O Zas recupera a primeira praza en solitario, pero o San Lorenzo, tras vencer ao Fisterra, pasa por ser o conxunto en estado de gracia emocional e un moi firme candidato ao título
![O Soneira empezou así e acabou en pleno diluvio en 'Mordor' - Foto: Pichón]()
O Soneira empezou así e acabou en pleno diluvio en 'Mordor' - Foto: Pichón
Hai unha nova orde na galaxia da Liga da Costa, onde o Sporting Zas recupera o mando tras gañar case sen despeinarse ao Carnota. Sen embargo, pode dicirse que a festa está realmente en Verdillo, onde o San Lorenzo apunta cada vez máis forte a loitar polo título. A súa víctima esta vez foi un Fisterra no seu mellor momento do ano, ao que ademais lle leva o average particular. O das Pedreiras resultou un combate honesto, duro e de distancias curtas, que se resolveu nun erro con derivación de penalti. Dese pelotón de aspirantes parecen presentar síntomas máis débiles o Baíñas e o Castriz, quenes a pesares de protagonizar unha cita de calidade non fixeron outra cousa co resultado que dispararse ao pé. Pode que esa igualdade meta unha presión que os equipos administran de distinto modo: o Ponteceso arrollou sen piedade ao Camariñas nun partido con acné pola media de anos dos protagonistas, mentres que o Mazaricos, revelación con todas as da lei, cedeu os tres puntos ante un Buño que atravesaba o seu peor momento do curso. E menos mal para os oleiros que deron a sorpresa, porque dos cinco últimos clasificados tres sacaron os tres puntos (precisamente o Buño, Cabana e Volantes de Baño) e o Porteño sumou un.
A categoría das sensacións desiguais, a Primeira Autonómica, ameazou de conxelación a un Soneira que en vez de na Agolada parecía estar xogando en Mordor: cero grados, granizada e un vento que dificultaban calquera tentativa de fútbol coherente. A igualada deixa aos vimianceses cun ollo mirando a Cordeiro e outro á retaguardia, por onde ben un Unión que lle asestou outro golpe ao Malpica. A boa nova para os costeiros a trouxeron Sofán e Baio, que triunfou preto do aeroporto de Lavacolla e despega da zona baixa rumbo a certa tranquilidade. Outes e Corme apenas tiveron opcións. Máis arriba, na Preferente, o conto de sempre para o Dumbría, superado en case todo polo Paiosaco, e o conto da ilusión para un Xallas que xustamente tumbou á Sarriana.
Perdeu o camiñado na boa dirección o Monte Louro de Terceira Autonómica, que sabía da condición de trampa da visita do Nantón e acabou por ceder a segunda praza a mans dun Laxe que non tivo demasiados problemas en Lira.
E no fútbol base, como ven sendo habitual, a satisfacción foi a medias: a clara victoria do Dumbría Xuvenil en Ordes veu cunha derrota do Cadete de Honor en Caranza, onde vendeu moi cara a súa derrota.
Órdenes | 13/02 - 16:00 | Dumbría |
Galicia Caranza | 13/02 - 11:00 | Dumbría |