sábado. 03.05.2025
El tiempo

Uns 250 deportistas participan na VI exhibición de patinaxe Costa da Morte

Uns 250 deportistas participan na VI exhibición de patinaxe Costa da Morte
O pavillón municipal de Baíñas acolle este venres, día 2 de xuño, a VI exhibición de patinaxe Costa da Morte. No evento participarán uns 250 patinadores e patinadoras pertencentes ás escolas deportivas municipais dos concellos de Camariñas, Carnota, Fisterra, Vimianzo e Muxía así como as ANPAS de Camariñas e Ponte do Porto e o clube de patinaxe artístico Costa da Morte. A cita comeza ás 17 horas e ao remate entregaráselle as medallas a cada un dos participantes.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios