Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria

Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria
Calvo Xiria en Lanzarote-Foto-Tono O Calvo Xiria na fase de Lanzarote-Foto-Tono Alfeirán

Bm. Granollers, toda unha potencia na materia, con algúsn dos mellores xogadores españoles de entre 21 e 23 anos, acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria á División de Honra Prata, a segunda categoría do balonmán estatal. Era a 4ª vez que os carballeses o intentaban nos últimos 6 anos, pero de novo atoparon diante un equipazo.

É certo que os carballeses non chegaban no mellor momento da temporada, tras unha segunda volta con algún que outro atranco. Pero os verdes chegaban con moita ilusión.

Ilusión transformada en decepción tralo primeiro partido, nun choque non se podía perder ante o Lanzarote. O sábado recuperaron forzas vencendo ao Elche e chegando con posibilidades á cita dominical, a gran final ante Granollers. Pero non foron quen de superar a este equipazo, que non deu opción e acabou cun claro 26-34.

Volven tocados, pero máis unidos que nunca os carballeses, lamentando ademais que, o máis probable é que o Granollers venda a súa praza na DHPrata ao mellor postor. Unha mágoa que non sempre os ascensos se decidan deportivamente.

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

Comentarios