.70) Ärbitro: Iglesias Bazarra (A Coruña). Expulsou a Yanky, do Volantes (m.88). Gol: 0-1 m.90 Jesús, de penalti Unha man hacia a final Un penalti convertido por Jesús cando morría o encontro, despois de que Yanky sacara coa man un balón que ía a gol, deulle unha sustancial vantaxe ao Ameixenda contra o Volantes de Baño, no que era o inicio da promoción de ascenso. Variou notablemente o prantexamento de ambos respecto ao que viña sendo un encontro normal de liga, con moitas máis precaucións e medo a perder. Foron os muradáns os que levaron lixeiramente o peso do choque nun primeiro acto no que tiveron máis intensidade, gañaron os balóns divididos e tamén fixeron do balón parado unha das súas armas. O meta Riolo foi o home máis destacados dos ceenses ata o intermedio. Só nos dez minutos finais sacudíronse os seus compañeiros o dominio local. A entrada de Bicho e o despliegue de Jesús variaron o panorama nunha segunda metade moito máis segura por parte dun Ameixenda que tivo en botas de Jesús e nunha internada de Cristian as mellores opcións da segunda metade. Javira estuvo tremendamente seguro. A entrada de Yanky deulle aire e novas vías de penetración aos muradáns durante o tramo final. A piques estivo de facer o tanto do ano, cunha chilena espectacular que marchou alto por moi pouco. Pero o mozo do gol foi nesta ocasión determinante no sentido negativo Interceptou coa man un balón que ía a gol e provocu un penalti (con expulsión) que Jesús non desaproveitou para mandar a eliminatoria 0-1 a Cee.  

Nantón 1-2 Lira

Campo: Fontiñas Nantón: Guille, Fabián, Pablo, Raúl, Diego Bello, Carlos Vidal (Kevin m.84), Touriñán (Fabio m.46), Redondo, Enmanuel (Lareu m.81), Martín e Iván Lira: Peipo, Eloy Karocho, Manuel Cartamil, Christian, Adrián do Porto, Essién (Costiña m.84), Disiclín, Miguel da Carocha, Oli Bermejo (Manuel m.73), Kike e Suso Perico (Cartamil Jr m.90) Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Amonestou a Touriñán, Enmanuel e Diego Bello do Nantón; Essién do Lira Goles: 0-1 m.18 Suso Perico; 1-1 m.63 Redondo; 1-2 m.87 Suso Perico, de penalti 'Pericazo' en Nantón Dous goles do que sempre está aí e nunca falla, do 'tirador de carros' Suso Perico, déronlle o triunfo ao Lira sobre un Nantón que conseguira congregar un moi bo ambente en Fontiñas e que viviía coa ilusión do retorno á Liga da Costa. Como tódalas batallas sobre o campo verde natural resultou a cita unha oda á intensidade e con moitísimo centrocampismo. Foi o balón parado o arma que xerou máis oportunidades de perigo nas dúas porterías. Na primeira que tivo, non perdoaría Suso Perico, cun bo remate imposible para Guille. A veteranía e experiencia do Nantón fixeron que os locais nunca se foran do choque, e pouco a pouco fixeron recuar ao seu rival, ata que cumprida a hora de partido Redondo igualaba o choque. Non daban nese momento por malo o resultado ningún dos dous conxuntos, pero unha acción aillada a tres minutos do final deu nun penalti executado e convertido por Suso Perico, que a piques estivo de atallar Guille.

Comentarios