Unha de Maratón ante as derrotas de fútbol sala
Había doble cita co fútbol sala feminino esta fin de semana. E ambas se saldaron con duras derrotas. Por unha banda, o Ponteceso FSF; o único equipo costeiro que queda na Copa Provincial, caía na ida semifinais ante o potente Manureva por un claro 6-1. Terao practicamente imposible o cadro de Barca para darlle a volta á eliminatoria en Ponteceso.
Ademais, voltaba a competir o Fisober despois de un mes parado, parón da Liga máis xornada de descanso. E voltaba con derrota, nun partido moi disputado, no que tivo as súas opcións, e fixo mellor partido do que finalmente reflexou o electrónico. Agora ten que sumar alomenos unha vitoria dos 3 partidos que restan, polo que a salvación está a tiro, pero non feita.
Unha de Maratón
A fin de semana tamén nos deixou a participación, con medalla, da xogadora do Fisober Barca Toba no Maratón da Coruña. A muxiá acadou un tremendo 2º posto nos 10km femininos, baixando ademais dos 39 minutos, superando a súa mellor marca e conseguindo a mínima para seguir competindo a este nivel. Barca leva preprarando este tipo de probas só dende novembro, pero vemos que ten un potencial tremendo.
Por detrás, quedaba ademais outra veciña da Costa da Morte xa habitual nas probas de atletismo a nivel nacional. Viki Fernández acada un tremendo 3º posto.
2ª División Estatal
- Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - CALCEATENSE (2-6).
- FISOBER: Paula, Elsa, Ana, Noelia e Barca; tamén xogaron: Myrella, Ylenia, Olalla e Inés.
- Goles: 0-1 Carla, 0-2 Nuria, 0-3 Clio, 0-4 Carla (descanso) 0-5 Tania, 1-5 Inés, 2-5 Barca, 2-6 Tamara.
O partido arrancou con case media hora de retraso despois de que o bus das visitantes sufrira un pequeno golpe sen consecuencias no último peaxe da autopista. Os dous equipos non puideron case facer quencemento e os primeiros minutos do partido foron de tanteo.
Sen embargo ós tres minutos chegou a primeira clara ocasión visitante. O encontro foi collendo ritmo co paso dos minutos e converteuse nun ida e volta constante con ocasións en ambas porterías. Cun Fisober moi intenso, dende a primeira ata a última xogadora pelexando cada balón.
Pero no minuto dez unha falta na frontal foi aproveitada por Carla para poñer o 0 a 1 no tanteador. Foi un mal presaxio, as locais pasaron os seus peores minutos no partido e pagárono.
Xa que no minuto doce Nuria facía o cero a dous e nese mesmo minuto era Carla a que facía o cero a tres. Moita costa que subir se querían puntuar as locais. A pesar do duro golpe non se viñeron abaixo as xogadoras do Fisober, arriscaron un pouquiño máis e seguían a ter ocasións para voltar a entrar no partido pero o gol non quería entrar. Eses riscos que tomaron e a intensidade provocou que chegaran a quinta falta demasiado cedo e tiveron o risco do dobre penalti para os últimos minutos.
Entrando no último minuto unha falta na frontal provou o temido dobre penalti e novamente Carla aproveitou a oportunidade para facer un duro e inxusto cero a catro co que se chegou o tempo de lecer.
Cun resultado tan desesperanzador as locais continuaron loitando. Ó igual que na primeira metade as ocasións sucedíanse nas dúas porterías pero parecía que solo querían entrar nunha, xa que minuto catro desta segunda metade Tania facía o quinto gol visitante. Nese mesmo minuto era Inés a que facía o primeiro gol local, pero con moita incertidume xa que parecía que non quería entrar.
O Fisober seguiu chegando e chegando sobre a portería visitante. Foron sen dúbida os mellores minutos locais, o Calceatense xa non se sentía tan cómodo pero aínda así avisaban con algunha contra. Un novo gol non chegou ata que Barca a oito para o fin facía dous a cinco. Abría unha luz para o Fisober que seguía chegando pero sen materializar e tivo opcións dun terceiro, pero as forzas xa escaseaban, notábase as semanas sen competir e todo o esforzo realizado por todas as locais sobre a pista.
As visitantes respondían a cada ocasión local, cunha delas. E a ruleta rusa rematou cando Tamara aproveitou a súa para facer o definitivo dous a seis, quizais unha diferenza demasiado abultada para o que se viu sobre o rectángulo de xogo.
Copa Provincial, ida das Semifinais
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Manureva (1-6)
- A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Silvia e Alba Marrozos.
- Goles: 0-1-.Cintia. 1-1-.Ana. 1-2-.Natalia. 1-3-.Cintia. 1-4-.Cintia. 1-5-.Natalia. 1-6-.Alba.
O Concello de Ponteceso FSF sabía que este partido non ía ser fácil e que ían ter que loitar moito para gáñalo. E a eso saíron, sen medo e intentando xogarlle ás campionas da Liga como fixeran contra o Esteiro. Empezaron atacando as visitantes, que van a pola Copa para conseguir o doblete, e a 4 minutos do comezo unha man de Martina dentro da área fai que Cintia diante ó Manureva desde o punto de penalti. Pero o Ponteceso non se iba vir abaixo tan facilmente e na xogada seguinte, despois de sacar de centro, Ana empata o partido con un bo tiro desde fóra da área. Pero non lles duraba moito a alegría, pois 3 minutos despois Natalia volvía a poñer a ventaxa no marcador tras unha boa xogada de Cristina. As xogadoras pontecesanas non deixaron de intentar subir goles no luminoso, e Carmen tuvo varias ocasións que non soubo aproveitar. Nunha xogada de ataque das locais, unha rival consigue roubar o balón e montar unha contra que acaba con Cintia metendo o 1-3. Estaba chegando o descanso e o Manureva quería levar máis vantaxe no marcador para o vestiario, pero 3 boas intervencións de Salomé fixeron que o marcador quedase como estaba no remate do primeiro tempo.
A segunda metade comezou como a primeira. O Manureva iba a polo partido intentando aumentar distancia no luminoso e o Ponteceso facía o posible por que iso non pasase e intentaba tamén acortar distancias. Ós poucos minutos, Cintia conseguía o propósito das visitantes e marcaba o 1-4. A pesar do marcador, as rapazas do Concello de Ponteceso FSF non se rendían, e tiveron varias contras e ocasións de gol que non souberon aproveitar, así como un tiro de Ana parecido ó da primeira metade, pero desta vez non entrou na portería rival. Si entrou o gol de Natalia, que poñía o 1-5 no marcador, tras unha boa xogada de combinación con Alba. Alba era a que conseguía o 1-6 a poucos minutos do pitido final. Pero non iba ser a última ocasión, posto que Natalia tivo o 1-7 desde o punto do doble penalti, pero mandou o balón fóra. A boa actuación de Salomé, que evitou varios goles en ambas partes, tamén fixo que non fosen para Arteixo cunha maior vantaxe no marcador.
O 1-6 final deste partido de ida fai que o Manureva teña clara vantaxe de cara ó partido de volta e ó pase á final da Copa, pero o Ponteceso non perde as esperanzas e o sábado enfrontará o partido con ganas de dar a sorpresa e de pasar a esa ansiada final.
Novas relacionadas
- O Ponteceso FSF, único equipo costeiro nas semifinais da Copa Provincial.
- O Ponteceso FSF toma vantaxe na Copa Provincial.
- O Fisober desbota a primeira oportunidade para asegurar a permanencia:
- O Ponteceso FSF repasa o seu terceiro ano de existencia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba e Barca.