Luns. 29.04.2024
El tiempo

Resultados e crónica dunha xornada que deixa ao Corme como novo Campión da Liga da Costa

Resultados e crónica dunha xornada que deixa ao Corme como novo Campión da Liga da Costa
Domingo de verán no fútbol Costeiro, digo verán, pola tarde de Sol e Calor que recorreu os campos da Costa, unha tarde de infarto con resultados que alegraban a uns e entristecían a outros, pero un día con moito fútbol. Tralas completas
  • xornadas do xoves 1 de maio coa Copa e do sábado de ponte futboleiro, este domingo vivimos encontros da Copa da Costa Infantil e de Veteráns pola mañá, e pola tarde todo o resto de encontros da xornada. Unha tarde na que o Corme se alzaba co título de 2ª Autonómica tras vencer en Carnota e despois de realizar unha tempada impresionante. Felicitacións á familia do Corme. O repaso da xornada de hoxe imos a comezala na Preferente onde o Soneira caía derrotado fronte o San Tirso logo de comezar o encontro vencendo, outro que caía derrotado era o XSC fronte o Carral na Fontenla e complicase un pouco a situación a falta de dúas xornadas para o final. O único que vencía dos nosos na Preferente era o Dumbría que se desfacía do Mugardos con solvencia e bó xogo. En canto a 1ª Autonomica, a Esteirana vencía por un apretado 1-2 fronte o Camariñas para non perder o tren desta categoria. O Baio caía fronte o Sigüeiro e non foi quen de poder botarlle unha man os de Esteiro, outro que caía derrotado por goleada era o Ponteceso que perdía 5-1 fronte o Arzúa, pero o que sí vencía era o Malpica 2-1 o Bertamiráns, un resultado que a ningún dos dous lles afecta en nada. Con respeto a nosa autentica liga, que é por excelencia a 2ª Autonomica o Corme proclamabase CAMPIÓN de Liga da Tempada 2013/2014 tras vencer por 0-1 o Carnota que lles serviría para alzarse co Titulo despois de unha tempada impresionante, unha xeración de xogadores fantasticos con unha clase formidable e unha afición fora de serie. Un encontro no que os Cormeláns viñan acompañados por unha cantidade de afición que enchía as gradas de lombáns e que levaron os xogadores en volandas hacia o triunfo, os homes de Lentejo non pasaron moitos apuros ainda que os de Cambeiro estiveron moi ben plantados no encontro, os Cormeláns vencían con un solitario gol de Alejo, mentras o Corme iba o seu, o Sofán vencía por un abultadisimo 7-0 o Corcubión e mirando de reollo a APP do futbol da Costa por si perdía o lider en Carnota. Unha das sorpresas da tarde caía en Castriz, xa que vencía a un Zas que loitou polo titulo ata fai poucas xornadas. Mentras tanto o Porteño caía derrotado na casa fronte o Cee que quere acabar a liga o mellor posible, o Outes vencía o Muros por 2-0 e manda os Muradáns a 3ª Rexional, e no ultimo encontro da xornada o San Lorenzo vencía en Muros complicandolle as cousas o Volantes de Baño que  deixa todo para a última xornada e esperando unha carambola de resultados, unha última xornada na que a nosa APP de futbol da Costa vai votar lume cos resultados en tempo real. Cos resultados dos encontros de onte e de hoxe está clarisimo que o fin de semana que ben vai ser unha xornada de autentica tensión. En canto a fase de Ascenso de 3ª Autonómica na que se enfrontaban o Seaia e o Ameixenda, o encontro terminaría en táboas 1-1 e deixando toda a tensión para o último encontro no que estará presente Que Pasa na Costa coma sempre e sobre todo nos momentos mais importantes, e este será un deles como foi o desta tarde a celebración do Titulo de Liga de 2ª Autonomica por parte do Corme. En canto os mais pequenos, esta mañá disputabase un encontro da liga Galega de Infantis polos play off de descenso onde o Dumbría caía derrotado na casa inxustamente e con unha arbitraxe que deixaba moito que desexar, anularialles un gol claro os locais e só se limitaría a sacar cartóns os rapaces de Pablo Conde. Pobrísima a labor arbitral esta mañá no Conco, por outro lado tíñamos as Semifinais da Copa da Costa Infantil onde o Cee vencía na casa do Fisterra por 1-2 e deixando a eliminatoria moi a favor dos visitantes. No outro encontro o Corme endosaballe unha goleada enorme Os Miudos que deixa o Corme prácticamente cos dous pés na Finalisima tras este 0-8 desta mañá. E por último tiñamos tamen eliminatorias da Copa da Costa de Veteráns na poucas sorpresas habería.

    Copa da Costa de Veteráns

    COPA DA COSTA

    Preferente, xornada 36

    San Tirso 3-2 Soneira
    Dumbría 4-2 Gal. Mugardos
    Xallas StComba 1-2 Carral

    1ª Autonómica, xornada 33

    Malpica 2-1 Bertamiráns B
    Arzúa 5-1 Ponteceso
    Camariñas 1-2 Esteirana
    Baio 0-2 Sigüeiro

    2ª Autonómica, xornada 33

    Mazaricos 1-2 Buño
    Castriz 3-0 Zas
    Porteño 0-2 Cee
    Volantes 0-2 San Lorenzo
    Outes 2-0 Muros
    Carnota 0-1 Corme
    Sofán 7-0 Corcubión
    Fisterra 3-2 Cabana
    • Descansa Camelle.

    Promoción de Ascenso 3ª Autonómica, Ida da Final

    1-111-05
    Seaia -  Ameixenda

    División de Honra Cadete, xornada 31 e 32

    Dumbría 1-1 Pontevedra
    Victoria 2-1 Dumbría

    Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupos 1 e 2 Norte, xornada 11

    Lugo 1-2 Dumbría
    XSC 0-2 Val do Ulla
    Dumbría 2-3 Conxo
    Val do Ulla 0-2 XSC

    I Copa da Costa Cadete, Final

    Coristanco 0 - 3 (en Zas) Fisterra

    1ª Cadete, xornada 24

    Muros 5-3 Cee
    Outes 1-1 Muxía
    Coristanco 1-3 Esteirana
    Corcubión 2-7 Cabana
    Baio 1-1 Zas
    Fisterra 0-3 Xallas StComba
    • Descansa As Baleas.

    I Copa da Costa Infantil, Ida das Semis

    Fisterra 1 - 2 Cee
    Os Miúdos 0 - 8 Corme
    • Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.

    Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 12

    Muxía 6-4 Coristanco
    EF Corcubión 0-4 Cabana
    Sofán 4-0 E.M.F. Vimianzo
    As Baleas 0-1 Corme
    • Descansa Baio.

    Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 12

    Muxía 2-2 Coristanco
    Ponteceso 0-15 Cabana
    Sofán 5-1 E.M.F. Vimianzo
    As Baleas A 1-4 Corme
    Baio 1-2 As Baleas B
    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Fonte

  • Comentarios