Unha festa deportivista polo San Xoán no Pindo
Este ano, más que nunca, o deportivismo vese polas rúas da Costa da Morte. O ascenso do equipo da provincia fixo que a bisbarra teña un respiro aos "virus" merengue e blaugrana. I é que xa o comentamos polas redes sociais, pero aquela máxica noite do 27 de maio atopámonos polas rúas da vila herculina con xentes de Muxía, Camariñas, Vimianzo, Zas, Corme, Malpica, Carnota, Fisterra, Corcubión... Toda unha alegría por certo.
O caso é que Peña Deportivista activa da Costa da Morte (a Peña Archilos de Corcubión está máis ben parada) , a Peña A Moa do Pindo, xa están preparando, unha tempada máis, a tradicional festa Fin de Tempada na Boca do Rio para pechar o ano.
E a cita será a mesma noite de San Xoán, pero se celebrará ao longo do día e empatará a ferve branquiazul coas cachelas.
Estarán presentes xentes doutras peñas da provincia e mesmo xente da Federación de Peñas. Así que a festa está preparada.
Novas relacionadas
- Deporfelicidad.com: Buscando a cara máis feliz do ascenso.
- Zas vístese de branquiazul para facer o camiño.
- O Deportivo únenos polas ondas
- O Pindo tinguiuse de branquiazul .
- A Peña A´Moa do Pindo presentou a Asemblea de Peñas do Deportivo .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).