Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Unha sorpresa para Vinto

Unha sorpresa para Vinto
Vinto cas velas do seu50 cumpleanos-Foto-Fran Figueroa Vinto cas velas do seu50 cumpleanos-Foto-Fran Figueroa O presidente dos Miudos, Vinto Tajes, foi homenaxeado en Muros cunha festa sorpresa polo seu 50 cumpleanos. Ninguén da escola deportiva Os Miudos quixo faltar á cita: membros da xunta directiva, adestradores e xogadores das diferentes categorías, así como nais e pais dos futbolistas encheron a “cantina” do campo de fútbol de Muros "Eleuterio Balayo", lugar escollido pola organizadora do acto, Mayka González, para esta celebración. vinto-co-escudo-dos-miudos vinto-abrindo-agasallos Vinto, que estivo arroupado por Manola (a súa dona) e polos seus fillos (Manuel e Vinto), recibiu agasallos e parabéns de todos os asistentes pero, tamén, doutros amigos que, por motivos laborais, non puideron asistir. Neste sentido, foron especialmente emotivas as palabras de Lito Lestón (presidente do club de remo da localidade) quen, a través dun vídeo, exaltou o magnífico traballo que o homenaxeado está a facer cos rapaces de Muros. Vinto, nun improvisado discurso, agradeceu emocionado as múltiples mostras de afecto. Este diario súmase ao merecido tributo que Muros lle brindou a este incansable traballador do fútbol base, e deséxalle éxitos a el e aos Miudos, para os novos proxectos. vinto-presidente-dos-miudos

Fonte

  • Reportaxe de Domingo Guerra para Quepasanacosta.

Comentarios