Unha finde multiorgásmica
21:38 17/01/16
O partidazo do Pinguel entre líder e perseguidor da Liga da Costa chegou con dous regalos máis: o Soneira recuperando o trono e o Xallas vencendo nun partido chave
O Pinguel vestiuse de gala para o Ponteceso-Zas - Foto: Wash Calvo
A película da fin de semana futbolística na Costa da Morte ben podería ter na súa cortinilla de peche a Aníbal do Equipo A prendendo un puro, sorrindo e confesando que lle encanta "que os plans salgan ben". E así foi. O partidazo da Liga da Costa foi un cara a cara entre pesos pesados que non se agocharon, se buscaron e se atoparon. Ademais, o Soneira pasou a reválida recuperando o seu primeiro posto na casa do seu rival máis directo, e o Xallas dobregou ao Puebla en Preferente para confirmar a recuperación.
Toda a producción dun partido do ano apareceu sobre O Pinguel: cheo no graderío, alternativas no marcador, grandes goles, grandes nomes decisivos e incluso polémica final, cun gol anulado ao Sporting Zas. Foi fiel cada equipo ao seu estilo, pero as táboas finais debuxan agora unha realidade tremenda: no 'hemiciclo' hai sete equipos que se moven nunha diferencia de dous partidos. Só pinchou o Mazaricos, que non foi quen de pasar da igualada en Coristanco. A nova triste da xornada segue a ser a situación preocupante dun Carnota sen material humano para ter fondo de banco, e sen capacidade de resposta nun partido directo co Porteño. Nesa dinámica tamén con luz vermella está un Buño ao que lle custa moito facer goles, e que dista moito do equipo das primeiras xornadas. Algo parecido lle pasa ao Ameixenda, inferior desta volta no derbi co Unión Club Cee, para quen Leo volveu ser o reventa redes.
Botando un ollo hacia arriba se iluminan os ollos de ilusión. Fixo de grande un Soneira que cando se lle necesita aparece. Venceu en Cordeiro, nun deses partidos que se lembra no balance do curso, e volve ser líder. Tiña a opción de aproveitar ese cruce directo un Sofán que en Val do Ulla non pasou da igualada. O resto da xornada de Primeira foi algo menos productiva, co Outes vencendo en Malpica a un cadro local que deixou novas sensacións, e o Corme sendo goleado en Padrón.
Subindo outro escalón, a Preferente deixa por primeira vez en moito tempo ao Xallas fóra do descenso. Os combeses venceron a un rival incómodo coma o Puebla e confirmaron esa reacción coa que levan tempo amagando. Máis compricado parece o futuro inmediato do Dumbría, de novo moi frouxo contra un rival de loita, o Estudiantil.
O descanso do Corcubión en Terceira Autonómica foi aproveiutado por Laxe e Monte Louro, aínda que no caso dos muradáns con máis problemas do agardado. O Lira e o Muxía deixaron un festival de goles entre históricos en tempos peores.
Os Dumbrías de Ligas Galegas, pola súa banda, perderon na Coruña, pero deixando unha moi boa imaxe ante xigantes coma Montañeros e Depor.

Preferente Norte, xornada 21
Primeira Autonómica, xornada 19
Segunda Autonómica, xornada 19
Terceira Autonómica, xornada 16
Xuvenil - Liga Galega, xornada 19
| Montañeros | 3-1 | Dumbría |
Cadete - División de Honra, xornada 19
| Deportivo | 2-1 | Dumbría |
Xuvenil - Grupo Sur, xornada 19
Xuvenil - Grupo Norte, xornada 19
Primeira Cadete, xornada 17
Primeira Infantil, xornada 17
AlevínCosta Sur F8, xornada 15
BenxamínCosta Sur F8, xornada 14
Veteranos, 1ª División, xornada 16
Veteranos, 2ª División, xornada 16
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).