Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Unha prata galega para o taekwondo ceense

Unha prata galega para o taekwondo ceense

O Club Taekwondo Arte e Movemento volve da final autonómica da Copa Xunta de Galicia 2011, con unha prata lograda por Cristian López Vieira de 15 anos e veciño de Cee. Wste resultado é moi bo, pero tamén o son os 4º e 5º postos obtidos polos demais deportistas do clube que disputaron esta competición.

Xa o feito de poder participar significaba para os deportista da provincia de A Coruña, que lograran clasificarse na fase provincial, e para iso tiveron que lograr o podio entre 25 deportistas en cada grupo.

Máis citas

Este sábado 26 de novembro celébrase en Noia a competición máis importante para o taekwondo galego na modalidade de combate. Trátase do Campeonato Galego absoluto de combate.
O Club Arte e Movemento presentará a dous deportistas: Juan Luis Lista (Muxia) e Uxia Gonzalez (Vimianzo).
Ambos deportistas teñen o cinto marrón pero nesta competición competirán sin distinción de cintos, competindo contra cintos negro d...e altos dan. Por iso é o Campeonato Galego Absoluto.

Ambos rapaces chegan a esta competición sen ambición de lograr altos postos, pero coa mellor das disposicións, xa que os dous mozos con 16 e 15 anos respectivamente aprenderán moito durante toda a xornada. Competirán contra Campions Galegos, Campions de España, de Europa e do Mundo, xa que o Taekwondo Galego logrou dististos títulos ó largo dos últimos anos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios