Martes. 08.10.2024
El tiempo

Unha remontada épica para soñar

Unha remontada épica para soñar
Volei Dumbria remontou contra o Badajoz na casa Un carrusel de emocións están sendo estas primeiras xornadas da SuperLiga 2 para o Volei Dumbría. Da euforia da estrea, pasando pola volta á realidade dunha categoría implacable, a volver a soñar trala remontada espectacular que protagonizaban os de Charli este pasado sábado no pavillón do Conco. Chegaba o Hotel Rio Carnaval de Badajoz e a xa enganchada afección dumbriesa non fallaba e arroupaba aos seus. O cadro local amosábase algo nervioso, como na primeira xornada, e durante os primeiros sets cometeron demasiados erros no saque e no bloqueo. 0-2 se puña o partido. Cambiou o conto completamente co comezo do 3º set. O público comezou a arengar aos seus e cos saques de Pablo Touriñán e Dani Muñoz e a fantástica aportación nos ataques da fichaxe do curso, Néstor Jerez, o Volei Dumbría colocaba o 1-2 no marcador. Costou máis o cuarto set, ante un Badajoz que non quería chegar ao definitivo vendo como se estaba poñendo o pavillón. Pero os locais souberon reaccionar e mandar o partido ao tie break. Arrincaba o último set cun 0-4 que só provocou a reacción ao completo de pavillón e equipo. Pablo Touriñán endosaba varios saques consecutivos e conseguía dar a volta ao partido para rematar cun 15-11 que quedará para a lembranza de toda a familia dumbriesa.

Vindeira cita

Os dumbrieses, 5 puntos, tras 2 vitorias de 2 puntps (por 3-2), unha derrota dun punto (por 3-2) e outra de cero puntos (por 3-0), quedan na 6ª praza, superando ao propio Badajoz.   O vindeiro sábado 5 de novembro, visitan o pavillón municipal de Lugo para enfrontarse, ás 20:00h, ao Emeve.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios