Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Terceira Galega: Mamma mía!

Terceira Galega: Mamma mía!
O Lira agasalla a tódalas nai da parroquia co seu retorno á Liga da Costa case unha década despois; os 'roxiños' aguantaron en Cee, ante un Ameixenda que nunca deixou de crer O CF Lira celebrou o ascendo no San Paio de Refoxos-Foto-Rafa Quintáns O CF Lira celebrou o ascendo no San Paio de Refoxos-Foto-Rafa Quintáns

Ameixenda - Lira* (0-0)

Campo: San Paio de Refoxos 11 do Ameixenda-Foto-Rafa Quintáns 11 do Ameixenda-Foto-Rafa Quintáns Ameixenda: Riolo, Bruno, Diego Oca, Javi, Jesús, Bichiño, Borja, Rubén Yayá, Cristian, Deme, Carballo. Tamén: David, Alberto e Juan. 11 do Lira-Foto-Rafa Quintáns 11 do Lira-Foto-Rafa Quintáns Lira: Peipo, Adrián (Pelexo m.60), Cristian da Portuguesa, Eloy Karocho, Manuel Cartamil, Essién, Disciclín, Miguel, Oli Bermejo (Manuel m.76), Suso Perico e Kike Paluca. Árbitro: Soto Eiroa (A Coruña). Expulsou a Bicho (m.88). Amonestou a Borja, Diego, Rubén Yayá, Trillo e Jesús do Ameixenda; Miguel, Eloy Karocho e Suso Perico do Lira. A Liga da Costa, esa 'teta' da que mamamos tódolos enfermos polo fútbol modesto, ven de recuperar a un fillo que había anos marchara rumbo a un camiño espinoso e suntuoso, cheo de baches e con ameaza de morte deportiva. Afortunadamente, e cun simbolismo extremo, na antesala do Día da Nai, o Lira Club de Fútbol pareceu dicirlle: "mamá, quéroche, volvo a casa". Os 'roxiños', termo feito credo desde a redes sociais, estiveron apoiados por unha masa incluso superior en número en Cee, no partido decisivo ante un Ameixenda ao que derrotaran na ida por 2-0. Así, os de Pato tentaron levar a iniciativa de inicio e os visitantes apelaron a unha das virtudes chave no espectacular sprint final de tempada: a experiencia. Coas liñas xuntas e sen conceder demasiados espazos nun feudo que precisamente préstase a elo, o Lira incluso disfrutou da primeira gran oportunidade do encontro, nun cabezazo que marchou fóra por moi pouquiño. Fotos de Rafa Quintáns Fotos de Rafa Quintáns O susto pareceu entonar aos locais, que pouco a pouco si comezaron atinar coa profundidade e o umbral de dor para a resistencia. En certo modo como se da volta do Juve-Barça se tratase, era un fluxo constante de opcións ante un rival que nin na concesión se sentía nervioso, senón que se movía á perfedcción nese papel de pasivo: Borja, de vaselina; Cristian, desde o área pequena, e Jesús, nun remate que a zaga liracha mandou a córner, tiveron as mellores dun primeiro acto que finalizou coa aparición doutro dos pilares do ascenso. Peipo sacaba unha man impropia dun arqueiro da Terceira Galega para negarlle de novo o premio aos ceenses. Non variaría demasiado o panorama nunha reanudación na que, iso si, a decepción foi mermando pouco a pouco o tino e o criterio do Ameixenda. Cada vez máis cómodo, o Lira defendía onde e como quería, ante un rival que parecía querer facer o segundo antes que o primeiro. E nos minutos de vale todo, da locura e dos 'all in', os novos inquilinos da Liga da Costa ben puderon ter levado o encontro. Viva a nai que vos fixo!", pensou boa parte dunha parroquia 'roxiña' que de novo verá ao seu amor onde merece: na casa da que nunca debeu marchar. Afeccion do Lira no ascenso á Liga da Costa-Foto-Rafa Quintáns Afeccion do Lira no ascenso á Liga da Costa-Foto-Rafa Quintáns Afeccion do Lira no ascenso á Liga da Costa-Foto-Rafa Quintáns Fotos da celebración do Lira de Rafa Quintáns Fotos da celebración do Lira de Rafa Quintáns Lira novo equipo da LigadaCosta-Foto-Paxina Roxina Lira novo equipo da LigadaCosta-Foto-Paxina Roxina

Comentarios