Un talent show para o líder

07:30 03/02/17
Pode que sexa a gran proba de lume do que resta de tempada para o Corme, que visita a un Mazaricos cada vez máis metido de cheo na pelexa polo título
O campo de Mazaricos decidirá ligas
O gran xurado imaxinario da Liga da Costa debatirá o domingo sobre o candidato que máis insistentemente ten reclamado para si o título. O invicto Corme, o conxunto do pichichi da competición e do estilismo feito efectividade, visita a un Mazaricos terceiro, que pasa por ter no seu feudo unha das súas grandes virtudes e que se sabe ante unha oportunidade histórica. É o compromiso máis difícil do que lle queda de curso aos 'percebeiros' (xunto co derbi en Ponteceso), e tamén un dos rivais máis antagónicos na súa proposta futbolística. Cruzarán os dedos polo empate as outras dúas alternativas, un Baio que non o terá sinxelo no derbi do Platas Reinoso co Malpica, e un Ponteceso ante un partido trampa en Esteiro. O resto da xornada ten unha parada histórica en San Paio de Refoxos, onde Cee e Corcubión xogan un case dramático derbi, e baixo a insólita tesitura de duelo directo pola permaenncia, como tamén o é o Coristanco-Porteño da Rocheira.
Pola Preferente a palabra para o Soneira é resarcimento ou redención. A chegada do Paiosaco ao Municipal non é precisamente a forma máis sinxela de esquecer o set en branco encaixado no derbi co Xallas, pero a necesidade fala de vitoria si ou si. Pode botarlle unha man aos brancos o Sofán, que vai ao feudo dunha Sarriana penúltima e con moitas dúbidas. O Xallas, pola súa banda, tamén irá á provincia de Lugo, pero cara o Norte. O histórico Viveiro, nunha realidade semellante aos combeses, non será un prato de sinxela dixestión, nun campo amplo e que invita a xogar.
Tamén na Primeira hai obriga de triunfo para o Outes en Puebla, ante un rival directo e despois de ter compretado un mes de xaneiro con mellores sensacións que resultados, aínda que tamén cunha certa mellora no factor clasificatorio. Por Ara Solis de Fisterra pasará o imprevisible e duro Flavia, mellor equipo na casa que fóra, mentres que o líder Dumbría é moi favorito ante o Villestro. Na Esclavitud (Padrón) un triunfo deixaría ao Zas en moi boa situación de novo.
Unha abertísima Terceira terá en teoría partidos máis asequibles para Muxía (derbi en Camelle) e Ameixenda (Outes B a domicilio), os dous grandes dominadores da competición. O Cabana-Volantes de Baño pasa por ser chave na loita de 'outsiders'.

PreferenteNorte, xornada 23
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 21
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 21
LigaGalega Xuvenil, xornada 20
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 16
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 20
LigaGalega Cadete, xornada 20
1ªCadete, xornada 17
LigaGalega Infantil, xornada 19
1ªInfantil, xornada 19
LigaAlevínSur, xornada 15
LigaBenxamínSur, xornada 15LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.