mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª Autonómica: Unha oligarquía de sete

2ª Autonómica: Unha oligarquía de sete
Racha, e parece que definitivamente, o grupo dos de sete de cabeza co resto dunha táboa que evidencia moitas das diferencias que se ven cada semana nos campos; o gran invitado da xornada foi o temporal Baba en Esteiro O Ponteceso non perdoou en Esteiro-Foto-SD Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com   Carnota 4-2 Ameixenda Campo: Lombáns Carnota: Peipo, Tono da Caixa, Pumuky, Jose, Pedro de Pichín, Nakata, Raúl, Oreiro (Bernardo m.72), Oli Bermejo (Alexis m.80), Miguel e Manuel Luis Ameixenda: Maikel, Jorge, Grille (Trillo m.64), Momaño, Samuel, Jesús, Serginho (Rafa m.57), Bichiño, Mario (Javichu m.59), Borja e Demetrio Árbitro: García Gómez (A Coruña). Amonestou a Pumuky e Raúl do Carnota; Rafa do Ameixenda Goles: 1-0 m.9 Raúl; 2-0 m.23 Oli Bermejo; 2-1 m.26 Borja; 3-1 m.55 Jose; 4-1 m.62 Oreiro; 4-2 m.73 Borja Estabilidade para o Carnota O empate contra o San Lorenzo e a victoria fronte ao veciño Ameixenda alivian e moito a situación da Unión Deportiva Carnota, que compretou un dos seus mellores partidos do curso. Un tiro desde o borde do área de Raúl e un cabezazo de Oli Bermejo debuxaron un panorama moi favorable para os locais, que ademáis agravaron a realidade dun cadro ceense xusto de xogadores e de forzas (a próxima fichaxe ou retorno de Bruno axudará a solucionar o problema). Foi un espellismo o tanto de Borja case despois do 2-0, tras unha boa xogada persoal. Máis pegada e máis seguridade defensiva marcaron a diferencia para un Carnota que pechou o choque no segundo acto.   Esteirana 1-3 Ponteceso Campo: José Luis Vara 11 da Esteirana ante o Ponteceso-Foto-SD 11 da Esteirana ante o Ponteceso-Foto-SD Esteirana: Manuel (Róber m.68), Eloy, Rafa, Iker (Simón m.58), Adrián, Pablo, Eloy Campos, Codesido, Jaime (Xian m.68), Marcos (Brais m.65) e Dani Rama 11 do Ponteceso no Xose Luis Vara-Foto-SD 11 do Ponteceso no Xose Luis Vara-Foto-SD Ponteceso: Xurxo, Collazo, Charly, Laik (Márquez m.67), Juanma, Baba, Mendieta, Iago (Regueiro m.68), Nando, Dieguito (Iván m.81) e Martín Puente (Alberto Recarey m.60) Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Eloy e Rafa da Esteirana; Baba do Ponteceso Goles: 0-1 m.33 Laik; 0-2 m.48 Mendieta; 0-3 m.68 Alberto Recarey, de penalti; 1-3 m.78 Brais Verdes e maduros Comezou con éxito e sobriedade a segunda volta dun Ponteceso que se enfrontaba a un coetáneo. Sen embargo, tódalas virtudes e complementos de madurez dos de Barca é precisamente o que lle falla a unha Esteirana con bos mimbres pero sen pegada. Dous remates tras saques de curruncho, un antes do intermedio e outro xusto despois, puxeron terra de por medio para un choque que sentenciou Alberto Recarey tras claro penalti sobre Mendieta. O campo, impracticable, obrigou ao fútbol directo. Debutou co Ponteceso o Cadete Iván. Ponteceso-Esteirana-Foto-SD Ponteceso-Esteirana-Foto-SD   Mazaricos 2-0 Porteño Mazaricos-Porteño-Foto-Porteño Mazaricos-Porteño-Foto-Porteño Campo: Peña do Ouro Mazaricos: Iván, Chico (Miguel Riveiro m.46) Martín, Ramón, Tuco (Marcos m.60), Ricardo, Ferreiro, Estéfano, Brais, David e Molinos (Chenel m.60) Porteño: Martín, Jose Manuel, Gabi, Adrián, Caamaño, Jorge, Quilmes, Cachi (Mario m.68), Iago (Fabio m.53), Marcos e Jose Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Amonestou a Tuco e Estéfano do Mazaricos; Jose do Porteño Goles: 1-0 m.31 Estéfano; 2-0 m.52 David Apúntase a outra Comezou igual que despediu o ano un Mazaricos convertido en sorpresa da Liga da Costa, e que contra o Porteño cumpriu co seu papel de favorito. Con só trece homes na lista, os da Ponte do Porto competiron moi dignamente e mesmo se estrelaron contra o longueiro nun primeiro acto moi igualado. Desfixo o equilibrio Estéfano, que tras unha parede con Brais resolveu a gol cun tiro cruzado. Xa no segundo tempo, e cos visitantes menos perigosos, David pechou o resultado tras un bo control no área porteñista. O tempo non colaborou nun dos poucos campos que quedan de herba natural.   Unión Club Cee 0-3 San Lorenzo Fuentefría e Penedo posan co colexiado do Cee - San Lorenzo, con Jorge Parri na cámara Fuentefría e Penedo posan co colexiado do Cee - San Lorenzo, con Jorge Parri na cámara Campo: San Paio de Refoxos Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Chiru, Aitor (Llanero m.55), Borja, Pereira, Esteban, Álex, Leo (Jorge m.80), Penedo (Xabi m.60) e Rubén (Isma m.85) San Lorenzo: Javi Souto, Isaac, Adrián Varela, Rudi, Juanjo, Álex Taibo (Anxo m.73), Álex Figueiras, Parafita, Fuentefría, Dani Pena (Kevin m.75) e Luis Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Penedo do Cee; Álex Taibo do San Lorenzo Goles: 0-1 m.60 Rudi; 0-2 m.70 Luis; 0-3 m.83 Fuentefría Desde Verdillo Tres carballeses cion pasado no Bergantiños selaron a victoria do San Lorenzo en Cee, onde o temporal afectou menos que en otros campos debido ao notable aguante do terreo de xogo. Ben podería ter sido outra a película do encontro se, aos dez minutos, Leo non tivera marrado un penalti ante Javi Souto, que lle adiviñou a intención. Decreceu progresivamente o Unión, ata manterse no choque grazas á falta de puntería visitante. Xa no segundo acto, e ao cuarto de hora, Rudi abría o marcador tras aproveitar o rexeite dun saque de curruncho. Unha xenialidade de Luis, con tiro desde fóra do área, e un contragolpe levado polo extremo e con finalización de Fuentefría, puxéronlle a puntilla a un encontro marcado en Verdillo.   Camariñas 0-1 Baíñas O Baíñas impúxose en Camariñas - Foto: Camariñas O Baíñas impúxose en Camariñas - Foto: Camariñas Campo: Hermanas Patiño Camariñas: Pablo, Kevin, Maikol, Moriño, Soule, Vieites (Sergio m.72), Yuyo, Brais (Pablo m.51), Vicente, Paco e David (Rodrigo m.57) Baíñas: Joselu (Sergio m.46), Tantán, Carliños, Matías, Mario, Jorge Calvete, Esteban, Eloy (Dani Casal m.57), Javi Suárez (Samuel m.88) Pablo Muíño (Cristian m.86) e Eloy Cabeza Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Soule, Moriño, Vieites, Paco e Sergio do Camariñas; Mario, Pablo Muíños e Javi Suárez Gol: 0-1 m.48 Jorge Calvete De seis en seis con J6 Jorge Calvete, alias J6, volveu decidir tres puntos a prol dun Baíñas que se nega a renunciar á loita polo título. Cun Camariñas ben prantado e co meta Pablo en plan estelar salvando ata catro oportunidades claras de gol, os de Vimianzo confirmaron a tendencia de todo o curso: sobriedade defensiva, dominio no xogo e pegada limitada. Un rexeite valeu tres puntos. Debutou o menor dos Casal, Dani, que estrelou un libre directo na cruceta. Os locais reclamaron un penalti.   Cabana 2-3 Castriz Campo: As Redondas Cabana: Víctor (Adrián m.85), David Varela, Raúl, Isma (Reigia m.60), Grille (Adan m.77), Jose, Adrián Rama (Samuel m.75), Fernando, Santi Mickael e Jose Manuel (Christian m.71) Castriz: Añón, Sergio, Alejandro, Martín Uruguaio, Alberto (Adrián m.75), Darío Capelo, Álex Flores, Bolón, Fabián, Iván Pastoriza e Martín Árbitro: Zas Vázquez (A Coruña). Expulsou a Bolón (m.83) do Castriz. Amonestou a Isma do Cabana; Alejandro, Alberto, Álex Flores do Castriz Goles: 1-0 m.16 Santi; 1-1 m.30 Álex Flores; 2-1 m.38 Santi; 2-2 m.68 Bolón; 2-3 m.78 Darío Capelo Outra máis que se lle vai ao Cabana Pasouno mal, moi mal, o Castriz para sacar tres puntos que sobre o papel deberían ter sido máis asequibles. Un Cabana moi oportunista sorprendeu no primeiro acto. Os de Tono leron mellor o encontro e meteron para dentro as dúas claras que tiveron. O décimo e undécimo gol de Santi esta tempada decidiron. Melloraron os combeses nun segundo acto no que quedaron con dez, pero unha acción de oportunista de Darío Capelo, tras un balón morto no área, resolveu unha traballada victoria.   Cerqueda 3-4 Fisterra Campo: Xaviña (Buño) Cerqueda: Diego Dourado, Sergio (Jonás m.50), Uru, Pazos, John (Luchi m.59), Dani, Manu, Lorenzo, Darío, Brais (Eloy m.71) e Martín (Javi Gemelo m.65) Fisterra: Ángel (Julito m.77), Rubia, Manuel Cartamil, Breixo, Roco, Guardiola (Santi m.73), Adrián, Pablo Lestón, Bruno (Munitis m.89), Roa e Cote Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Amonestou a Martín, Jonás do Cerqueda ; Rubia e Santi do Fisterra Goles: 1-0 m.5 Lorenzo; 1-1 m.44 Pablo Lestón; 1-2 m.46 Bruno; 1-3 m.60 Adrián; 1-4 m.67 Adrián; 2-4 m.76 Luchi; 3-4 m.88 Javi Desas victorias que se lembran Sacou adiante unha saída trampa o Fisterra, que ante un Cerqueda aguerrido foi quen de voltear o marcador e aguantar unha vantaxe que case se lle esfuma. Empezaron a pedir de boca os locais, cun gol de Lorenzo tras unha boa xogada e centro de Brais. Coa idea de aguantar e matar á contra, os de Emilio Uzal sufriron un acoso durante minutos. Bo trato de balón do Fisterra, aínda que sen puntería. Foi decisiva e psicolóxica a forma de reaccionar. Un suspiro antes do intermedio, Pablo Lestón aproveitou un erro de marcaxe tras un saque de banda para facer o 1-1. E nada máis voltar dos vestiarios Bruno castigaba con gol unha perda de Manu. Co marcador a favor, apareceu o oportunismo de Adrián para case que sentenciar o encontro. Resucitaron os de Emilio, que pediron un penalti por mans e firmaron dous golazos que aínda así serían insuficientes.   Volantes de Baño 3-2 Buño Campo: Eleuterio Balayo Volantes de Baño: Rubén Santos, Javi, Mou (Sergio m.64), Juan do Sivil, Tiko (Iago m.52), Roi, Cajulo, Pablo, Ivi, Andel e Yanky Buño: Toni, Miguel Dourado, Pablo, Dimitri, Eloy, Emilio, Fran Borrazás, Dani Calvete, David Dourado, Gurita e Antelo (David Álvarez m.72) Árbitro: Vázquez Veiras (A Coruña). Amonestou a Yanky, Ivi e Juan do Sivil do Volantes de Baño; Pablo do Buño Goles: 1-0 m.5 Andel; 1-1 m.8 Antelo; 1-2 m.52 Gurita; 2-2 m.69 Yanky; 3-2 m.90 Cajulo 'Cajunudo' Unha remontada de fe deulle unha alegría a un Volantes de Baño que co paso dos partidos medra e medra, e que dista moito daquel equipo que debutara goleado en Liga. Esta vez a víctima foi un Buño escaso de efectivos, recursos e confianza. Un golazo de longa distancia de Andel abriu un marcador que daría varias voltas. Antelo e Gurita, este xa no segundo acto, encarrilaban a que tería sido primeira victoria de Mauro no banco. Pero o gozo quedou nun pozo. Yanky, tras pase de Ivi e no man a man co porteiro, poñía de novo as táboas. A remontada compretouna Cajulo, xa no último minuto, cunha vaselina de clase tras un mal despexe de Toni. Curiosamente, este partido permanece coma 4-2 en lugar de 3-2 na Federación Gallega de Fútbol, que lle da dous goles a Cajulo no mesmo minuto.   Sporting Zas 5-0 Coristanco Campo: San Andrés Sporting Zas: Bugy, Martín, Josito (Carlos m.60), Manu, Diego Fernández (Dieguiño m.52), Rubén, Cilindro (Pablo Fuentes m.66), Isma (Adri m.52), Rubio (Sande m.68), Dani e David Blanco Coristanco: Herrera, Lagoa, Mato, Toni, Gonzalo, Ibi, Rubio (Samuel m.53), Johny (Mallón m.76), Iván, Magobi, Damián Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Goles: 1-0 m.34 Dani; 2-0 m.37 Diego Fernández; 3-0 m.49 David Blanco; 4-0 m.82 David Blanco; 5-0 m.83 David Blanco Non dubida o líder Partido de guante branco para un Sporting Zas que non tivo demasiados problemas co Coristanco. En tres minutos antes do descanso quedou case resolto o choque. Dani, tras un pase ás costas da defensa, e Diego Fernández, ao interceptar un mal pase do rival, levaron a tranquilidade a San Andrés. Desmelenouse no segundo acto David Blanco, que acadaría o hat trick. Tres movementos de home de área lle serviron para chegar ata os 23 goles marcados.  

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios