Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Todos gañan no Intercomarcal de tenis de mesa

Todos gañan no Intercomarcal de tenis de mesa
O sabado 28 de abril celebrouse o campionato intercomarcal escolar de tenis de mesa no pavillón municipal de Zas. Unha cita que albergou a centos de rapaces de Cee, A Baña, Zas, Mazaricos, Vimianzo,  Santa Comba, Noia, Rois... Todos os clubes ou escolas acadaron algún primeiro posto agás os de A Baña, a pesar de ser un dos máis representativos. Resaltar que os de Cee xa conseguiron un primeiro posto en benxamín no primeiro ano de participación. O AD Zas non fallou en alevín nin en cadete femenino. Vimianzo fixo valer a súa supremacía en infantil e os de Noia levaronse o titúlo de cadetes axudados pola ausencia de otros xogadores.  Os primeiros e segundos están clasificados para disputar o provincial que terá lugar no mesmo pavillon municipal de Zas o vindeiro 12 de maio. >

Liga Ksas TM

O domingo varios xogadores participaron na xornada da liga Ksas TM na que o AD Zas loita polo primeiro posto e Vimianzo TM polo terceiro. Nesta liga todo se decidirá na última xornada do 20 de maio.

Vindeiras probas

 Por primeira vez dende outubro este sábado 5 de maio non haberá tenis de mesa, pero sí o domingo 6 de maio  pois as xogadoras xuvenis e infantiles de AD Zas e SD A Baña participarán nun torneo que a nivel galego organiza a SD Hípica de A Coruña. Nel estarán as mellores xogadores femeninas de toda a comunidade. Alí Ana García, Miriam Domínguez e María Castro demostrarán que os últimos exitos acadados non foron casualidade. E as de SD A Baña Noelia Carnotaa e Alba Pérez, terán a oportunidade de medirse contra boas xogadoras e valorar o seu progreso. Tamén acudirá Laura García subcampioa galega benxamín.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios