mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª Autonómica: Un novo mundo

2ª Autonómica: Un novo mundo
Líder outra vez o Sporting Zas, e a zona de privilexio cunha realidade nova respecto á semana pasada; é o día a día dunha loita na que Baíñas e Castriz se neutralizaron e comezan a perder terreo respecto ao resto O Zas é de novo líder en solitario - Foto: Alejandro Mel O Zas é de novo líder en solitario - Foto: Alejandro Mel Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com San Lorenzo 1-0 Fisterra
  • Campo: As Pedreiras
  • San Lorenzo: Javi Souto, Isaac, Adrián Varela, Rubén Varela, Rudi, Álex Taibo, Dani Parafita, Mario (Kevin m.86), Fuentefría (Juanjo m.90), Dani Pena (Juny m.27) e Luis (Anxo m.80)
  • Fisterra: Norberto, Dani Rubia (Yeray m.80), Santi (Manuel Cartamil m.44), Robertín, Adri (Mané m.73), Breixo (Borja Munitis m.69), Guardiola, Roa, Cote, Julito e Adrián
  • Árbitro: Fernández Iglesias (A Coruña). Amonestou a Mario e Taibo do San Lorenzo; Adrián, Dani Rubia, Robertín e Guardiola
  • Gol: 1-0 m.62 Fuentefría, de penalti
Un partidazo e unha ida de olla Xogou o San Lorenzo un dos seus compromisos máis compretos da tempada, xusto co gallo da chegada do Fisterra que presentaba os números máis imponentes do 2016. Os carballeses sairon moito máis enchufados, nunha primeira metade moi nutrida de oportunidades e cun moi bo papel do meta visitante Norberto. Isaac e Juny perderon o man a man ante o '1' verde. Unha das grandes preocupacións, o estado do céspede por mor do recente temporal, rápidamente quedou no olvido debido ao bo aspecto e condicións para xogar. A acción decisiva do choque á volta dos vestiarios, tras unha saída onde Norberto foi regateado e Rubia interceptou o balón cos puños. A resolución da xogada tería sido incerta, cun atacante e dous defensas preto do balón. Fuentefría non fallou desde os once metros. En desvantaxe, o Fisterra apretou e estirou líneas, e incluso tivo a última oportunidade do choque. Javi Souto gañoulle entón a partida a Adrián Makaay.   Esteirana 2-3 Unión Club Cee
  • Campo: José Luis Vara
  • Esteirana: Manuel, Dani Rama, Rafa, Martín, Álex, Adrián, Pablo, Codesido, Jaime (Eloy m.80), Marcos e Tobío
  • Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Jacobo, Borja, Josiño, Isma (Jose m.77), Pereira, Leo (Iván m.90), Penedo (Saludo m.85) e Dani Picallo
  • Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Tobío da Esteirana; Jorgito e Josiño do Cee
  • Goles: 1-0 m.6 Álex; 1-1 m.39 Penedo; 2-1 m.51 Pablo; 2-2 m.63 Leo; 2-3 m.83 Penedo
En medio da calma Poucas cousas puxeron en xogo Esteirana e Cee, que teñen gañada a tranquilidade na táboa e demasiado lonxe a loita por cotas maiores. Mal tempo, o balón longo coma condena para os defensas e dúas convocatorias moi xustiñas; eses tres elementos marcaron un partido de ida e volta, no que se moveu á perfección o local Álex, autor do primeiro gol. Penedo, entre líneas, foi o home chave dun Cee que remontaría na media hora final, ante un rival que foi quedando sen combustible.   Porteño 1-1 Cerqueda Mario Toja redebutou no equipo do seu pobo - Foto: CF Porteño Mario Toja redebutou no equipo do seu pobo - Foto: CF Porteño A Grixa sufriu co temporal - Foto: CF Porteño A Grixa sufriu co temporal - Foto: CF Porteño
  • Campo: Agrixa
  • Porteño: Martín, Jose, Adrián, Caamaño, Manuel, Doyle, Canosa, Quilmes (Rodri m.84), Cousillas (Mario Toja m.57), Jorge (Marcos m.70) e Cachi (Wii m.62)
  • Cerqueda: Diego Dourado, Sergio, Jon, Pazos, Dani, Manu Guillamet, Fernandito, Lorenzo, Juanjo (Brais m.68), Eloy (Jonás m.55) e Gemelo (Uru m.80)
  • Árbitro: Oreiro Hermida (A Coruña). Amonestou a Manuel e Doyle do Porteño; Jonás, Manu Guillamet do Cerqueda
  • Goles: 1-0 m.33 Cachi; 1-1 m.50 Eloy
Media hora máis de Toja Retornou ao Porteño un ilustre da vila e do fútbol da Costa, un Mario Toja que deixou media hora de calidade, aínda que o campo non estaba precisamente para él. Os da Ponte do Porto sumaron un punto fronte a un Cerqueda que sigue arañando de case todos lados. Houbo pouco fútbol e moitas oportunidades. A dirección do vento marcou o dominio e a aparición de oportunidades. Estrelouse dúas veces no poste o equipo local, mentres que o visitante Lorenzo incluso marrou sen porteiro. Aquí vemos o gol de Eloy que significou o empate. [fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/1033806950016019/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Buño 1-0 Mazaricos
  • Campo: Xaviña
  • Buño: Toni, Miguel Dourado, Canedo (Juan m.79), David, Dimitri, Emilio, Antelo, Dani Calvete, Gurita, Richard e Alexander (Eloy m.85)
  • Mazaricos: Miguel, Miguel Riveiro (Molinos m.82), Marcos (Martín m.82), Ramón, Matías, Ricardo, Ramón II, Estéfano, David, Brais (Ferreiro m.56) e Chenel
  • Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Canedo, Miguel Dourado e Eloy do Buño; Miguel Riveiro do Mazaricos
  • Gol: 1-0 m.69 Gurita
O ceo pechou por temporal Un tortazo despois de ter adquirida a licencia para soñar; eso foi o que levou o Mazaricos en Buño, ante un rival que vive unha situación delicadísima na táboa e que levaba meses sen coñecer a victoria. De ter desarmado ao líder os de Néstor Romero pasaron a poñerse de igual a igual co cadro oleiro, que incluso dominou o balón e concedeu poucas oportunidades de gol. Aí radicou outra chave para os amarelos: a falta de acerto nas catro situacións que xeneraron, especialmente un irrecoñecible Estéfano. O tanto que decidiu a contenda chegou mediado o segundo acto, nun córner ao primeiro pau que atopou o acerto do ex do Laracha Gurita, e o exceso de confianza da zaga visitante.   Coristanco 3-4 Cabana
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Nacho, Marcos, Gus (Alexis m.46), Mato, Pazos, Añón, Gonzalo, Mallón (Lagoa m.46), Jorge, Pablo e Samuel
  • Cabana: Víctor, Jose, Samuel (Mateo m.33), Isma, Raúl, Maikel, Álex, Reigia, Adrián, José Manuel (Pablo Pose m.80) e Santi
  • Árbitro: García Novo (A Coruña). Amonestou a José Manuel, do Cabana
  • Goles: 0-1 m.11 Adrián; 0-2 m.53 Maikel; 0-3 m.55 Maikel; 1-3 m.72 Pazos; 2-3 m.86 Gonzalo; 3-3 m.87 Gonzalo; 3-4 m.88 Adrián
Irrenunciable esperanza Acabou coa xeira de remontadas en contra un Cabana que pasou por tódalas fases posibles no seu duelo co Coristanco. O colista dominou no marcador durante unha hora inicial na que tivo o balón, fixo un bo repliegue e saíu con acerto e velocidade. Tres goles de vantaxe que se esfumaron nun arreón final parecía que desesperado do Coristanco. O puñetazo moral de ser último e ver marchar a renda durou uns segundos, xusto ata que Adrián, cos locais descuidados totalmente e centrados en culminar a remontada, puxo o cuarto e acabou coa maldición que persigue ao seu equipo este ano.   Ameixenda 2-4 Volantes de Baño
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Ameixenda: Maikel, Javichu, Demetrio (Brais m.46), Samuel (Antón m.46), Álex, Jesús, David, Sergio, Mario (Ruso m.70), Borja e Andrés (Rafa m.85)
  • Volantes de Baño: Rubén Santos, Javi, Juan do Sivil, Roi, Tiko, Pardelo, Pablo (Álvaro m.69), Cajulo (Ivi m.89), Andel, Piki (Iago m.55) e Yanky
  • Árbitro: Carro Moireira (A Coruña). Expulsou a Yanky, do Volantes (m.83). Amonestou a Andrés, Demetrio e Álex do Ameixenda;
  • Goles: 0-1 m.14 Andel; 0-2 m.34 Cajulo; 1-2 m.46 Brais; 2-2 m.52 David; 2-3 m.75 Piki; 2-4 m.81 Yanky
Unha volta radical Unha proxección das tendencias de ambos resultou ser o cruce entre Ameixenda e Volantes de Baño, no que os muradáns confirmaron a súa progresiva melloría e os ceenses o seu difícil momento, xusto ao contrario que no cuce da primeira volta, cando eran revelación e colista destacado. Un gol olímpico de Andel e un castigo do erro alleo a cargo de Cajulo mandaron ao Volantes con dous goles de vantaxe, a pesares de maior presencia ofensiva local. Tardou só sete minutos en equilibrar o Ameixenda, primeiro grazas a un gran disparo de Brais e pouco despois a outro bo remate de David. Buscou a remontada total o equipo de Periscal, pero quedou demasiado desprotexido atrás, e con dous pases á espalda da zaga o Volantes levou os puntos para Muros. Piki e Yanky, de novo decisivo, protagonizaron o éxito. Precisamente, o expunta do Cee pediu o cambio tras subírselle un xemelgo, pero acabou por levar dobre amonestación por suposta perda de tempo. A falta de puntería novamente castigou, por outra banda, ao Ameixenda.   Sporting Zas 5-1 Carnota A granizada, protagonista en Zas - Foto: Nuria A granizada, protagonista en Zas - Foto: Nuria
  • Campo: San Andrés
  • Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Manu, Josito (Sande m.58), Dieguiño, Braulio (Carlos m.75), Isma (Adri m.67), Cilindro (Martín m.71), Rubio, Chapela e David Blanco
  • Carnota: Peipo, Pumuky, Adrián (Oli Bermejo m.68), Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Nakata (Miguel m.68), Raúl (Bernardo m.68), Jose, Adrián (Oreiro m.60), Samuel e Manuel Luis
  • Árbitro: Regos Martínez (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.34 David Blanco; 2-0 m.62 David Blanco; 3-0 m.72 David Blanco; 3-1 m.74 Samuel; 4-1 m.85 David Blanco; 5-1 m.89 David Blanco
O líder máis 'Blanco' Recuperou a primeira praza en solitario o Sporting Zas, cun relativamente cómodo triunfo sobre o Carnota. O protagonista absoluto da tarde foi o cabanés David Blanco, autor dos cinco tantos da tarde. Foi axustado o primeiro acto, cos locais dominando e o seu rival moi ben prantado. Só desequilibrou, pasada a media hora, un man a man de David Blanco co porteiro. Un pase de Rubén Forján ao punta, xa na reanudación, puxo unha terra de por medio case definitiva. Para o terceiro sería Rubio o asistente. O tanto do Carnota, á saída dun córner, non chegou para darlle demasiada vida ao partido, aínda que na súa ofensiva desarmou a defensa e chegou o póker de Blanco.   Ponteceso 9-1 Camariñas Ponteceso-Camarinas-Foto-SD Ponteceso-Camariñas-Foto-SD
  • Campo: O Pinguel
  • Ponteceso: Brais, Collazo (Ismail m.70), Laik (Márquez m.58), Charly, Juanma (Regueiro m.61), Nando, Alberto Recarey, Baba, Martín Puente, Youssef e Dieguito (Eloy m.66)
  • Camariñas: Pablo, Moriño, Rodri, Kevin, Vicente, Soule (Adrián m.46), David, Yuyo (Joseba m.73), Paco, Nico e Pablo Mouzo (Álvaro m.63)
  • Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Paco (m.60) do Camariñas.
  • Goles: 1-0 m.6 Dieguito; 2-0 m.17 Juanma; 2-1 m.27 Yuyo, de penalti; 3-1 m.30 Martín Puente; 4-1 m.56 Martín Puente; 5-1 m.58 Dieguito; 6-1 m.72 Eloy; 7-1 m.85 Márquez; 8-1 m.89 Martín Puente; 9-1 m.90 Baba
Ponteceso-Camarinas-Foto-SD Ponteceso-Camariñas-Foto-SD O Ponteceso fíxolle encaixe ao Camariñas Goleada histórica do Ponteceso a un Camariñas que non tivo opcións. Dieguito, nun rexeite tras xogada de Nando, e Juanma, nun pase longo, puxeron cedo a vantaxe local, a pesares do penalti convertido por Yuyo pouco despois. O guante de Martín Puente na estratexia rachou novamente un encontro no que o árbitro tivo pouco tacto na evitable expulsión de Paco, con dous cartóns nun minuto. [fbvideo link="https://www.facebook.com/pontecesosd/videos/1749863891912349/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Baíñas 2-2 Castriz
  • Campo: Municipal
  • Baíñas: Sergio, Matías, Carliños, Mario, Jorge Calvete, Jaime, Javi Suárez, Dani Casal (Tantán m.74), Canay (Cristian m.63), Alemán e Esteban (Tasky m.85)
  • Castriz: Añón, Alberto (Dani Martínez m.57), Alejandro, Diego Maneiro, Martñin, Fabián, Jose, David Agra, Bolón, Álex Flores e Darío Capelo
  • Árbitro: Calvo Pérez (A Coruña). Amonestou a Mario Casal, Alemán e Carliños do Baíñas,
  • Goles: 1-0 m.27 Javi Suárez; 1-1 m.56 Álex Flores, de penalti; 1-2 m.89 Bolón; 2-2 m.90 Matías
Un desenlace con música de Benny Hill Un lanzamento desde o medio do campo, que golpeou nun defensa e colleu a contrape a Añón, salvou un punto para o Baíñas na súa cita co Castriz. Foron mellores os vimianceses durante a primeira metade, e un bo gol de Javi Suárez certificou esa sensación. Medrou o Castriz no segundo acto, e un penalti sobre Darío Capelo provocou a igualada. Xa no último suspiro Bolón, de lanzamento de fóra do área, lle daba a volta ao marcador. Ata que Matías e a súa probatura desde a medular, deron nun cruel desenlace para os xalleiros.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios