Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Un clásico a piques de ser básico

Un clásico a piques de ser básico
Só un empate separa ao Baio do título de campión da Liga da Costa, despois de remontar en Corcubión e de que o Corme prorrogase o seu letargo ante unha 'pladurizada' Esteirana; o San Lorenzo cheira xa a prata O Ameixenda superou ao Volantes Deixou case feito o título un Club Deportivo Baio que nin nas súas mellores quinielas hai un mes pensaría en chegar case campión a estas alturas. O Decano do balompé costeiro remontou en Corcubión un partido que se lle compricara moito e, só con facer os deberes, aproveitou o momento de letargo no que parece sumido o ata hai pouco dominador da competición. O Corme cedeu incluso a segunda praza, tras caer na casa ante unha Esteirana que desde a chegada de Róber Pladur ten máis pinta de equipo de Primeira que de estar a loitar por evitar os arrastres rumbo a Terceira. O cúmulo de acontecementos ten repercutido moi positivamente nun San Lorenzo que, só indo ao seu, é xa segundo e alcanza os cen goles anotados no campionato, cunha media de máis de tres que non fai senón dignificar un curso inesquencible. Tampouco da marxe o Mazaricos, que con pouco ruido 'cheira' a promoción, cun encontro directo cos verdilleses de por medio. Na outra gran loita da Segunda o Cee prácticamente certificou a súa continuidade, ao superar ao Camariñas, mentres que o Porteño abonouse á fe cunha gran vitoria co Malpica. Digno de estudo é o caso do Castriz, ao parecer empeñado en meterse en problemas. Curiosamente, a costa dos xalleiros ven de salvarse mantemáticamente un moi meritorio Monte Louro. Non pintou especialmente ben a xornada por arriba, co Soneira caendo na casa ante o favorito Laracha, candidato ao ascenso. No intrascendente derbi entre Xallas e Sofán foron os carballeses os que lle puxeron o punto necesario de intensidade. Nin alegrías excelsas nin grandes decepcións deparou unha Primeira na que, iso si, un Dumbría máis fiable que un coche sueco goleou en Lalín e xa está a un só triunfo da Preferente e do título. Os costeiros tiveron nos seus xoves atacantes unha vez máis a carta de presentación. Axudoulles tamén o traballado empate dun virtualmente salvado Fisterra, na casa co Agolada, mentres que na loita pola supervivencia o Zas mantívose con aire co duro empate en Silleda. Tamén o Outes, cun meritorio punto en Asados ante o Unión. Ambos deben facer bos eses resultados a vindeira xornada na casa. Na Terceira, serán Lira e Ameixenda, os equipos que máis en forma acabaron a tempada regular, os que pelexen por acompañar ao histórico Muxía. No fútbol base, os imparables outienses de benxamíns, con case douscentos goles a favor e invictos, acadaron un título que non fai senón darlle a razón ao traballo de formación dos sureños. Os rapaces benxamíns do Outes celebraron o título por todo o alto  

PreferenteNorte, xornada 33

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 31

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 32

 

FasedeAscenso á Liga da Costa, ida das semifinais

LigaGalegaXuvenil, xornada 30

 

CopadaCosta Xuvenil, ida dos Cuartos

LigaGalegaCadete, xornada 30

 

CopadaCosta Cadete, ida dos Oitavos

LigaGalega Infantil, xornada 29

1ªInfantil, xornada 30

LigaAlevínNorte, xornada 8

LigaAlevínSur, xornada 24

LigaBenxamínNorte, xornada 8

LigaBenxamínSur, xornada 24

LigaPrebenxamín, xornada 7

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

     

Comentarios