Máis dunha década despois, o clube da Vila da Barca regresa á Liga da Costa, categoría que, como mínimo, lle corresponde por historia e tradición; seguen as oposicións a acompañante
Un camión percorreu as rúas da vila cos xogadores
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Muxía 3-0 Ameixenda
Campo: Arliña
Muxía: Santi Papi (Jose Antonio m.80), Munitis (Denis m.77), Breo, Maikel, Martinciño, Pereira, Adrián Alcaina, Conguito (Chans m.73), Iván Lagoa, Víctor Alcaina (Julián m.60) e Dani Picallo (Pesqui m.70)
Ameixenda: Farrapa, Grille, Samuel, Bicho, Jesús (Bruno m.69), Javi, Trillo, Rubén Yeyé, Juan, Márquez e Demetrio
Árbitro: Soto Eiroa (A Coruña). Amonestou a Pereira, Adrián Alcaina, Iván Lagoa do Muxía; Samuel, Márquez, Rubén Yayá, Bruno do Ameixenda
Goles: 1-0 m.25 Víctor Alcaina, de penalti; 2-0 m.68 Adrián Alcaina; 3-0 m.77 Iván Lagoa
Imxae do choque entre Muxía e Ameixenda en Arliña-Foto EJ
Un día de primeira para un retorno a Segunda… e á ilusión
Non se vivía en Muxía un día como o de onte desde 2004. E había máis dunha década que o clube da vila non levaba a etiqueta da Segunda Galega. Pode que por iso a explosión orgásmica do final do encontro fronte o Ameixenda fose consecuencia de moitas decepcións, alegrías que non acabaron por ser festas e a luz ao final dun túnel que se facía demasiado longo. Está de volta un dos grandes, dos nomes históricos do balompé da zona. E parece que quería que cando chegase o día fose ao grande, por todo o alto, despois de dominar de cabo a rabo unha competición na que a piques estivo de manterse invicto, e na que ninguén lle discutiu ou ameazou o liderato. Este grupo de futbolistas pasará á historia por ter sido o da unión, o que recuperou aos futbolistas da vila que levaban o seu talento á diáspora, a reforzar veciños de categorías superiores. Pasará á historia pola recuperación de xoias como Víctor Alcaina, e tamén pola conversión en clube modélico de xestión, con Álvaro do Coral realizando un espectacular proceso de modernización. Pasará á historia, tamén, por terlle devolto a Arliña a denominación de feudo da ilusión, e ter levado aos muxiáns de a pé a peregrinar de novo á beira do mar para celebrar os tantos dos seus. O último que conseguira un ascenso co Muxía fora Manín, e só un ano despois do paso deste (e de quedar ás portas do éxito), ten continuación no traballo de Ordóñez. No estrictamente deportivo acontecido sobre o terreo de xogo, o destino tamén quixo que o invitado á festa fose o bólido que lle veu a rebufo case toda a carreira, un Ameixenda que por momentos incluso soñou con darlle caza. Viñan os ceenses de compretar o día anterior a súa cita aprazada contra o Cabana. Treméronlle lixeiramente as pernas de inicio aos locais, que aínda que sabedores do colchón non querían deixar pasar a oportunidade de festexar na casa. As mellores opcións de inicio foron visitantes, e aí engrandeceuse a figura dun heroe silencioso, e parte fundamental do vestiario: Santi Papi. O fillo dun dos protagonistas da historia recente do Muxía, que tanto che vale para rematar a gol que para salvar un, salvou ante Jesús e Demetrio. Non se achegaran demasiado os vermellos cando, no ecuador do primeiro acto e despois dun remate ao longueiro, o balón bátelle no muslo a Samuel e o trencilla Soto Eiroa sinala penalti. A seda da casa, Víctor Alcaina, converteu novamente, e elevou a súa porcentaxe de acerto a prácticamente a perfección. Habería unha opción máis por equipo na primeira metade, pero nin coa portería a disposición acertaron os de Pato. Unha obra de arte deu por finalizada a búsqueda, xa na segunda metade. A outra metade da Alcainamanía, Adrián, executou unha falta imposible para Farrapa. Con máis dunha hora de xogo, xa non se escapaba o ascenso. Iván Lagoa, tras xogada de Munitis, facía o terceiro, que acendía no graderío a sintonía do "olé", correspondente con cada pase acertado por parte local. O pitido final foi un pitido de liberación, un berro contido durante unha década, que deixou escapar moitos sentementos entre os protagonistas, especialistas ata hai pouco en decepcións, e que por fin quitaron un peso de enriba. Houbo fidelidade ao manual do bo ascenso: paseo en camión/tractor polo centro do pobo, baño de seareiros, xogadores, directivos e corpo técnico na praia, cea conxunta onde a comida era o de menos, e unha sorte de terceiro tempo de rugby que ben seguro terá a súa prolongación en vindeiras datas. E parafraseando a Berlanga, a Liga da Costa cántalle ao Muxía: "muxiáns, os recibimos con alegría". Pero neste caso sen o toque sarcástico.
Houbo baño de toda a familia do clube
Os seareiros foron parte importante da celebración
Nin directiva nin corpo técnico safaron
O resto da xornada
Volantes de Baño 1-1 Lira
Campo: Eleuterio Balayo
Volantes de Baño: Yanky, Mou (Javi m.77(, Maikel, Roi Txokeiro (Yeray m.68), Tiko, Santi, Pardelo, Jose (Xavi m.85), Cajulo (Andel m.85), Rapante e Kaote
Lira: Peipo, Manuel Cartamil, Eloy Karocho, Pelexo, Cristian, Manuel, Disciclín, Costa, Oli Bermejo, Suso Perico e Kike
Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Mou, Yanky e Pardelo do Volantes; Eloy Karocho, Oli Bermejo, Suso Perico e Pelexo do Lira
Goles: 0-1 m.12 Suso Perico, de penalti; 1-1 m.41 Kanote
Sporting Seaia 1-1 Castrelo
Campo: A Pedra Queimada
Sporting Seaia: Anxo, Roque, Canario, Javi, Jorge, Dimaga (Ramón m.72), Adrián, Darío, Josiño, Zala e Chols
Castrelo: Carreira, Gus, Pichón, Luis, Curra (Víctor Lema m.46), Costa, Chuchi, Vicente, Edgar (Darío m.62), Cris (Caamaño m.80) e Steven
Árbitro: Brun Pintor (A Coruña). Amonestou a Zala do Seaia; Luis, Dani, Pichón do Castrelo
Goles: 1-0 m.33 Chols; 1-1 m.70 Pichón
Nantón 0-3 Cabana
Campo: Fontiñas
Nantón: Jose, Fabián, Silva, Raúl, Diego Bello, Kevin (Carlos VIdal m.60), Eloy (Lareu m.70), Redondo, Enmanuel, Martin (Dani m.69) e Iván
Cabana: Vázquez, Djamel, Raúl, Ismael, Reigía, Álex (Pablo m.76), Manolo do Cruceiro, Miki Pose (Grille m.86), Cacha (Diego m.60), Fernando e Laik (Christian m.65)
Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Raúl do Nantón (m.60). Amonestou a Laik, do Cabana
Goles: 0-1 m.24 Álex, de penalti; 0-2 m.38 Reigía; 0-3 m.70 Christian
Outes B 3-1 Castrelo
Campo: O Cunchido
Outes B: Álex, César, Joe, Sergio, Samuel, Pablo, Silva (Saúl m.63), David Brea (Paulo m.62), Álvaro, Alberto (Kike m.62) e Adrián
Castrelo: Cristian, Rubén, Rodri, Carlos Valiña, Manuel, Tedín, Baña, Jose, Sergio, Adrián e Vieites
Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña).
Goles: 1-0 m.31 Alberto; 2-0 m.49 Álvaro; 3-0 m.67 Álvaro; 3-1 m.80 Baña
Unha apretada loita polo ascenso
Era o derbi entre o Volantes de Baño e o Lira, así como o tamén municipal Nantón Cabana, o dobre foco de atención principal na loita pola fase de ascenso. O pinchazo do Ameixenda e a búsqueda do factor cancha eran outros elementos de fondo. En Muros, o Lira só foi quen de presentar once futbolistas, un deles mancado. A pesares diso adiantouse cun gol de penalti de Suso Perico. Logo supo sufrir un acoso de hora e vinte dun cadro local que só pudo empatar e que non interpretou ben o seu rol monopolizando a posesión do balón. Mediana sorpresa foi o acontecido en Fontiñas, cun Cabana que parece terlle tomada a medida a un veciño ao que xa derrotou no precedente. Tamén neste caso un penalti rompeu coa igualdade; os de Mingui administraron ben unha vantaxe que cun tanto de oportunista aproveitaría Reigía. Cun home menos o Nantón desistiu na súa tentativa de remontar. O duelo entre equipos xoves Seaia-Castrelo acabou en táboas, cos malpicáns por diante no marcador moitos minutos e os vimianceses igualando nun córner. Marrou o tanto do triunfo Ramón. No Outes-Camelle a mala nova foi a lesión de clavícula do visitante Valiña, nunha caída rematando o encontro. Será operado en dous días. Tódolos clubes quixeron felicitar ao Muxía polo seu éxito.