Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha vitoria e unha derrota na primeira viaxe do curso para o Volei Dumbría

Unha vitoria e unha derrota na primeira viaxe do curso para o Volei Dumbría
Os cadetes de Volei Dumbria en Teis

Primeira viaxe do curso para o Volei Dumbría, desta volta a Vigo, que se saldou cunha vitoria dos cadetes e una derrota das infantís.

  • Cadete masculino: Teis - Voleibol Dumbría 0-3 (14-25/14-25/19-25).

Vitoria fácil para os dumbrieses que dominaron o encontro en todas as facetas do partido o que aproveito o adestrador para probar alternativas no xogo. Con esta vitoria o equipo mantense na cabeza da clasificación.

  • Infantil femenino: Teis - Manuela Rial Mouzo 3-0 (25-22/25-17/25-23)

Partido igualado pese a ventaxa demostrada polas viguesas no resultado final, xa que as xogadoras do Manuela non aproveitaron as ventaxas que tiveron no marcador e nos momentos decisivos do partido non superon competir coma facia falta.

Vindeira xornada

Esta fin de semana as infantís do Manuela Rial viaxan a Noia para enfrontarse o conxunto noies o sábado as 11:00h para intentar conseguir a primeira vitoria da tempada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios