xoves. 01.05.2025
El tiempo

3ª Galega: O servizo segredo está en Cee

3ª Galega: O servizo segredo está en Cee
Novo éxito do Ameixenda, esta vez no campo do Nantón, un dos máis difíciles da categoría; os de Pato tiveron paciencia e xa son unha alternativa máis ao ata agora intratable Muxía O Muxía suma os seus partidos por triunfos O Muxía suma os seus partidos por triunfos O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Muxía 3-1 Volantes Campo: Arliña Muxía: Jose Antonio, Chans, Munitis, Breo, Denis, Pereira, Adrián Alcaina, Conguito (Pesqui m.65) (Castreje m.80), Julián (Ruso m.72), Víctor Alcaina (Tomás m.88) e Iván Lagoa (Martinciño m.86) Volantes de Baño: Caamaño, Álex, Mou, Javi, Cajulo, Andel (Yanky m.56), Pardelo (Santi m.90), Edu (Samuel m.56), Bernardo (Yeray m.71), Maikel Perrito e Javi Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Amonestou a Chans e Breo do Muxía; Javi, Andel, Yabky, Cajulo e Samuel do Volantes Goles: 1-0 m.20 Víctor Alcaina, de penalti; 2-0 m.28 Julián; 2-1 m.66 Cajulo; 3-1 m.90 Caamaño A bestia segue a comer Arliña converteuse novamente no punto de encontro dun pobo cada vez más ilusionado con Muxía que conta os seus partidos por vitorias e que desta vez tivo a un bo Volantes coma víctima. Os pilares foron unha vez máis os de sempre: unha saída notable e uns minutos iniciais case decisivos. Unha combinación entre Chans e Víctor Alcaina serviu para que o crack provocase un penalti e convertise a execución. Sería de novo Chans protagonista desde a banda no segundo dos tantos, esta vez con asistencia a Julián que resolvía á escadra. De ter metido o terceiro Víctor Alcaina nun man a man antes do intermedio, seguramente o partido houbera derivado hacia un derrotero extremo, pero non foi así e Cajulo, xa no segundo acto, reabría unha cita que parecía acabada. E o fixo coa clase que sempre amosou. De feito, non sería ata o último suspiro, e nunha contra, cando o líder, que tivo que sudar finalmente, decidise e curtase calquera aspiración a sorpresa por parte dun notable cadro muradán. Sporting Seaia 2-0 Lira Campo: A Pedra Queimada Sporting Seaia: Anxo, Jorge Parga, Diego Varela, Elvis, Diego, Albertiño, Carlos, Adrián Parga, Jose (Sergio Cancela m.46), Miguel (Álex m.68) e Dani Vilariño Lira: Peipo, Eloy, David (Alexis m.72), Adrián, Iván Cerilla, Suso Perico (Santi m.62), Cheikh, Amador, Cibrán, Guardiola e Oli Bermejo Árbitro: Sabio Sánchez (A Coruña). Amonestou a Jorge Parga, Carlos e Diego Varela do Seaia; Eloy, Cheikh, Iván Cerilla, Santi e Pelexo do Lira Goles: 1-0 m.61 Sergio Cancela; 2-0 m.80 Sergio Cancela Sorpresa en Malpica Dous goles de Sergio Cancela, ambos tras saír desde o banco, déronlle o triunfo ao Sporting Seaia sobre un Lira descoñecido e con algunhas baixas importantes. A figura de Cancela ten sido decisiva nos dous últimos partidos nos que puntuaron os malpicáns. Nantón 1-2 Ameixenda Campo: Fontiñas Nantón: Guille, Lareu (Tato m.74), David (Raúl m.74), Diego, Carlos VIdal (Eloy m.60), Kevin (Budi m.80), Redondo, Enmanuel, Martín e Silva (Iván m.55) Ameixenda: Farrapa, Jorge, Diego, Bichiño, Adan (Samuel m.85), Javichu, Rafa (Demetrio m.62), Jesús, Cristian, Grille (David m.66) e Borja Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Amonestou a Enmanuel e Martín do Nantón; Borja e Cristian do Ameixenda Goles: 0-1 m.68 Cristian; 0-2 m.74 Cristian; 1-2 m.84 Raúl Vai moi en serio Triunfo de mérito e nun campo onde se acadan ascensos para o Ameixenda, que supo defender, sufrir e administrar a vantaxe. Pasou sen demasiada pena nin gloria unha primeira metade onde os locais quixeron máis a pelota e tiveron tres achegamentos, aínda que na maioría das veces resoltos con lanzamentos lonxanos. Incrementouse o ritmo tralo intermedio, con disputa en canto a posesión e tamén maior presencia nas áreas. Sería o protagonista de onte, Cristian, o encargado de abrir o marcador e de prácticamente sentenciart o partido seis minutos despois. Foi nese espazo de tempo cando pareron desaparecer os cabaneses, que concederon moito máis e prácticamente peerderon toda opción. Incluso a piques estivo de chegar o terceiro do propio Cristian. O tanto de Raúl levaría o encontro a unha nova dimensión, porque entón si os locais pecharon ao seu rival, ao cal non deixaron saír do área, e incluso estrelaron un balón na escadra que tería sido o empate. Camelle 2-2 Castrelo Campo: O Rodeiro Camelle: Jose, Rodri (Tedín m.55), Rubén, Carlos Valiña, David, Álvaro, Santi, Jose Manuel, Cristian, Mario e Canosa (Javi m.74) Castrelo: David, Darío, Curra, Sergio (Víctor Lema m.73), Roget, Martín (Mateo m.68), Esteban (Félix m.63), Dani Costa (Edgar m.69), Vicente, Iago e Maikol Árbitro: Boedo Varela (A Coruña). Amonestou a Cristian do Camelle; Darío, Mateo e Maikol do Castrelo Goles: 1-0 m.51 Mario, de penalti; 1-1 m.61 Dani Costa; 1-2 m.81 Iago; 2-2 m.84 Carlos Valiña Seguen os problemas Non pudo presentar adestrador e só tivo trece xogadores na convocatoria un Camelle que, pese a tódolos problemas, continúa a flote. Se a semana pasada vendeu moi cara a pel en Cee, esta vez arañou un empate final ante un Castrelo que por momentos tiña sido mellor. Houbo oportunidades para que o encontro rexistrase aínda moitos máis goles. Outes B 0-0 Cabana Campo: O Cunchido Outes B: Álex, Jura, Adri (César m.55), Sergi, Samuel, Pablo, Maceiras, Edu (Saúl m.60), Kike (Paulo m.55), Álvaro e Liste Cabana: Adrián, Djamel, Isma, Grille, Jose Antonio, Jose Manuel, Diego Varela (Reigía m.53), Álex, Christian, Miki Pose e Nando (Eliseo m.60) Árbitro: Brun Pintor (A Coruña). Expediente X do Cabana Catro dos cinco partidos do Cabana tense resolto con igualada, esta vez sen goles a pesares das boas oportunidades para os dous equipos. Non pudo celebrar Añón, sempiterno gardamallas e membro do corpo técnico, un triunfo que tería mudado notablemente a clasificación dos bergantiñáns. Só cinco tantos a favor nos sete partidos, a pesares de ter futbolistas como Eliseo, invitan a pensar no optimismo de cara ao futuro.

Comentarios