Sábado. 05.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Un Ponteceso de Pinguel

2ª Autonómica: Un Ponteceso de Pinguel
  • Raro partido o do Castriz na Vila de Pondal, e aínda así a piques estivo de dar un susto; os favoritos non erraron.
11 do Ponteceso no Pinguel O Ponteceso non frea no Pinguel Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com
 

Esteirana 0-3 Fisterra

  • Campo: José Luis Vara.
  • Esteirana: Ponte, Eloy, Rafa (Ikr m.67), Álex, Adrián, Pablo, Campos (Martín m.67), Codesido, Jorge (Manuel m.70), Simón e Tobío (Marcos m.50).
  • Fisterra: Ángel, Munitis (Javi m.82), Manuel Cartamil, Guardiola (Roa m.50), Robertín, Roco, Pablo Lestón (Julito m.75), Adri (Mané m.60), Piti, Bruno e Cote
  • Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Amonestou a Guardiola, do Fisterra.
  • Goles: 0-1 m.35 Adri; 0-2 m.40 Bruno; 0-3 m.62 Bruno.

A pracer no feudo maldito

Non se lle daba tradicionalmente ben o José Luis Vara a un Fisterra que semella ter recuperado a súa versión máis temible. Unha versión moi cativa dos locais, sen Róber Pladur, apenas opuso resistencia. A renta ben pudo ter sido maior para os de Nacho, que abriron o marcador tras un rechace aproveitado por Adri, moi listo no área. Pouco despois, un pase perfecto de Cote por enriba da defensa foi recollido por Bruno, espectacular onte, e resolto con gol. De novo sería o escurridizo punta o que acertaría de cara a gol, xa no segundo, a pase esta vez de Mané. O grupo ofensivo dos verdes tivo ocasións de tódalas cores.

 

Porteño 0-4 San Lorenzo

  • Campo: A Grixa.
  • Porteño: Álvaro, Jose (Rodrigo m.60), Caamaño, Gabi (Curra m.65), Roi, Iago, Doyle, Sergio, Cachirulo (Marcos m.50), Cristian e Wii (Óscar m.58).
  • San Lorenzo: Javi Souto (Puyol m.72), Isaac, Adrián Varela, Rubén, Juanjo (Rudi m.65), Anxo, Álex Taibo (Álex Figueiras m.60), Mario (Parafita m.60), Luis, Fuentefría e Juni.
  • Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Expulsou a Sergio, do Porteño (m.54). Amonestou a Roi e Wii, do Porteño; Adrián Varela do San Lorenzo.
  • Goles: 0-1 m.7 Juni; 0-2 m.54 Mario; 0-3 m.71 Juni; 0-4 m.85 Álex Figueiras.

Un paseo por A Grixa... e novo erro nun acta

Ten máis de noticiable o Porteño-San Lorenzo pola redacción do acta que polo choque en si. Os de Pedro encarrilaron o compromiso moi cedo, tras un pase ao espacio de Fuentefría que Juni resolveu con tranquilidade. Aguantou o Porteño, polo menos no que ao marcador se refire, pero no segundo acto quedou sentenciado. Mario, tras recibir un pase de Juni e recurtar, fixo o segundo. Pecharía o choque Álex Figueiras cun gol olímpico. A sorpresa chegoulle aos carballeses ao ler o acta, onde figura expulsado Adrián. Só vira amarela no choque, e incluso foi substituido por precaución de ter un cartón.

 

Sporting Zas 9-0 Volantes de Baño

Zas-Volantes-Foto-Alejandro Mel O Zas goleou a un Volantes con moitos problemas-Foto-Alejandro Mel
  • Campo: San Andrés.
  • Sporting Zas: Bugy (Tívoli m.46), Martín, Isma (David Blanco m.46), Josito, Diego Fernández, Chapela, Cili, Manu, Rubio, Dani (Carlos m.33) e Sande.
  • Volantes de Baño: Yanky, Sergio (Julio m.62), Juan do Sivil, Sergio Piñeiro, Pardelo, Maceiras, Pedro de Paky, Fran, Roi (Iago m.71), Álex e Ramón.
  • Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.1 Pedro de Paky, en propia meta; 2-0 m.8 Sande; 3-0 m.14 Sande; 4-0 m.22 Manu; 5-0 m.45 Chapela; 6-0 m.48 Josito; 7-0 m.56 Chapela; 8-0 m.60 David Blanco; 9-0 m.85 David Blanco.

Elegancia no castigo, e Yanky baixo paus

A pesares do contudente do marcador, tanto Sporting Zas coma Volantes de Baño mantiveron en todo momento a dignidade. Uns para non facer sangue e outros para non perder os papeis. Os muradáns tan siquera dispuxeron de gardamallos ao uso, e tivo que ser o seu pichichi, Yanky, o que formase baixo paus.

 

Cee 4-1 Camariñas

  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Chiru, Jacobo, Borja, Piquero, Andrés Trillo (David m.55), Llanero, Leo (Pereira m.55), Dani Picallo (Penedo m.75) e Josiño (Xabi m.49).
  • Camariñas: Pablo, Moriño, Kevin, Rodrigo, Pablo (Vieites m.53), Soule, Paco (Sergio m.65), Yuyo, Carlos Meu Lar, Vicente e Nico.
  • Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Expulsou a Vieites (m.86) e Moriño (m.66), ambos do Camariñas. Amonestou a Nico, Llanero, Piquero e Roberto do Cee; Pablo, do Camariñas.
  • Goles: 0-1 m.22 Yuyo, de penalti; 1-1 m.42 Dani Picallo; 2-1 m.64 David; 3-1 m.78 Penedo; 4-1 m.81 Pereira.

Terceira consecutiva para o Cee

Atrás parecen quedar definitivamente as dúbidas para un Unión Club Cee que suma xa tres seguidas. Onte tocoulle remar contra o gol inicial do Camariñas, que chegou tras un penalti de Nico sobre Soule. Os visitantes, con Moriño e Paco dándolle forma ao xogo, cobraron dimensión no choque, e só cederon por erros puntuais na zaga. Un exemplo, o empate antes do intermedio, ao aproveitar Dani Picallo unha falta de entendemento. Xa na reanudación, unha combinación entre os muxiáns David e Dani Picallo comezou a remontada, culminada por Penedo ante o porteiro e por Pereira. O Camariñas acabou con nove futbolistas e o seu adestrador tamén no vestiario.

 

Mazaricos 2-2 Cerqueda

Minuto de silencio na Pedra do Ouro-Foto-UD Minuto de silencio na Pedra do Ouro-Foto-UD
  • Campo: Peña do Ouro.
  • Mazaricos: Miguel, Miguel Riveiro, Marcos (Chico m.78), Matías, Ramón (Juan Ramón m,75), Martín, Ricardo, Estéfano (Brais m.85), David, Pereiro e José Ángel (Molinos m.58).
  • Cerqueda: Diego Dourado, Darío, Juanjo (Adrián m.55) (Jon m.93), Pazos, Dani, Uru, Manu, Fernandito, Lorenzo (Jonás m.62), Brais (Sergio m.50) e Martín (Javi m.77).
  • Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Miguel Riveiro e Martín do Mazaricos; Adrián do Cerqueda.
  • Goles: 0-1 m.28 Fernandito; 0-2 m.43 Fernandito; 1-2 m.44 David; 2-2 m.81 Estéfano.
Mazaricos-Cerqueda-Foto-UD Mazaricos-Cerqueda-Foto-UD

Case lle da tempo ao Mazaricos

Quedáronselle curtos os noventa minutos a un Mazaricos que apretou e moito a un Cerqueda que chegou ter ata dous goles de vantaxe. Moi serio e efectivo, no primeiro tempo o conxunto bergantiñán prantouse ben no campo. Soltou o primeiro golpe Fernandito, irmán do adestrador Emilio, e desde trinta e cinco metros adiantou aos seus. Foi chave o suspiro anterior ao intermedio, cun segundo tanto de Fernandito, de libre directo e coa colaboración de Miguel, e un gol salvador de David, desde fóra do área, que lle deu vida aos seus. Asediarion os de Néstor nun segundo acto monologal, e no que acabaría por igualar, a nove minutos do final, Estéfano entrando ao segundo pau. Aínda tería dúas máis o Mazaricos para remontar.

 

Buño 4-1 Ameixenda

  • Campo: Xaviña.
  • Buño: Toni (Cristian m.85), Miguel, Fran Borrazás, Dani Mato, Eloy, Dani Calvete, Iván (Gurita m.74), Dourado, Richard (Dimitri m.46) Jorge (Juan m.50) e Víctor.
  • Ameixenda: Maikel, Jorge, Javichu (Grille m.75) Álex, Mario (Rafa m.70), Samuel, David (Antón Lestón m.62), Bichiño, Brais, Borja (Sergio m.46) e Demetrio (Andrés m.46).
  • Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Dani Mato, do Buño.
  • Goles: 0-1 m.2 Borja; 1-1 m.8 Iván Mato; 2-1 m.12 Dani Calvete; 3-1 m.47 Dani Calvete; 4-1 m.83 Víctor.

Atopouse o Buño

Catro goles e unha sensación de moita superioridad devolvéronlle o sorriso ao Buño. Non foi a tarde do Ameixenda, a pesares de que xa gañaba aos dous minutos de partido. Borja aproveitou unha grieta na zaga oleira para abrir o encontro. Curiosamente, pareceu ser un despertador eficaz, e o Buño entrou, e entraronlle. Iván Mato, tras unha indecisión, e Dani Calvete, nun rexeite, xa lle tiñan dado a volta só dez minutos despois do tanto ceense. Xa no segundo acto confirmouse a desaparición total do Ameixenda, sen sequera presencia no área rival. Dani Calvete, nun córner e nada máis reanudarse o choque, e Víctor, noutro saque de curruncho, pecharon o marcador.

 

Ponteceso 4-3 Castriz

  • Campo: O Pinguel.
  • Ponteceso: Brais (Xurxo m.60), Pablo, Collazo, Laik (Márquez m.72), Mourón, Alberto, Mendieta, Martín Puente (Eloy m.75), Cacha (Ismail m.70), Dieguito (Youssef m.55) e Nando.
  • Castriz: Añón, David Velo, Miguel (Óscar m.60), Álex (Martín Gemelo m.3), Martín Uruguaio, Diego Maneiro, Fabián (Sergio m.64), Bolón, Bruno, Darío Capelo e Álex Flores.
  • Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Laik, Mourón e Mendieta do Ponteceso; Bolón, Maneiro, Martín Uruguaio do Castriz.
  • Goles: 1-0 m.17 Cacha; 2-0 m.32 Dieguito; 3-0 m.36 Dieguito; 4-0 m.50 Cacha; 4-1 m.83 Álex Flores; 4-2 m.88 Álex Flores; 4-3 m.92 Bruno.

A mellor redención posible

Máis que esquecida queda a derrota do Ponteceso en Fisterra. Os de Barca vingaron o de Ara Solis superando a outro candidato á cabeza, un Castriz que non estivo durante máis dunha hora, polo menos o seu entramado defensivo. En pouco máis de media hora, a cita estaba case finiquitada. Dous erros infantís encamariñaron todo. Primeiro, Añón non se aclarou á hora de controlar un esférico e Cacha rouboulle a carteira. Despois, unha mala cesión valeulle a Dieguito para facer o segundo. Aproveitados os regalos, todo foi unha balsa de aceite para o Ponteceso, que aínda faría o terceiro antes do descanso, nunha boa xogada persoal de Dieguito. Parecía un trámite a reanudación, con ata catro goles de diferencia, pero nos últimos sete minutos xurdiu unha rareza en forma de resurrección xalleira. Álex Flores firmou dous tantos de home habilidoso e de área, e ata case que os locais acabaron por pedir a hora.

 

Carnota 3-3 Cabana

  • Campo: Lombáns.
  • Carnota: Andrés, Tono da Caixa (Pumuky m.35), Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Nakata, Raúl (Bernardo m.46) Oreiro (Alexis m.72), Jose Ángel (Oli Bermejo m.64), Miguel e Manuel Luis.
  • Cabana: Adrián, Raúl, David, Jose, Quintela (Adrián m.51), Reigia, Fernando, Santi, José Manuel (Grille m.88) e Eloy (Valiña m.58) (Christian m.73).
  • Árbitro: Lago Barros (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.30 Ismael; 1-1 m.60 Manolo Chouza; 2-1 m.70 Manuel Luís; 3-1 m.71 Manuel Luís; 3-2 m.73 Reigia; 3-3 m.89 Raúl.

Igualada final e premio para o Cabana

Dominou e tivo as mellores oportunidades o Carnota. Sen embargo, un arreón final á desesperada permitiulle pescar un punto a un Cabana que frouxeou atrás. O gol da tarde firmouno Manolo Chouza, cun espectacular disparo desde máis de trinta metros, que colleu adiantado a Adrián. Manuel Luis, en estado de gracia nas últimas semanas, firmou dous bos goles nun só minuto e parecera sentenciar.

 

Coristanco 0-2 Baíñas

  • Campo: A Rocheira.
  • Coristanco: Herrera, Mato, Rubio, Iván, Pazos, Alexia (Jorge m.46), Toni, Mallón (Sergio m.60), Pablo, Magovi e Gonzalo.
  • Baíñas: Joselu, Matías, Carliños (Mario Casal m.72), Uxío, Jorge Calvete, Canay (Jaime m.46), Migueñiño, Eloy Cabeza (Tantán m.68), Javi Suárez, Pablo Muíño (Cristian m.81) e Alemán.
  • Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Expulsou a Jorge (m.82) do Coristanco e Pablo Rey (m.73). Amonestou a Adrián do Coristanco; Matías do Baíñas.
  • Goles: 0-1 m.80 Matías, de penalti; 0-2 m.87 Jaime.

Tardou demasiado en concretar

Dominou prácticamente os noventa minutos o Baíñas fronte a un Coristanco á expectativa e que tampouco conseguía rachar e saír. Apenas gozaron os locales de ocasións ante o retornado Joselu, de novo baixo paus tras un mes KO por unha operación de apendicitis. Un claro penalti convertido por Matías abriu o camino da vitoria a falta de dez minutos para o final. Jaime, cun bo disparo, sentenciaría a cita.

 

Crónicas da 2ª Autonómica

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios