Terceira Galega: O líder, detido polos 'Hombres de Pato'
16:21 16/01/17
Un Ameixenda espectacular e sufridor superou ao Muxía, líder intratable; nos outros derbis, o Cabana pudo co Nantón e o Lira superou ao Volantes
Nantón e Cabana levaron o derbi con deportividade - Foto: Cabana SD
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Lira 2-1 Volantes de Baño
Campo: Lombáns
Lira: Andrés, Adrián, Iván Cerilla, Pelexo, Manuel Cartamil, Eloy Karocho, Cristian, Miguel Anxo (Cheikh m,88), Oli Bermejo, Costa e Suso (Senra m.78)
Volantes de Baño: Javira, Tiko, Santi, Maikel Oerruti, Yeray, Púgil, Pardelo, Cajulo, Yanky, Mingos e Kanote
Árbitro: Lago Barros (A Coruña). Amonestou a Miguel Anxo do Lira; Yanky, Bernardo, Santi do Volantes
Goles: 1-0 m.5 Suso; 1-1 m.6 Yanky; 2-1 m.53 Yeray, en propia meta
Clamor para que Manuel Cartamil siga no Lira - Foto: A Páxina roxiña
Derbi con moitas frontes
Segundo triunfo seguido do Lira despois da destitución de Manín, e segundo esta tempada ante o veciño Volantes de Baño, que non acaba de conectar a xeira que lle permita soñar con cotas máis altas. Parecía polo inicio do partido que sería un festival en toda regra, pero o desenlace fala da influencia da fortuna. O golpe inicial de Suso nunha boa acción persoal foi respostado ao minuto polo muradán Yanky, que esta vez si formou no seu sitio, e non no banco de adestrador asistente ou deporteiro como sucedeu ata hai pouco. Houbo alternativas e sobre todo un ambiente xenial no graderío, con presenza de muradáns. A acción que desequilibrou definitivamente o partido de rivalidade chegou nun contragolpe con centro e Yeray facendo un Sergio Ramos e favorecendo, sen querer por suposto, a remontada do rival. Ata tres mans a mans marraría un Volantes que, ademais, estrelou unha chilena na cruceta. Houbo clamor desde a grada para que Manuel Cartamil continúe vinculado ao equipo, a pesares de non estar Manín.
Ameixenda 3-1 Muxía
Campo: San Paio de Refoxos
Ameixenda: Riolo, Pastekas, Diego, Bichiño, Susiño, Javichu, Rafa (Grille m.81), Jesús, Cristian, Bicho (Juan m.86) e Demetrio (Borja m.46)
Muxía: Jose Antonio, Chans (Tomás m.80), Denis, Munitis, Martinciño, Adrián Alcaina, Maikel, Castreje (Pesqui m.46), Julián, Víctor Alcaina (Conguito m.60) e Iván Lagoa
Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Riolo, Jesús, Demetrio, Bicho, e Bichiño do Ameixenda; Iván Chans, Munitis, Víctor Alcaina, Martinciño, Julián e Adrián Alcaina do Muxía
Goles: 1-0 m.6 Rafa; 2-0 m.57 Cristian; 2-1 m.68 Maikel; 3-1 m.80 Rafa
Son caralludos estes ceenses!
O Ameixenda volveu amosar as súas virtudes para recuperar nun ano a categoría da Liga da Costa, despois de derrotar a un Muxía que sufriu o seu segundo contratempo do curso, pero que igualmente volveu deixar sobre o terreo de xogo tódolos argumentos que lle fan dominar a competición case sen sobresaltos. Os ceenses asumiron que tocaría sufrir, e o fixeron con estoicismo. Unha ocasión madrugadora dos visitantes advertiu dos riscos de perder rixidez. E así quedou ben claro. Pero tamén tardaría ben pouco e atopar unha desas contras que tiña interiorizadas. Rafa finiquitou a gol tras unha boa transición e o desaxuste muxián. Foi ata o descanso prácticamente un monólogo en canto a posesión do líder, con algún achegamento perigoso como un libre directo, e tamén un penalti reclamado por carga de Bichiño sobre Víctor Alcaina. Medrou na resistencia ceense a figura de Jesús coma pulmón e constructor da saída. Nunha desas accións lanzadas, dez minutos despois de retornar de vestiarios, o Ameixenda facía o segundo, tras cesión de Rafa a Cristian. A réplica muxián foi unha especie de ataque de rabia e orgullo. Pouco tardaría Maikel en recurtar cun espectacular disparo, e só un minuto despois o equipo da Vila da Barca cruzou en exceso un lanzamento lateral que levaba marchamo de igualada. Aínda reclamaría outro penalti, esta vez sobre Pesqui, un Muxía volcado e que en tal ofensiva acabaría por perder as opcións. Jesús controlou na medular, asistiu para Cristian e este a un Rafa que finalizaría a acción da tarde.
Castrelo 0-3 Sporting Seaia
Campo: Municipal de Vimianzo
Castrelo: David Carreira, Gustavo (Martín m.57), Curra, Pichón, Luis Roget, Maikol, Cristian (Félix m.58), Dani Costa, Sergio Lema, Mateo (Edgar m.76) e Vicente
Sporting Seaia: Anxo, Roque, Zala, Parga, Jorge, Barreiro (Vilariño m.53), Dimaga, Chols, Josiño, Albertiño e Elvis (Vistas m.73)
Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Amonestou a Dani Costa e Luis Roget do Castrelo
Goles: 0-1 m.37 Jorge Parga; 0-2 m.58 Albertiño; 0-3 m.80 Albertiño
Exhibición do Seaia
Tres goles para unha cómoda vitoria do Sporting Seaia no Municipal de Vimianzo, fronte a un Castrelo que distou moito da súa mellor versión, aínda que aguantou unha hora con opcións no marcador. Os malpicáns dispuxeron de oportunidades para acadar unha goleada histórica, a pesares de que contaron cunha convocatoria algo mermada polas ausencias. Para o recordo quedará o tanto máis bonito da tarde, a cargo do mellor futbolista da tarde, Albertiño, que asinou un tanto digno de Santi Aragón desde o centro do campo. Pódese dicir que o Sporting Seaia atravesa un dos seus momentos máis doces do curso.
Cabana 3-1 Nantón
Houbo minuto de silencio polas recentes mortes do fútbol costeiro - Foto: Cabana SD
Campo: As Redondas
Cabana: Vázquez, Djamel, Laik (Raúl m.67), Ismael, Reigía, Manolo do Cruceiro, Fernando, Álex, Miki Pose (Cacha m.75), Cristian (Diego Varela m.82) e Eliseo (José Ángel m.64)
Nantón: Guille, Raúl, Lareu (Kevin m.64), Pablo, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Redondo, Tato (Enmanuel m.58), Martín e Touriñán
Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Expulsou a Grille do Cabana (m.74, no banco), e a Reigía (m.89), tamén do Cabana. Por parte do Nantón foi expulsado Martín (m.75). Amonestou a Isma, Manolo do Cruceiro do Cabana; Pablo, Guille, Tato, Fabio do Nantón
Goles: 1-0 m.31 Reigía; 2-0 m.60 Miki Pose; 2-1 m.66 Pablo; 3-1 m.86 Reigía
Un derbi en todo o sentido
Minimizou a realidade clasificatoria o derbi entre Cabana e Nantón, no que os locales durante moitos minutos desplegaron o seu encontro máis compreto do curso. Houbo intensidade, polémica, e un número excesivo de cartóns por parte dun colexiado que pareceu non entender a significación da cita. Foi mellor o conxunto de Mingui nunha primeira metade con choque e forza, aínda que con só un gol, o aqsinado por Dani Reigía cun forte disparo desde a frontal. Pareceron sorprendidos os visitantes pola forma coa que entrara no choque o seu veciño e non foron quen de crear demasiadas opcións de perigo. Medraría notablemente o conxunto de Fontiñas á volta de vestiarios, aínda que atoparía un mazazo en forma de gran tanto de Miki Pose, a bote pronto desde fóra do área. O remate lonxano de Pablo co que o Nantón acurtaría distancias deixou os mellores minutos para os brancos, que incluso acabarían por estrelarse contra o longueiro. Tamén Guille estuvo sobresaínte en resposta a lanzamentos de Fernando e Eliseo, aínda que non pudo facer nada para evitar a sentencia co tanto de Reigía, nunha contra cando máis volcado estaba o Nantón.
Camelle 4-0 Outes B
Campo: O Rodeiro
Camelle: Carlos, Rodri, Rubén, Carlos Valiña, Tajes, Manuel, Lema (Álvaro m.79), Jose (Álex m.83), Mario, Pasantes (Sergio m.75) e Vieites (Tedín m.60)
Outes B: Álex, César, Sergio, Samu, Pablo, Sergi (Bouzas m.57), Paulo, Álvarto, Edu, Jose (Brais m.75) e Adrián
Árbitro: García Novo (A Coruña).
Goles: 1-0 m.46 Mario; 2-0 m.48 Jose; 3-0 m.77 Tajes; 4-0 m.83 Álvaro
Goleada de reencontro
Había tempo que marchaba tan ledo dun terreo de xogo un Camelle que superou en pegada e intensidade ao filial do Outes. Os brancos aproveitaron tamén a atípicamente baixa convocatoria visitante, debido á importancia do compromiso dos xuvenís. O pouco que había en xogo non impediu que, non obstante, os camelláns puderan adicarlle un triunfo á recentemente desaparecida colaboradora Sheila, por quen xa se gardou un minuto de silencio.