Unha de fútbol solidario


Nova xornada disputada neste comezo de decembro para arrincar unha ponte na que tamén teremos #CopadaCosta a golpe de martes.
Non foi boa a xornada para os nosos na Preferente. Só o Sofán conseguía unha sufrida vitoria que ademais rompe unha liña de 4 partidos sen degustala. Fíxoo ademais nun partido solidario que serviu de colleita de xoguetes para familias necesitadas. Para liña negativa a do Soneira, con 8 xornadas sen gañar e xa a 3 dos postos de salvación. Pola súa banda o Xallas ve truncada a súa carreira de ascenso e queda agora por debaixo do propio Ribadeo e mesmo do Sofán.
Na liña habitual o nosos da 1ª. O Dumbría segue destacadísimo, máis líder trala derrota do Tordoia, mentres que Fisterra, Zas e Outes seguen sumidos na zona baixa. 5 partidos sen gañar leva o Zas polos 9 dos da Serra.
Na Liga da Costa, Corme e Baio seguen sen parada. Os cormeláns comezaron o choque caendo 2-0 en Esteiro pero tiraron de garra e acabaron dándolle a volta ao partido. Os baieses non o tiveron tan fácil como parecía a priori vendo a táboa ante un bo Corcubión. E o que demostrou que os partidos hai que xogalos foi o Montelouro que sacou unha gran vitoria en Castriz que evita que os rossoneros manteñan o ritmo dos de arriba e lles permite dar un importante salto na táboa. Foi un choque con certa polémica, como o da vitoria do Ponteceso ao Cerqueda, que deixa aos pontecesáns mirando cara arriba. Arriba, detrás dos dous de cabeza, manteñen o nivel Mazaricos e San Lorenzo, que deron conta duns Baíñas e Laxe lonxe do seu mellor momento. Camariñas e Cee empataron se goles nun os partidos que mellor pinta tiñan, ao igual que o Buño-Coristanco, nun choque de necesidades que deixa aos dous coa auga ao pescozo.
A xornada da 3ª mantén ao Muxía xa con 8 de vantaxe, afianzándose no único posto de ascenso directo. A loita pola promoción parece que ten a Ameixenda, Nantón e Lira, como candidatos a ocupar 3 dos 4 postos, pero esa 5ª praza que dá acceso ao playoff está moi pelexada. Volantes e Castrelo teñen agora 15 puntos, polos 12 dun Cabana que parece que vai a máis tras conseguir empatar co Ameixenda, e polos 11 dun Outes B que perdeu unha boa ocasión de meterse de cheo na loita tras caer ante o Castrelo.
Cómpre destacar o triplete dumbriés nas Ligas Galegas. A máis destacada, a primeira dos Infantís, que aínda terán moito que remar para salvar a categoría.
Mentres, en Xuvenís, 5 equipos parecen claros para chegar á Liguilla dos mellores. Polo Norte, o debutante As Pedreiras (SanLorenzo), o Ponteceso e o Coristanco esperan manter a vantaxe sobre Corme e Cabana. Polo Sur, con Cee (que cedía o primeiro punto ante Os Miúdos) e Xallas practicamente clasificados, a loita pola terceira praza está entre Fisterra e Outes.
Hoxe recordamos ademais o gran comezo de temporada do Club do Mar de Veteranos, xa con 7 puntos de vantaxe sobre o Soneira tras 11 xornadas sen coñecer a derrota.
PreferenteNorte, xornada 16
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 14
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 14
LigaGalega Xuvenil, xornada 13
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 9
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 13
LigaGalega Cadete, xornada 13
1ªCadete, xornada 10
LigaGalega Infantil, xornada 12
1ªInfantil, xornada 12
LigaAlevínSur, xornada 8
LigaBenxamínSur, xornada 8LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.