mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Autonómica: Un lobo con pel de Cordeiro

1ª Autonómica: Un lobo con pel de Cordeiro
Un espectacular Soneira recuperou o sorriso, o trono e as sensacións no Municipal de Valga; o Malpica, que mellorou pero aínda non lle da, caeu co Outes   Malpica 2-3 Outes O Malpica e o Outes desputaron un vibrante derbi - Foto: Luis Porto O Malpica e o Outes desputaron un vibrante derbi - Foto: Luis Porto
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Malpica: Víctor, Eme (Sergio m.69), Jaco, Kike, Roi Carril, Martín Maradona, Casais, Juny (Dimaga m.46), Cololo, Óscar Moscoso e Petís
  • Outes: Rizos; Borja, Pose, Maroñas, (Samuel m.46), Dani, Chía, (Pablo m.70), Jorge, (Martín Caamaño, 88), David Sampedro, Elías Ruso, Piki, (Babu m.93), Iago Dosil, (Adrián m.91)
  • Árbitro: Belmonte Martell (A Coruña)
  • Goles: 0-1 m.14 Piki; 1-1 m.30 Jaco; 1-2 m.32 Pose; 1-3 m.36 David Sampedro; 2-3 m.80 Roi Carril
Melloría do Malpica, superioridade do Outes Cos debutantes Jacobo, Roi e Cololo nas súas filas, o Malpica medrou lixeiramente, pero aínda así foi inferior a un Outes que sempre tivo o encontro onde quixo. Foi sobresaínte a actuación do gardameta local, que sen embargo non foi quen de impedir a sèptima derrota seguida dos seus. Adiantaronse os de Manu Roque nun balón bombeado que Piki cabeceou desde o punto de penalti, por enriba de Víctor. Un dos novos malpicáns, o 'futbolsalista' Jaco, inventou unha xogada 'messiánica' pouco despois para poñer de novo as táboas. A alegría, non obstante, lle duraría dous minutos. Pose, tras unha serie de rexeites no área, facía o 1-2, e pouco despois David Sampedro parecía sentenciar. Aínda non se chegara ao intermedio, previo a unha segunda metade no que os locais tentaron adiantar liñas, e arriscaron en exceso. Iso si, o 2-3 de Roi a falta de dez minutos sembrou incertidume. O Outes denunciou a través do seu facebook unha agresión de Cololo a Piki. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/897046167080708/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]   Cordeiro 1-2 Soneira Partido preparado a conciencia en Valga - Foto: Pichón Partido preparado a conciencia en Valga - Foto: Pichón
  • Campo: Municipal de Valga
  • Cordeiro: Diego, Taibo, Damián, Álex, Diego Crego, Rubén, José Manuel, Manuel Ángel, Ferreirós, Padín e Juan
  • Soneira: Bonano, Figueroa, Brais Mouzo (Jota m.30), Aarón, Maikel, Mario (Darío m.60), De la Sierra, Richi, Basti (Alberto m.85), Javi (Mayor m.46) e Alberto Vía
  • Árbitro: Fernández Lodeiro (A Coruña). Expulsou a Richi (m.90). Amonestou a Basti, Alberto Vía, Mayor, De la Sierra, Alberto, Aarón e Darío
  • Goles: 0-1 m.21 Richi; 1-1 m.25 Padín; 1-2 m.68 Basti
Bastián e o gol… a historia interminable Fai honra ao nome do protagonista da Historia interminable, e tamén ao da novela, un Basti de ciencia ficción que onte volveu resolver para o Soneira. Pero esta vez a mención debe ser grupal para un equipo que recuperou o liderato no caso do equipo que llo arrebatara. Pudo coas circunstancias, incluido un árbitro inxusto na aplicación da xustiza, e que castigou en exceso aos vimianceses. Moi serio, o cadro de Manolito agardou a súa e basouse nunha disposición equilibrada. Sabe que antes ou despois aparecerá o talento. E chegou nunha acción persoal marabillosa de Richi. Claro que talento había enfronte para dar e tomar, e un 'rapaz' chamado Padín igualou pouco despois, Co mellor Bonano en moito tempo o Soneira mantívose firme, e golpeou de novo no ecuador do segundo acto, cun gol de ariete de Basti: control de peito e inmisericorde na execución. De aí ao final tocou sufrir. Pero non hai gloria sen dolor. O equipo soneirán ademais disfrutou da estrea de Jota, que saíu pola porta de atrás do Xallas para porse ás ordes de Manolito.   Val do Ulla 0-0 Sofán Punto traballado desta formación do Sofán en Val do Ulla - Foto: SD Sofán Punto traballado desta formación do Sofán en Val do Ulla - Foto: SD Sofán
  • Campo: Coto
  • Val do Ulla: Alvaro, Pintiño, Javi (Porto m.60), Martin, Pintor, Carlos, Gonzalo, Alberto, Cristian Ingelmo (Alex m.88), Jordan e LUis Bragaña (Espiño m.75)
  • Sofán: David, Adrian, Alex Varela, Felix, Ruben, Felipe, Martín (Seo m.55), Ivan Rey, Luis (Alex Pri m.83), Doldán (Insua m.46) e Raul (Ceide m.77)
  • Árbitro: Rego Rodríguez (Santiago). Amonestou a Insua
Resistencia positiva Sufriu moito o Sofán ante un Val do Ulla que viña de facer un partidazo en Vimianzo. O meta David salvou en varias ocasións aos carballeses. Houbo máis igualdade no segundo acto, aínda que os vermellos seguiron sen chegar con claridade nin xerar opcións de remate.   Flavia 5-0 Corme
  • Campo: Do Souto
  • Flavia: Cristian, Roberto, Jacobo Vilas, Arufe, David, Franqueiro, Villaverde (Damián m.82), Róber (Kevin m.64), David Rey (Manuel m.76), Brais e Álex Pérez
  • Corme: Susiño, Brais (Jose m.65), Dani, Alejandro (Joshua m.53), Adolfo, Sergio, Juan Chans, Diego, Toniño, Lucas e Eloy Villar
  • Árbitro: Castro Currás (Santiago). Amonestou a Miguel Torrado, Juan Chans e Sergio do Corme
  • Goles: 1-0 m.1 Roberto; 2-0 m.37 Villaverde; 3-0 m.76 Álex Pérez; 4-0 m.85 Magariños; 5-0 m.86 Diego, en propia meta
Unha saída para borrar As baixas, o tempo, o campo e o rival. Eran demasiados factores en contra para un Corme que en ningún momento tivo recursos para plantarlle cara ao Flavia. Cun gol abaixo no primeiro minuto, ademais, chegou o mazazo psicolóxico.   Baio 1-1 Lesende
  • Campo: Platas Reinoso
  • Baio: Pablo, Yago, Mario, Porto, Luis Alvite (Fachal m.82(, Norberto, Peke, Martín, Moreno, Saleta (Luis m.76), Martín MC
  • Lesende: Rubén, Carlos, Antonio, Teo (Julio m.72), Liñares, Adán (Brais m.72), Borja, Seijas, Óliver, Adrián Sueiro (César m.68) e Queiro
  • Árbitro: Patricio Blanco (A Coruña). Amonestou a Porto do Baio; Alberto, Carlos, Julio e Queiro do Lesende
  • Goles: 1-0 m.65 MC; 1-1 m.82 Carlos
Escapou o premio gordo No que non estaba a ser o seu partido do ano, o Baio tiña moi encarrilada unha victoria que escapou a falta de oito minutos para o final. Foi o Lesende (con moito muradán nas filas) un equipo difícil de entrarlle e sen moitas concesións. Moveuse en distancias cortas e poucos achegamentos o choque, ata que MC aproveitou unha para reivindicarse. Contra o final, un despiste custou o empate.

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios