Martes. 22.10.2019
El tiempo

Un pontecesán e un carnotán entre os Mellores do Mundo do Fútbol Praia

Un pontecesán e un carnotán entre os Mellores do Mundo do Fútbol Praia

Falar do Mellor Xogador da Historia do Fútbol Praia non parece que sexa algo baladí. E se dicimos que é da Costa da Morte non mentimos. Ramiro Amarelle (Ponteceso, 1977) segue a ser o Mellor xogador en activo deste deporte, e refrenda así a súa posición como mellor da súa curta, iso si, historia.

Amarelle liderou á "súa" (fai de seleccionador, manager, capitán, pichichi...) Selección Española para conseguir o Torneo de Clasificación para o Campionato do Mundo de Tahití 2013, onde volverá estar a "Roja". Amarelle, que volveu marcar na final ante Rusia, flamante campiona do mundo e anfitriona, marcou este xigante golazo de chilena para batir a Ucrania na semifinal, con 4-4 no marcador cando quedaba pouco para o final... Cando fan falta, aparecen os cracks.

Amarelle, cos seus 10 tantos nos 6 partidos do torneo, levou o MVP, unha vez máis, e xa van unhas cantas. Pero o máis importante é que volve situar á selección española no panorama mundial deste deporte. I é que se ben a Selección foi Campiona do Mundo nos últimos anos estaba algo fóra do circuito.

Un carnotán de escolta

Ademais no Campionato participou outro costeiro, o carnotán Miguel Beiro. Mandámoslle a nosa meirande felicitación polo triunfo.

Unha de fútbol praia a Lariño

E atentos, que o festival do Asaghieiras xa ten argallado o I Campionato de Fútbol Praia de Lariño. A cita estes 28 e 29 de xullo na praia carnotá. Esperemos ver a Migui por alí, así como na Festa da praia do Ézaro.

Máis información

Fonte

Comentarios