luns. 11.11.2024
El tiempo

Unha Liga da Costa por ti, Guille

Unha Liga da Costa por ti, Guille

Moitas cousas deparou o merecidísimo título da Liga da Costa deste Corme 2013-2014. Unha fornada de xogadores espectacular, apoiados por 3 veteranos como Lentejo, dende o banco, e Alejandro e Miguel Torrado no campo, que repiten o título do 96. Un pobo enteiro volcado enchendo de azul a vila mariñeira bergantiñá. Un ascenso ao que este ano non renunciarán tras 22 partidos sen perder. Unha marea de ilusión, e demostración do poderío social do Fútbol da Costa.

Pero hai detalles que traspasan a fronteira do deportivo e do social, e chegan a convertirse en símbolos da vida mesma. Hoxe coñecemos unha historia tremendamente emotiva, a de Dani Cousillas e a súa dedicatoria do título.

Dani Cousillas sucesor do 3 de Alejandro no Corme-Foto-Diego Lema

Dani Cousillas é o indiscutible lateral esquerdo do Corme, digno sucesor do “3” do gran Alejandro. Na celebración do título, xa de volta de Carnota, nas rúas da vila, na mesma fonte xa tinguida de azulón, toda a familia cormelá lucía as camisola azuis preparadas para o ascenso, con ese lema “Dende 1980”. Pero nas fotos había unha cor que tinguía de morado o azul.

Dani Cousillas celebrando coa sudadera de Guille o titulo do Corme

E non é que Dani non quixese vestir a camiseta azulona, pero Dani quería vestir esa sudadera morada, esa sudadera co nome do seu irmán, Guille, falecido hai uns anos, con só 13, logo dunha complicada enfermidade. Era o seu xeito de mantelo presente, de dicirlle que este título tamén era seu. Era a súa tan persoal, fermosa e emotiva, lembranza.

Dani Cousillas coa sudadera morada do seu irman Guille

Novas relacionadas

Comentarios