Un empate con sabor a vitoria mantén ao Conservas coas aspiracións de ascenso intactas

Recuperouse o Balonmán Camariñas do tropezo da semana pasada. E o fixo cun empate, que sabe a vitoria, na casa du rival directo como era o Viña Costeira Ribeiro. Así, o empate non só suma un punto, se non que resta outro ao equipo de Ribadavia.
Datos do encontro

- Resultado: Viña Costeira Riberio, 26 - Conservas Boya Balonmán Camariñas, 26
- Conservas Boya: Félix (p), Víctor (p), Fari, Diego Alonso, Felipe (2), Quin (2), Canedo (11), Moncho (3), Salva (3), Catalán (4), José Ramón, Xabi (1).
Empate en casa dun rival directo que logo de contínuas alternancias no marcador, nos minutos finais reflectía un perigoso 24-21 a favor dos ourensáns. Desvantaxe que o Camariñas, con calma e saber facer, foi reducindo diferenzas ata o minuto 59:56 que marcaba un 26-25 e con posesión para os conserveiros. A emoción reuniou ata o último segundo nunha xogada final no saque dun golpe franco, amaga Canedo e entrega a Moncho totalmente desmarcado que marca un gol da raia sobre o asubío final da bucina; máis emoción imposible.
O Camariñas viaxaba a Ribadavia coas baixas por lesión de Alan, Perón, Lalá e Lorenzo e ademais sen os xuvenís Caamaño e Martín. E todo isto, para un partido contra o 2º clasificado onde se xogaban ambos os boa parte da tempada.
O partido terminou con empate que lle permite ao Camariñas seguir unha semana máis de lider (e van 6) pero que no grupo de cabeza todo segue moi complicado xa que 5 equipos manteñen todas as aspiracións intactas para conseguir praza para a loita polo ascenso.

Vindeira cita
O vindeiro sábado 12 de marzo, ás 18:30 no pavillón de Camariñas, outra final contra o Cangas, que está a 1 punto na clasificación, e o Camariñas lograra sorprendelos na súa casa na primeira volta.
Máis información
Novas relacionadas
- Camariñas puxo o quimono.
- A bestia negra frea ao Conservas Boya.
- O Conservas Boya afianza o liderato e segue soñando.
- A afección do Conservas Boya fai seguir soñando ao equipo camariñán.
- O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada.
- Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título.
- Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.