Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un boxing day de domingo

Un boxing day de domingo
Franchu, un dos valores do Sofán-Foto-SD Franchu un dos valores do Sofan

É a Liga da Costa a nena dos ollos dos seareiros ao fútbol nunha fin de semana de ponte e, de seguro, de emocións fortes. Outro conto será unha Preferente de momento só apta para estoicos e unha Primeira imperial desde o castelo de Vimianzo.

Preferente: Mendigando un éxito

Dèja-vú é a palabra para definir a esperanza e expectativa semanal de Xallas e Dumbría, dous equipos achegados no pozo da táboa, pero que transmiten sensacións lixeiramente distintas. Os combeses, que visitan a un Villestro recén chegado e cunha formación ben coñecida por moitos dos futbolistas da zona, están a tirar ao pau nas súas tentativas de reacción. Máis traballo ten José López Canosa e o seu retocado grupo, que non está a amosar a fiabilidade de antaño e que ten na Milagrosa a un rival inexperto, pero moi resultón no seu retorno a Preferente.

Primeira: Sinfonía irmandiña

Apunta a dinastía o dominio do Soneira nunha Primeira na que debería, sobre o papel, compretar un seis de seis co gallo da visita de Agolada, perigoso no seu feudo e máis deficiente alén da fronteira da provincia de Pontevedra. A borracheira de goles dos de Vimianzo pode ser o peor rival endóxeno. Fundamental é tamén que o Corme meta unha marcha máis, despois de arrancarse por victorias, ante a visita dun Tordoia que debería sufrir no Cairo. E debería mirarse un aspecto psicolóxico en Sofán, desde o momento que o cadro carballés podería asumir o rol de enterrador de rivais que o Soneira unha semana atrás deixa grogui. Esta vez ao Carral chega un Palmeira que ven de recibir un 2-6 contudente cos vimianceses. Vamos, co se o Real Madrid chegara a Riazor despois da apisonadora de Guardiola e compañía no Bernabéu. Entre Malpica, Outes e Baio o que máis debería sufrir é o equipo de Chema, nun feudo de Asados especialmente amplo, e afeito con táboas e experiencia á categoría.

Liga da Costa: Menú degustación

Con nome pagano e cristiano érguense dous altares da loita polo título esta semana. Ara Solis e San Pedro amosan un cartel superior a calquera verbena do pasado verán, cos enfrontamentos entre Fisterra e San Lorenzo e Castriz e Baíñas. Na localidade costeira os verdes asumen o seu segundo compromiso seguido cun rival directo, despois da decepción en Vimianzo. Hai tradición de competición entre moitos dos xoves dun e outro conxunto, e a pizarra de Nacho e Pedro desde o banco asegura un desafío de distancias curtas. Pola súa banda, talento e experiencia son o denominador común entre os achegados Castriz e Baíñas, co handicap de fondo de armario no caso dos visitantes. Atentos estaremos tamén ao Porteño, trala destitución de Papi.

Terceira Autonómica: Historia bipolar en Portocubelo

Un Corcubión con cheiro a ascenso apunta a éxito na súa visita a Lira, onde un histórico que loita por sobrevivir debe mellorar a imaxe da última semana. O 8-0 recibido polos do Concello de Carnota fala dunha tarde compricada e dun horizonte a reconsiderar. Tamén en chave histórica debe concebirse o Nantón-Camelle, dous dos poucos pastos naturais que quedan no noso fútbol.

Fútbol base: Invitación ao optimismo

A Liga Galega Xuvenil e a División de Honra Cadete deben ser de novo a fiestra á ledicia para os dumbrieses, líderes na primeira e con expectativa de supervivencia na segunda. No caso dos cadetes os colistas vigueses do Santa Mariña deben ser unha bomba de aire para un equipo que mellora co paso das xornadas. Pola súa banda, os 'Lobelos boys' apuntan a dominadores unha semana máis na súa fronte.


Preferente Norte, xornada 7


Primeira Autonómica, xornada 6

Segunda Autonómica, xornada 6

Terceira Autonómica, xornada 4


Xuvenil - Liga Galega, xornada 5

Conxo 10/10 - 18:15Dumbría

Cadete - División de Honra , xornada 4

Santa Mariña 11/10 - 11:00Dumbría

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 6


Xuvenil - Grupo Norte, xornada 6


Primeira Cadete, xornada 5

Primeira Infantil, xornada 5


F8-Alevín Costa Sur, xornada 2

F8-Benxamín Costa Sur, xornada 2


Veteranos, 1ª División, xornada 4

Veteranos, 2ª División, xornada 4


Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

Comentarios