sábado. 14.12.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Triple empate na cabeza

3ª Autonómica: Triple empate na cabeza
Máis igualalde non se pode na 3ª da Costa. 3 equipos con 42 puntos, tralño empate do Mazaricos e as vitorias de Nantón e Cerqueda. Pero é que con 40 sitáuse de novo o Corcubión, que tras vencer os seus dous encontros da fin de semana volve meterse de cheo na loita polo ascenso. Ademais, Cabana e Coristanco non permitirán ningún despiste e vixían a unha distancia curta.

Cerqueda - Alcaián (2-0)

  • CERQUEDA: Fredi, Rober, Dani Añón (Athu, min.46), Alberto, Dani, Javi, Santi (You, min.83), Lorenzo, Carlos, Alex e Dieguito (Uru, min.75)
  • ALCAIÁN: Herrera, Luisito (Iván Castro, min.60), Víctor, Rubén, Diego (Doriño, min.56), Iván Souto, Pio, París (Pablo Framil, min.50), Portillo, Daviciño (Javito, min.75) e Pistolas.
  • Goles: 1-0, min.20: Lorenzo; 2-0, min.89: Carlos.
  • Expulsión: O adestrador visitante Víctor Pazos (min.35) por protestar.
Comezaron moi ben os locais que aos cinco minutos xa podería ir gañando 2-0, pero non estiveron acertados. Aos 20 minutos Lorenzo marcaba de cabeza a saída dun córner e a partir de aí os locais foron baixando en intensidade co paso dos minutos e o encontro igualouse. Tralo descanso o encontro perdeu toda a vistosidade e viuse un xogo de moito barullo no medio campo. Nos últimos minutos o partido puido dar varios xiros. Primeiro os visitantes desaproveitaron unha contra na que ían tres xogadores contra o porteiro Fredi, pero Pablo Framil non estivo acertado no remate. No minuto 85 o colexiado comeuse un claro penalti, segundo os de Cerqueda que lle puido dar a tranquilidade, esta non chegaría ata o último minuto no que Carlos definía ben ante Herrera e dáballe 3 puntos aos de Cerqueda que lle permite seguir en postos de ascenso.

Cabana - Xaviña (5-2)

  • CABANA: Dani, Rubén (Diego, min.60), Marcos, David, Alfredo, Xandro, Josiño, Miki (Adrián, min.55), Jacobo (David Toja, min.50), Suso Docampo e Adán (Rubén Rama)
  • XAVIÑA: Juan, Chiri, Javi, Juan Antonio, Jallejo, Chapu (Adrián, min.60), Carlos, Carlitos, Elvis, Maik (Búa, min.55) e Brion.
  • Goles: 1-0, min.10: Adán; 2-0, min.35: Adán; 3-0, min.55: Rubén Rama; 3-1, min.65: Brion; 4-1, min.68: David Toja; 4-2, min.70: Brion; 5-2, min.85: Juan Antonio en propia porta.
Fácil a vitoria do Cabana ante un rival que volveu conceder moitas facilidades atrás e que condenou as súas esperanzas de poder sacar algo positivo das Redondas. Adán foi un martirio para a defensa visitante durante a primeira media hora, marcou dous goles e creou algunha ocasión máis. Tralo descanso, Chema Eiris doulle entrada aos dous recén fichados, Rubén Rama, ex xogador do Ponteceso, entre outros e de David Toja, ex-xogador do Porteño entre outros. Non puido ser mellor o debut para os dous, ao pouco de entrar estreábase Rubén Rama e pouco despois faríao David Toja. No último gol tamén participaría Rubén Rama, pois unha falta sacada por el foi rematada en propia porta por Juan Antonio.

Independiente de Carballo - Coristanco (1-2)

  • INDEPENDIENTE: Upi (Noé, min.75), Dani, Panuchi, David (Suso, min.50), Ivi, Míchel, Rubén, Toni (Efrem, min.85), Bryan, Cholo e Iván Lorenzo.
  • CORISTANCO: Rubén, Suso (Arantón, min.15), Oscar, Germán, Marcos, Toni (Iván, min.70), Dani, Carlos, Benitez, Mallón e Gustavo.
  • Goles: 0-1, min.8: Gustavo; 1-1, min.20: Cholo; 1-2, min.55: Benítez.
Faltoulle veterania e orde aos carballeses ante un rival moi ordenado e serio que xogou coa ansiedade pola vitoria dos locais. Saíron moi tensionados os xogadores de Roberto Lozano ante os seu veciños e fixeron máis a guerra cada un polo seu lado que o xogo en equipo que os viña caracterizando ao longo da liga. Gustavo adiantaba cedo aos visitantes que comezaron xogando mellor. Os locais por medio de Cholo empataban e collía o mando do choque ata o descanso, entre tanto Ivi mandaba un balón ao pau tras un lanzamento de falta. Os locais contaba coas baixas de tres homes que veñen sendo titulares Moreno, Manu e Landeira, mentres que polo bando visitante o seu estilarte e dianteiro gol, Toniño. Fora, ou non, polas baixas, o encontro perdeu vistosidade na segunda metade, na que Benitez marcaba o segundo gol para os coristanqueses e pouco máis houbo que destacar do choque, os locais tentaron o empate, pero cada un facendo a guerra polo seu lado e os visitantes ben ordenados en defensa non pasaron apuros para defender a vitoria.

Lira - Laxe (4-3)

  • LIRA: Romaní, Paco, Toni, Boni, Suso Perico, Pepiño, Víctor, Javi, Germán, Ancho (Santi, min.75) e Rico (Juan, min.70)
  • LAXE: Jacobo (Diego, min.75), Jaja, Oscar, Antonio (Carlos, min.65), Jacinto, Dani Gándara, Felipiño, Mandi, Antonio Castro (Hasan, min.60), Adán, Rubén.
  • Goles: 0-1, min.20: Adán; 1-1, min.40: Ancho; 2-1, min.50: Víctor; 3-1, min.60: Suso Perico; 4-1, min.65: Ancho; 4-2, min.75: Adán; 4-3, min.85: Felipiño.
  • Expulsión: O local Suso Perico (min.62) por dobre cartón amarelo.
Partido adiantado a xornada do sábado no que os locais dominaron a primeira metade, pero nos primeiros quince minutes do descanso puxeron unha renta importante que logo lle custou defender. Trala expulsión os visitantes fóronse cara arriba e os de Lira acabaron pedindo a hora.

Muros B - Corcoesto (4-2)

  • MUROS B: Samuel, Jose María (Javi, min.46), Geray, Brea, Paquy, Mingos, Ramón, Pesco (Piru, min.60), Seluco, Pardelo (Yago Xuvenil, min.65) e Ivi.
  • CORCOESTO: Siro, Miguel, Germán, Edelmiro, Rodri, Roi, Pablo, Lista (Miguel, min.65), Martín, Luís e Pichón (Javi, min.50).
  • Goles: 1-0, min.5: Seluco de córner directo coa colaboración do defensa visitante Martín; 2-0, min.14: Pesco; 2-1, min.35: Edelmiro; 3-1, min.70: Germán en propia porta; 3-2, min.80: Rodri; 4-2, min.81: Seluco.
Partido moi disputado na primeira metade e con moita igualdade. Os visitantes non estiveron acertados en defensa e facilitaron os goles dos muradáns. Tralo descanso, os locais non acusaron moito o cansazo do partido do sábado e aproveitáronse do baixóns dos visitantes para sumar tres novos puntos.

Outes - Mazaricos (1-1)

  • OUTES: Moncho, Saúl, Primo, Chúa, Arturo, Lass, Martín, Fabio (Damián, min.70), Deivi, Pesco (Marico, min.70) e Quin.
  • MAZARICOS: Gómez, Chico, Tuco, Oscar, Marcos, Matías (Rodri, min.77), Ramón (José Angel, min.55), Esteban Pereiro, Kevin, Brais e Estefano (Aldo, min.65)
  • Goles: 0-1, min.59: Kevin; 1-1, min.85: Quin
  • Expulsión: O xogador visitante Brais (min.87) por dobre cartón amarelo.
Partido de moita rivalidade que acabou moi quente polas decisións arbitrais. O partido foi de moita igualdade e sen moitas ocasións de gol. Os locais protestáronlle ao colexiado o gol dos de Mazaricos por entender que había fóra de xogo nunha acción previa ao gol. Polo contra os visitantes protestaron e moito o gol dos de Outes por entender que o colexiado sinalara fóra de xogo e acto seguido concedeu o gol.

Atl. Pereiriña - Corcubión (0-1)

  • ATL. PEREIRIÑA: Andrés, Alvaro, Riki, Javi, Mario, Alex, Mario (Touré, min.90), Néstor, Portillo, Javi Marroco e Víctor.
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Carliños, Chisco, Manuel Cartamil, Balucho, Jose (Diego Lojo, min.65), Estrella (Tarrela, min.88), Sergio Manín, Alán (Tarrela, min.76), Mario (Borja Munitis, min.60) e Lourido (Johni, min.70)
  • Gol: 0-1, min.35: Mario.
Bo partido, de poder a poder, e notábase o ambiente de derbi. Os da Pereiriña case lle volven amargar aos corcubioneses. Aos 10 minutos o recén fichado, Mario, procedente do Vimianzo, desaproveitaba unha pena máxima, Abelleira detivoa nunha gran intervención. A segunda metade foi de moito presión local e os visitantes ben situados atrás defenderon os tres puntos. Tamén debutou no bando local Javi Marroco, procedente tamén do Vimianzo.

Muxía - Nantón (1-2)

  • MUXÍA: Angel Luís, David, Martinciño (Alvaro, min.75), Currás, Angel (Chori, min.57), José Antonio, Chans, Dimas, Oscar Canario (Pesqui, min.46), Fran Pioto e Papi (Carliños, min.87)
  • NANTÓN: Martín, Lareo (Félix, min.46), Cristian, Diego, Sito, Carlos Vidal (Pedro, min.62), Amado, Martín, Manuel (Javi Brenlla, min.46), Manolo e Luís (Rubén, min.61)
  • Goles: 0-1, min.51: Luís; 0-2, min.54: Luís; 1-2, min.66: David.
Corta o Nantón esa mala racha que o tiña case unha volta sen gañar fóra de casa e ademáis devólveo ao liderado da categoría por diferenza de goles. Todo isto nun partido moi disputado onde o vento marcou o desenvolvemento do encontro. Saíron os visitantes mellor, roseando a bola ata que o Muxía adiantou liñas e xunto co vento a favor conseguiu igualar o dominio do encontro. A destacar neste período un tiro de Pioto que despexou ben o meta visitante Martín e tamén unha falta botada por Manu que cabeceou Carlos Vidal no segundo pau enviando o balón a rendas do pau. Na segunda parte, e co vento a favor, o Nantón saíu moita máis enchufado e non tardou moito en poñerse por diante no marcador e incluso co segundo gol parecía que sentenciaba o partido. Pero nada máis da realidade, o Muxía puxo xogadores arriba e a base de empuxe foise impoñendo sobre o terreo de xogo buscando un gol do empate que o final non chegaría.

Muros B - Corcubión (2-5) (Aprazado na x.17)

  • MUROS B: Ángel (Samuel, min.76), Chema, Pardelo, Brea Wellington (Brea, min.46), Yearay, Ramón, Mingos, Pirujo (Casco, min.80), Pesco (Bernardo, min.70), Seluco e Ivi.
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Carliños, Chisco, Sergio Manín, Balucho (Tarrela, min.70), Jose, Estrella, Edu (Borja Munitis, min.46), Alán (Diego Lojo, min.60), Mario e Lourido (Johni, min.75).
  • Goles: 0-1, min.40: Mario; 0-2, 1-1, min.42: Seluco; 1-2, min.52: Alán; 1-3, min.57: Mario; 1-4, min.65: Lourido; 1-5, min.70: Mario; 2-3, min.80: Seluco, de falta.
  • Expulsión: O local Ramón por protestar.
Volve meterse o Corcubión na dura pugna polas 3 prazas de ascenso tralas dúas vitorias da fin de semana. O sábado, nun encontro aprazado da xornada 17, os corcubioneses non deron tregua aos locais, que quixeron romper o encontro na primeira metade con moitos paróns. Os corcubioneses non conseguían romper o partido ata que Mario fixo o 0-1 ao fío do descanso, e sobre todo, trala bronca de Manín no descanso, que espertou aos corcubioneses e se dedicaron a xogar na segunda metade. Moito fútbol despregaron os branquiazuis para rematar cun claro 2-5. Destacar o debut de Borja Munitis cos de Manín, aumentando o número de fisterráns nas filas corcubionesas, e o hat trick de Mario, que xa está en forma e pode ser un puntal fundamental na loita polo ascenso.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Luís Alberto Sambad e Martín Suárez.
  • Fotos do Cerqueda -Aicalián da UD Cerqueda.
  • Fotos do Independiente-Coristaco de Kiko Rojo.
  • Fotos do Muxía - Nantón de Luis Alberto Samabd.

Comentarios