Un novo 3x3 polo Castelo Rock

08:38 19/10/12

Muros vivirá o 17 e 18 de novembro unha fin de semana dedicada ao baloncesto. A localidade acollerá o II Torneo 3x3, Castelo Rock, onde se tratará de conxugar o baloncesto 3x3 con concursos e o aproveitamento do tempo libre de maneira efectiva.
A actividade, promovida e organizada pola ACRD Praia do Castelo, terá lugar no pavillón de Miraflores como sede do evento.
Inscrición
- Equipos de 4 xogadores (homes, mulleres, mulleres e homes…)
- A cota de inscrición é de 10 euros e o prazo remata o 16 de novembro ás 14.00 h.
- Normativa FEB para torneos 3X3.
- Concurso de triplas.
- Premios para os tres primeiros clasificados.
De cara a completar os trámites precisos para a inscrición, deben visitarse as seguintes ligazóns:
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Asoc. Praia do Castelo.