mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª Autonómica: Unha Liga (deliciosamente) ingobernable

2ª Autonómica: Unha Liga (deliciosamente) ingobernable
A preciosa igualada entre Ponteceso e Sporting Zas abre aínda máis a loita polo título, da que só o Mazaricos patinou na súa visita a Coristanco A cantina do Pinguel volveu traballar a pleno rendemento - Foto: Wash Calvo A cantina do Pinguel volveu traballar a pleno rendemento - Foto: Wash Calvo   Ponteceso 2-2 Sporting Zas Ponteceso e Zas no Pinguel-Foto-SD Ponteceso e Zas no Pinguel-Foto-SD
  • Campo: O Pinguel
  • Ponteceso: Brais, Nando, Alberto Recarey, Dieguito, Baba, Ismael (Collazo m.46), Laik, Yago (Jose m.80), Mendieta, Adrián e Charly
  • Sporting Zas: Tívoli, Rubén Forján, Josito, Manu, Diego Fernández, Sande (Chapela m.46), Isma, Cilindro, Rubio, Dani e David Blanco
  • Árbitro: Pardiñas García (A Coruña). Amonestou a Dieguito, Charly e Collazo do Ponteceso; Rubio, Diego Fernández, Isma e Sande do Sporting Zas
  • Goles: 0-1 m.3 David Blanco; 0-2 m.32 Rubén Forján; 1-2 m.50 Adrián; 2-2 m.80 Dieguito
Alberto Recarey no Pinguel-Foto-SD Alberto Recarey no Pinguel-Foto-SD Como tiña que ser Así é un partido grande. Expectación, emoción, intensidade, alternativas no dominio e no marcador, e ata polémica final. Non defraudou a ninguén o Ponteceso-Sporting Zas, e seguramente gustou e moito ao seareiro imparcial. Se alguén voltou menos feliz foi un cadro visitante que se sentía moi superior ao descanso, e que incluso chegou celebrar un gol anulado na prolongación. Como se fosen gladiadores agardando a saltar á area do coliseo, os sportinguistas sairon a morder e a asfixiar. E o conseguiron durante un primeiro tempo de libro, no que curtaron tódalas liñas de saída e de circulación O froito tardou moi pouco en chegar: tres minutos ata que Rubio percorreu a banda e puxo un balón na cabeza de David Blanco, que rematou a gol. Non variou un ápice o prantexamento ata o descanso: liñas adiantadas e presión a todo campo. Dous avisos máis daría o Zas, ata que á media hora de novo Rubio fixo de mister catering e serviu un novo centro, esta vez a Rubén Forján, para cabecear a gol. Foi o paso polos vestiarios unha bendición para un Ponteceso que logrou sacudirse a presión a medida que baixaba o físico do seu rival. Axudaría o gol de Adrián, aos sete minutos, no que de novo os da Vila de Pondal sacaron partido da súa perfección a balón parado. Esa mesma especialidade acabaría por darlle a igualada, nunha falta lonxana de Dieguito. Tívoli, que en principio agardaba un centro, cedeu o seu pau. E cunha igualada insospeitada nos primeiros minutos se chegaría á xogada final. Un balón colgado que Isma remata a gol. A xogada foi invalidada por fóra de xogo, aínda que o trencilla xa pitara co balón no aire. Os visitantes reclamaron moito a legalidade do tanto. A mellor nova para o Ponteceso foi verse tan abaixo ao comezo, e amosar unha vez más que é capaz de sacar forza para resistir. Este é o gol de Dieguito para o Ponteceso: [fbvideo link="https://www.facebook.com/pontecesosd/videos/1739863056245766/" width="650" height="400" onlyvideo="1"] - Así o viron os técnicos: Barca (Ponteceso) : "A primeira metade foi totalmente do Sporting Zas; pasaron por encima de nós en canto a intensidade e pode que o pagasen na segunda. Cando fomos presionar máis arriba nós cambiou moito a película do encontro. O gol do minuto 94 non se pode protestar, porque o árbitro xa pitara antes de rematar" Vìctor Pazos (Sporting Zas): "Os adestradores non somos moi obxectivos, pero creo que merecemos máis. Se a xogada do gol do final é fóra de xogo, hai que velo cunha lupa. Eles, a base de balón parado, foron botándose arriba e sacando petróleo. Na primeira parte si que fóramos moi superiores"   Ameixenda 0-3 Unión Club Cee
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Ameixenda: Maikel (Campos m.53), Jorge, Demetrio, Bruno, Samuel, Jesús, Momaño (David m.41), Serginho (Rafa m.70), Mario (Grille m.86), Borja (Trillo m.82) e Álex
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Chiru, Jacobo, Borja, Pereira, Esteban (Iago m.89), Aitor (Piquero m.76), Leo, Penedo (Álex m.53) e Dani Picallo (Jorge m.82)
  • Árbitro: Giráldes Teixeira (A Coruña). Amonestou a Jesús do Ameixenda; Pereira, Esteban e Nico do Unión Club Cee Goles: 0-1 m.44 Leo; 0-2 m.53 Leo; 0-3 m.89 Leo
Picadillo de Picallo Tres goles de Leo desequilibraron a segunda edición do derbi ceense, que nesta ocasión caeu do lado histórico. Non é o Ameixenda o equipo vivo e sorprendente de comezo de curso, nin o Unión ten as dúbidas de entón. O resultado, pode que excesivamente desequilibrado, si reflicte a capacidade de xerar perigo. Xusto antes do descanso, e tras un mal despexe, Leo empezaba a desequilibrar un choque que case quedaría resolto á volta de vestiarios. O corcubionés, esta vez, utilizaría a testa para ampliar diferencias. Xa sen historia, e a piques de rematar, un pase de Piquero para a picada do eterno 'serial killer' serviría para un hat trick máis na súa carreira e de peche a un derbi no que o Ameixenda seguiu a buscarse a si mesmo.   Coristanco 0-0 Mazaricos
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Herrera, Álex, Adrián, Añón, Gonzalo, Pena, Rubén (Lagoa m.53), Pablo, Alexis (Damián m.65), Cristian e Iván
  • Mazaricos: Miguel, Miguel Riveiro, Marcos, Matías, Ramón, Ricardo, Ferreiro (Ramón m.55), Estéfano, Brais, David e Chenel
  • Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Amonestou a Pena, Álex e Lagoa do Coristanco; Ricardo do Mazaricos
Incumprimento de guión Non entraba nos plans do Mazaricos un pinchazo, xusto na semana na que a revelación da tempada podería ter recortado distancias coa cabeza. Custoulle moito aos de Néstor Romero entrar no partido fronte a un Coristanco moi xuntiño, ben prantado e que lle aguantou sen problemas o de ti a ti. Non houbo apenas oportunidades claras durante os primeiros corenta e cinco minutos, aínda que os locais si ameazaron máis. Apareceu a cara boa do Mazaricos a raíz do paso por vestiarios, e se Chenel e David tivesen unha tarde habitual, tería sido outro o desenlace. Chenel, tras un pase atrás de Estéfano, e David, pese a regatear a Herrera, dispuxeron das dúas máis claras.   Porteño 4-0 Carnota A Grixa non presentaba o seu mellor aspecto - Foto: Porteño A Grixa non presentaba o seu mellor aspecto - Foto: Porteño
  • Campo: A Grixa
  • Porteño: Martín, Caamaño, Gabri (Marquiños m.18), Adrián (Manuel m.72), Pejo, Jorge, Quilmes, Doyle, Iago (Rodri m.70), Cachi e Canosa (Wii m.78)
  • Carnota: Andrés, Tono da Caixa, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Nakata, Raúl (Oli Bermejo m.64), Jose (Oreiro m.64), Pumuky, Miguel e Manuel Ángel
  • Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Amonestou a Marcos, Cristian e Cachi do Porteño; Adrián, Miguel, Óli Bermejo do Carnota
  • Goles: 1-0 m.21 Canosa; 2-0 m.32 Iago; 3-0 m.82 Pejo; 4-0 m.88 Pejo
O mellor Porteño si sabía o que había en xogo Necesitados e con agobios na táboa, Porteño e Carnota teñen compartido males comúns esta tempada. E no día no que cruzaban os seus camiños só os da Ponte do Porteño responderon con fiabilidade. Apenas houbo incertidume nun encontro monologal e que empezou a rachar moi cedo, tras unha boa xogada persoal de Canosa. Aumentaría distancias Iago, entrando decidido a un balón ao segundo pau. E despois de que Marquiños, entre outros, marrase a sentencia, apareceu a xigantona figura de Pejo para pechar un resultado contundente. Primeiro, tras unha falta lateral botada por Quilmes, e pouco despois tras tirar unha parede e resolver 'beckenbaureianamente' ante Andrés.   San Lorenzo 5-0 Camariñas
  • Campo: As Pedreiras
  • San Lorenzo: Javi Souto (Puyol m.65), Isaac, Adrián, Rudi (Juanjo m.18), Rubén, Álex Taibo (Álex Figueiras), Anxo, Parafita (Kevin m.55), Fuentefría, Dani Pena e Luis
  • Camariñas: Pablo, Vicente, Kevin, Soule, David, Yuyo, Brais (Sergio m.69), Pablo Espiñeira (Brandon m.48), Nico, Carlos Meu Lar e Maikol
  • Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Amonestou a Rudi e Anxo do San Lorenzoi
  • Goles: 1-0 m.25 Luis; 2-0 m.36 Luis; 3-0 m.56 Fuentefría; 4-0 m.68 Fuentefría; 5-0 m.71 Luis
Un cambio de fogar do máis pracenteiro Non lle afectou demasiado iso de mudarse das Pedreiras rumbo a As Eiroas a un San Lorenzo de Verdillo que non deu opción á sorpresa do Camariñas. Os visitantes, tan novos como inocentes en ocasións, non conectaron ata que o choque estaba resolto. Luis, protagonista con tres tantos, abriu a conta tras un pase de Parafita. Unha acción desafortunada de Pablo deixaría en bandexa o segundo do atacante carballés e prácticamente sentenciou. O segundo acto serviu para a reivindicación de Fuentefría como gran chegador e para pechar a conta de Luis. A peor nova para o San Lorenzo foi a lesión de Rudi.   Baíñas 5-0 Cabana
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Baíñas: Sergio, Matías, Cartliños, Mario, Jorge Calvete, Cristian (Jaime m.65), Canay (Dani Casal m.51), Javi Suárez, Eloy Cabeza, Alemán e Migueliño (Pablo Rey m.61)
  • Cabana: Adrián (Darío m.86), David Varela, Raúl, Isma, Jose, Adrián Rama, José Manuel (Diego m.80), Fernando (Álex m.52), Santi (Christian m.73), Mickael e Adan (Samuel m.70)
  • Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Amonestou a Migueliño do Baíñas; Isma e David Varela do Cabana
  • Goles: 1-0 m.19 Eloy Cabeza; 2-0 m.39 Javi Suárez; 3-0 m.61 Javi Suárez; 4-0 m.82 Mario; 5-0 m.83 Mario
Non fixo sangue A pesares do abultado do resultado, o Baíñas non fixo excesiva sangue ante un Cabana moito máis inexperto e que apenas prantou alternativa ao dominio vimiancés. Un tiro lonxano de Eloy Cabeza e un remate de Javi Suárez tras unha boa acción por banda manda mandaron o partido ao vestiario con dous goles de diferencia. Sobrou un segundo acto onde máis destacado foi o gol fabricado polos irmáns Casal: falta executada por Dani e gol de Mario.   Fisterra 6-1 Volantes de Baño
  • Campo: Ara Solis
  • Fisterra: Ángel, Santi (Rubia m.60), Breixo, Adrián, Roco, Mané (Javi m.77), Bruno, Guardiola (Pablo Lestón m.52), Roa (Munitis m.62), Cote e Julito (Piti m.72)
  • Volantes de Baño: Rubén Santos, Juan do Sivil, Pablo, Álvaro, Javi, Pardelo, Andel, Mou, Álex, Ivi e Iago
  • Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Piri do Fisterra; Pablo do Volantes de Baño
  • Goles: 0-1 m.18 Ivi; 1-1 m.30 Mané; 2-1 m.59 Bruno; 3-1 m.67 Pablo Lestón; 4-1 m.74 Adrián; 5-1 m.84 Bruno; 6-1 m.90 Javi
O partido que árbitro non mirou Por segunda vez esta tempada, un partido do Fisterra é narrado de forma paralela polo árbitro no acta: para Gesto Moral, o Volantes de Baño non marcou, o Fisterra empezou o partido con dez homes e o resultado foi 6-0. En realidade, o home que falta no acta, e que foi titular, é o Xuvenil Breixo. Os muradáns si marcaron, de feito empezaron gañando por 0-1, cun bo gol de Ivi. E o resultado non foi 6-0, evidentemente, senón un 6-1 sen demasiada historia máis alá da que inventou o trencilla.   Buño 0-1 Esteirana
  • Campo: Xaviña
  • Buño: Toni, Miguel Dourado, Fran Borrazás, Dimitri, Eloy (Canedo m.35), Gurita (Emilio m.46), David, Dani Calvete, Jorge (Richard m.73), Víctor e Antelo
  • Esteirana: Roberto, Simón, Damián Suizo, Rafa, Martín, Álex, Adrián, Pablo (Damián m.73), Eloy (Iker m.80), Codesido e Tobío (Marcos m.39)
  • Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña). Expulsou a David Dourado (m.62) do Buño. Aonestou a Víctor, Miguel Douradio, Fran Borrazás, Jorge do Buño; Rafa, Damián Suizo e Marcos da Esteirana. Tamén expulsou no banco a Cristian, do Buño
  • Gol: 0-1 m.12 Álex
Álex deixa moi tranquila á Esteirana A pesares da xuventude do grupo e dos problemas físicos e posterior marcha de Róber, a Esteirana ten a tempada prácticamente solucionada e navega pola zona tranquila. Sufriu en Buño, nun partido intenso e que decidiu Álex, un xoven 'veterán'. Os oleiros acumulan cinco derrotas consecutivas e un punto dos últimos dezaoito. O novo técnico, Mauro, aínda non celebrou unha victoria.   Castriz 3-1 Cerqueda O Castriz e o Cerqueda xogaron un bonito encontro O Castriz e o Cerqueda xogaron un bonito encontro
  • Campo: San Pedro
  • Castriz: Añón, Dani Martínez (Pastoriza m.67), Martín Uruguaio, Darío Capelo, Álex Flores, David Agra (Sergio m.89), Jose, Fabián, Martín, Diego Maneiro e Alejandro
  • Cerqueda: Diego, Sergio, John (Juanjo m.55), Uru (Javi m.68), Dani, Jonás (Eloy m.50), Fernandito, Manu (Brais m.65), Darío, Lorenzo e Luchi
  • Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Expulsou a Fabián do Castriz (m.52). Amonestou a Dani Martínez, David Agra e Darío Capelo do Castriz; Fernandito, Javi Gemelo e Uru do Cerqueda
  • Goles: 1-0 m.11 Álex Flores; 1-1 m.18 Fernandito; 2-1 m.24 Jose; 3-1 m.84 Darío Capelo
Dura proba que supera o Castriz Contra un rival intenso, e que xogou media hora en superioridade numérica, o Castriz sacou adiante un deses partidos con tendencia a perigoso que tiña marcado no calendario. O gol madrugador de Álex Flores, tras aproveitar un erro do árbitro no saque de banda e o despiste defensivo visitante, parecía debuxar unha tarde cómoda. Pero non tardou Fernandito en igualar cun libre directo desde a frontal do área. De novo Álex Flores, moi dinámico, foi protagonista antes do descanso, ao asistir a Jose para facer o segundo. Apretaría o Cerqueda nunha reanudación na que xogou boa parte do tempo cun máis. E cando máis arriba se viña acabou por afundirse cun erro defensivo que castigaría Darío en forma de gol. [fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/1018321114897936/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]  

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios