Un tortazo de Primeira
21:29 10/01/16
Un temporal de malas novas en forma de resultados arrasou cos equipos costeiros de Preferente e Primeira, agás no caso de Sofán e Outes
Cerqueda e Fisterra protagonizaron un partidazo en medio do temporal - Foto: UD Cerqueda
Non pudo comezar de xeito máis amargo o ano alén da Liga da Costa, onde apenas houbo resultados calificables de positivos. É o caso dunha Preferente Autonómica onde por primeira en moito tempo ningún dos representantes da zona perdeu… pero tampouco foi quen de sacar tres puntos. A vida segue igual para Xallas e Dumbría, inmersos nunha sorte de contrarreloxo coas xornadas e consigo mesmos, e no caso dos de O Conco, cun horizonte novo a propósito da chegada de Julián Ferreiro.
O tortazo sideral veu nunha Primeira Autonómica onde o motivo de orgullo Soneira levou un pau excesivo ante o Val do Ulla, nunha xornada na que as condicións exóxenas non axudaban, e que debe de quedar de lección para aprender. Axudou que o Outes fora quen de sacar un traballadísimo punto ante o Unión de Asados, que confirma a madurez dos de Roque. E tamén o gran papel dun crecente Sofán co Flavia. A recuperación do Corme ten chegado de xeito directamente proporcional á baixada dun Malpica que non é que non atope o camiño, senón que tampouco unha identidade no xogo.
Máis previsible e adiviiñable foi unha Liga da Costa onde os sete primeiros clasificados sacaron adianbte os seus partidos, e abriron unha brecha definitoria respecto ao seguinte pelotón. Os que máis sufriron foron Castriz e Fisterra, nas súas visitas a Cabana e Cerqueda. O partido de Xaviña resoltou emocionante, vibrante e con moitas alternativas en ambos lados. Por abaixo confírmase a escalada dun Volantes de Baño que da motivos para confiar na súa salvación. Máis abaixo, na Terceira Autonómica, as táboas entre aspirantes a campión, Corcubión e Laxe, non tiveron un puñetazo na mesa dun Louro que non pasou do empate en Muxía.
No que á base respecta, o Xuvenil de Lobelos e Leis recuperou a senda victoriosa ante a Residencia. Tres puntos que lle asentan na prata da categoría. Menos sorte houbo para o Cadete de Honra co Lugo.

Preferente Norte, xornada 20
Primeira Autonómica, xornada 18
Segunda Autonómica, xornada 18
Terceira Autonómica, xornada 15
Xuvenil - Liga Galega, xornada 18
| Dumbría | 2-0 | Residencia |
Cadete - División de Honra, xornada 18
| Dumbría | 1-3 | Lugo |
Xuvenil - Grupo Sur, xornada 18
Xuvenil - Grupo Norte, xornada 18
Primeira Cadete, xornada 16
Primeira Infantil, xornada 16
AlevínCosta Sur F8, xornada 14
BenxamínCosta Sur F8, xornada 14
Veteranos, 1ª División, xornada 15
Veteranos, 2ª División, xornada 15
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).