Luns. 16.09.2024
El tiempo

Tercera Galega: This is Arliña

Tercera Galega: This is Arliña
O Muxía segue adiante ca súa imparabe marcha. O último en sufrir as consecuencias foi Manín, destituído este domingo despois de caer no "seu" campo. Arliña, un campo protagonista-Foto-Deny Arliña, un campo protagonista-Foto-Deny O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Muxía 3-0 Lira Campo: Arliña Muxía: Santi Papi, Munitis, Breo (Víctor Alcaina m.46), Denis, Martinciño, Adrián Alcaina, Maikel, Chans, Iván Lagoa (Ruso m.85), Conguito (Julián m.55) e Dani Picallo (Castreje m.75) Lira: Peipo, Pelexo, Iván Cerilla, Adrián, Manuel Cartamil, Miguel Anxo, Cheikh, Suso Perico (Yago m.78), Oli Bermejo (Cibrán m.80), Suso e Eloy Karocho Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Iván Lagoa e Maikel do Muxía; Iván Cerilla, Suso Perico e Adrián do Lira Goles: 1-0 m.18 Dani Picallo; 2-0 m.75 Iván Lagoa; 3-0 m.86 Víctor Alcaina, de penalti Choque do Muxía en Arliña ante o Lira Choque do Muxía en Arliña ante o Lira Un requetelíder Non quixo deixar lugar a dúbidas sobre quen é o equipo do ano un Muxía que de paso exerceu de verdugo do seu anterior adestrador, Manín, quen foi destituido horas despois da derrota en Arliña. Todo no peculiar feudo da Vila da Barca era con ambiente de partido distinto. Case dous centenares de seareiros, tarde primaveral e moito animación nun graderío que meses despois pudo disfrutar de novo dun dos seus recentes prodixios, Dani Picallo. O que fóra potencial fichaxe do Villarreal ou Deportivo tardou dezasete minutos en ensinar virtudes. Controlou un balón de costas, xirouse e sacou un tiro imposible para Peipo que significou o primeiro tanto da tarde. Tentou responder o Lira, pero non chegaría con perigo ata a última acción de primeira metade, na que Papi luciríase. Sería tamén frustrada a tentativa visitante nunha reanudación na que o líder defendeu de dez e apenas deixou espazos. Dani Picallo a piques estivo de facer o segundo, que si chegaría grazas a un man a man de Iván Lagoa tras asistencia de Julián. Víctor Alcaina, de penalti cometido sobre Adrián, asinaría o terceiro. O Muxía adicoulle o triunfo ao seu presidente, Álvaro do Coral, que recentemente traixou outro 'arrecife' ao mar de Muxía, cun descendiente. Outes B 1-1 Volantes de Baño Campo: O Cunchido Outes B: Álex, César, Sergio, Samuel, Pablo, Alberto, Paulo, Álvar, Kike, Sergi e Nieto (Liiste m.46) Volantes de Baño: Javira, Tiko (Yanky m.46), Santi (Bernardo m.70), Maikel Perrito, Yeray, Uru, Pardelo, Kanote, Javi, Mingos e Rapante Árbitro: Sabio Sánchez (A Coruña). Amonestou a Álex, Alberto, Pablo, César e Sergi do Outes B; Bernardo do Volantes Goles: 1-0 m.29 Sergi; 1-1 m.77 Yanky Algo de surrealismo Un Outes B que acabou con nove xogadores por non ter efectivos no banco logrou sacar unha igualada fronte a un Volantes algo descoñecido e que ofreceu o mellor e o peor do seu repertorio. Un primeiro acto igualado, no que desequilibrou un lanzamento lonxano con resposta algo deficiente de Javira, deixou paso a unha reanudación na que os muradáns foron superiores e buscaron moito o gol, pero non o atoparían ata un pase de Maikel Perrito para o recén ingresado Yanky, que mandou ao fondo da rede. Houbo acoso e derrito do Baño contra dez e contra nove, pero non puntería. Sporting Seaia 4-1 Ameixenda Campo: A Pedra Queimada Sporting Seaia: Che, Canario, Vistas, Zala, Jorge Parga, Dimaga, Adrián, Chols, Eme, Christian (Carracedo m.75) e Pedro Ameixenda: Riolo, Grille, Diego, Bichiño, Camacho, Javichu, Rafa, Suso (Samu m.60), Juan (Borja m.60), Jesús e Demetrio Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña).Amonestou a Trillo e Rafa do Ameixenda Goles: 1-0 m.40 Chols; 2-0 m.53 Chols; 3-0 m.87 Pedro; 3-1 m.89 Borja; 4-1 m.90 Pedro Case en familia venceu o Seaia Pouco público na grada e, sobre todo, en dúas convocatorias que pareceron condicionadas polo parón de Nadal para Sporting Seaia e Ameixenda. Os malpicáns ofertaron unha nova tarde de sorpresas, nunha tempada de momento notable. Tentou dominar o cadro ceense na primeira media hora, ante un rival moi ben organizado. Rafa e Juan tiveron nas súas botas modificar o ritmo do partido, pero non acertaron. Si o fixo Chols, ao fío do intermedio, ao aproveitar un balón morto tras catro saques de curruncho consecutivos. De novo Chols, e de novo tras un saque de curruncho, asinaría o segundo ao comezo da reanudaciñon. De aí ao final resultou unha tentativa unfructuosa dun Ameixenda sen algúns homes importantes. Nunha contra sentenciaría o Seaia, que aínda tería outro bigoleador na figura de Pedro. O Ameixenda quixo destacar públicamente a Juan, de case 40 anos, e que tras conducir seis horas directamente desde Cantabria foi un máis no terreo de xogo. Nantón 3-0 Castrelo Campo: Fontiñas Nantón: Guille, Eloy, Lareu, Pablo, Diego Bello, Touriñán (Carlos Vidal m.78), Fabio (Dani m.87), Redondo, Tato (Enmanuel m.69), Martín e Kevin Castrelo: David, Víctor Lema (Martín m.80), Gustavo, Sergio, Maikol, Dani Costa (Tajes m.68), Lema, Edgar (Luis Roget m.53), Vicente, Esteban e Félix (Cristian m.53) Árbitro: Brun Pintor (A Coruña). Amonestou a David e Maikol do Castrelo Goles: 1-0 m.33 Fabio, de penalti; 2-0 m.70 Touriñán; 3-0 m.84 Enmanuel O case derbi quedou na casa Foi superior o Nantón ao Castrelo no encontro de proximidade xeográfica desputado en Fontiñas. Os cabaneses manteñen as aspiracións de loitar polo regreso á Liga da Costa, tras un encontro no que dominaron o balón e racharon cun penalti convertido por Fabio á media hora. Foi un ritmo case constante de aí a unha recta final na que os visitantes buscaron estirar líneas e deixaron máis espazos a un conxunto veterán e que non perdoaría por mediación de Touriñán e Enmanuel Camelle 0-1 Cabana Campo: O Rodeiro Camelle: Carlos, Tarjes, Rubén, Carlos Valiña, Sergio, Santi, Tedín, Jose Manuel (Sergio Romero m.38) (Cristian m.57), Mario, Adrián (Álvaro m.65) e Vieites (David m.72) Cabana: Víctor, Isma, Cabana (Laik m.46), Grille (Raúl m.70), Manolo, Álex, Miki Pose, Fernando, Cristian, Cacha, Pablo (Reigía m.60) Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Gol: 0-1 m.90 Reigía O fútbol quedou nun segundo plano Impacto na familia do Camelle trala morte de Sheila, empresaria camariñán de 31 anos e colaboradora desinteresada do clube. Foi sepulcral e impactante o minuto de silencio no campo do Rodeiro. A mágoa foi que o seu equipo non pudo adicarlle unha vitoria que por momentos estivo moi preto. Nunha primeira metade na que o Cabana desfrutou da mellor opción en botas de Cacha reinou a igualdade e a intensidade. Habería dúas chegadas claras por bando na reanudación, incluíndo un balón ao pau de Reigía que serviría de antesala do seu propio gol, nunha boa acción de oportunismo.

Comentarios