mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un cormelán ao campionato galego de Judo

Un cormelán ao campionato galego de Judo
Campionato de Judo

O cormelán Samuel Costa Suárez vén de vecer a medalla de prata na categoría infantil -46kg da Fase Norte do Campionato Galego Infantil de Judo. Toda unha marca que lle permite acodir á Fase Final que se disputará o vindeiro 26 de abril en Arteixo, coa ilusión de mesmo chegar a participar no Campionato de España coa Selección Galega.

Non foi o único costeiro en competición. Outra, por exemplo, foi a pontecesá Mar Costa Suárez, que obtivo a medalla de bronce na categoría cadete -57Kg. Así e todo as novas non foron de todo boas para ela, pois lesionábase e non poderá participar na cita de Arteixo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Departamento de Deportes do Concello de Ponteceso.

Comentarios