Mércores. 17.07.2019
El tiempo

Unha medalla de Jorge Quintáns salva un mal Campionato de España do CDM Piragüismo Dumbría

Unha medalla de Jorge Quintáns salva un mal Campionato de España do CDM Piragüismo Dumbría
Jorge Quintans en Le Seu Jorge Quintáns en Le Seu

Con grandes expectativas viaxaba a expedición do CDM Piragüismo Dumbría ao Parque Olimpico de La Seu d ́Urgell, onde se Campionatos de España de Slalom. Pero volveu coa sensación de ter perdido unha gran ocasión de facer traer unha manchea de medallas. Finalmente, só Jorge Quintáns conseguiu subir ao podio, despois dunha fin de semana pragada de erros individuais e dalgunha que outra polémica decisión arbitral.

Como dicimos, a nota positiva (aínda así con agrio sabor) protagonizouna Jorge Quintáns, que se metía na final dos campeonatos, na que se tivo que conformar coa medalla de bronce despois dunha dubidosa arbitraxe. Máis grave foi a penalización de 50 segundos que sufríu na manga preliminar, que acabou coas posibilidades do vimiancés de acadar un posto no equipo nacional xuvenil que vai acodir aos Campionatos de Europa, o seu gran obxectivo nestes campionatos.

O vimiancés Jorge Quintáns, á dereita no podio de Le Seu O vimiancés Jorge Quintáns, á dereita no podio de Le Seu Lorena Costa en Le Seu Lorena Costa non tivo o seu día en Le Seu

Pola súa banda, Lorena Costa, despois duns máis que cansados Campionatos do Mundo de I,Vrea, e aínda que non facía unha mala baixada de preliminares, quedaba fóra nunha repesca pola que non merecía ter que pasar. Lorena xa tiña a sua tempada feita a pesar do disgusto natural de quedar fóra da final nun Campionato de España.

Tamén participou Iago Canosa, que arrincou moi ben, cun gran segundo posto entre os sub23, pero que errou nas semis, o mesmo que lle pasou a Marcos Sánchez Cancela.

O resto da representación do club, o canoista senior Marco Oreiro, e os kaiakistas Brais Perez e Francisco Romar, a pesar de non facer un mal papel, non foron quen de pasar o corte do sábado.
Finalmente, o CDM Piragüismo Dumbría acadou un máis que correcto 8º posto por clubs.

Brais Perez en Le Seu Brais Pérez en Le Seu

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-padeixeira-costeira-lorena-costa-rama-participa-coa-seleccion-espanola-nos-campionatos-do-mundo-de-slalom-junior/

Comentarios