Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Un punto e seguido

Un punto e seguido
Echa o peche a Terceira Galega, co Muxía xa matemáticamente campión e só Volantes ou Cabana pendentes de acceder ao Play Off; no resto de categorías non haberá nin derbis nin grandes cruces directos O Sofán viaxa a Bertamiráns - Foto: SD Sofán Tres voltas despois, a Terceira Galega pon punto e final á súa tempada regular. Será lembrada por ter coronado como campión ao Muxía dos récords e da recuperación da ilusión, e tamén polos sustos protagonizados por algúns futbolistas sobre o terreo de xogo. Antes de entrar na fase de Play Off queda aínda por decidirse a última praza, para a que opositan o Volantes de Baño e o Cabana, cun punto a favor dos primeiros. O cadro muradán recibe ao Castrelo, mentres que os bergantiñáns terán a difícil tarea de ser os invitados á festa muxián. O venceder desa vacante enfrontará ao Ameixenda, mentres que Lira e Nantón é a outra semifinal. Por evitar caer a esa Terceira loitan Coristanco e Esteirana, rivais nun dos partidos con máis en xogo na Liga da Costa. Tamén terá sobre a mesa moito do futuro de ambos o Porteño-San Lorenzo, cos carballeses aínda soñando con alcanzar á dupla de cabeza. Na Ponte do Porto empeza haber a sensación de que só vale sumar de tres en tres. O líder Baio terá en Cee unha saída tan histórica como difícil, mentres que tamén trampa será o case derbi entre Corme e Malpica, cos visitantes atravesando o seu mellor momento. Por Cubaleiro de Corcubión pasará un Ponteceso cos brazos xa baixados e que aínda así ten forma de ameaza para o necesitado cadro local. Os estados de ánimo resultarán fundamentais nunha Primeira de estados de ánimo. O do Fisterra é de calma total, con dúas vitorias como horizonte para asegurar o seu futuro. Pode ser unha boa oportunidade a chegada do Puebla. Non o terá sinxelo o Sporting Zas en Padrón cun duro Flavia, mentres que un Outes desatado non ten que presentarlle demasiado respecto ao irregular Atético Riveira. Un triunfo do Dumbría en Val do Ulla sería tamén moi ben recibido na zona baixa. A contrarreloxo por salvarse do Soneira na Preferente volve a ter etapa na casa, cunha Sarriana que baixa a domicilio. O Xallas, que perdeu efectivos como Róber Pladur pola falta de obxectivos, recibe ao Atlético Escairón, mentres que o Sofán viaxa ao pequeno feudo do Bertamiráns.  

PreferenteNorte, xornada 31

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 29

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 30

 

3ªAutonómica, Gr.2, xornada 27

 

LigaGalegaXuvenil, xornada 28

 

LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 11

Liguillacopeira, Gr.1, xornada 8

Liguillacopeira, Gr.2, xornada 8

Liguillacopeira, Gr.3, xornada 8

 

LigaGalegaCadete, xornada 28

 

1ªCadete, xornada 26

 

LigaGalega Infantil, xornada 27

 

1ªInfantil, xornada 28

 

LigaAlevínNorte, xornada 6

LigaAlevínSur, xornada 22

LigaBenxamínNorte, xornada 6

LigaBenxamínSur, xornada 22

LigaPrebenxamín, xornada 5

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Comentarios