![Imaxe do San Lorenzo-Cabana-Foto-David Pena]()
Imaxe do San Lorenzo-Cabana-Foto-David Pena
Soneira e Sofán enfróntanse como dous dos mellores equipos de Primeira Autonómica, dentro do contexto dunha fin de semana que promete espectáculo.
Preferente Autonómica: Pouco que perder para o Dumbría
Non é o momento para invitar a unha machada do Dumbría no campo do Arteixo, non só pola antítese clasificatoria, senón tamén polas sensacións que están a transmitir os de Canosa. Algúns dos futbolistas con máis traxectoria en Terceira e Preferente, como Marcos Suárez ou Carlocho, serven de sustento ao histórico once das Mariñas, baixo a tutela recoñecida universalmente do vimiancés Miguel Figueira. Menos problemas debería ter un Xallas que ten na visita do Estudiantil por un lado un compromiso directo e por outro o perfil perfecto para enlazar a terceira semana seguida sen perder.
Primeira Autonómica: O mellor menú posible
O terceiro e cuarto equipo da Costa, segundo xerarquía clasificatoria estrictamente, ofertan un currículo de trinta e oito goles a favor entre os dous en seis xornadas, dez victorias en doce intentos e un momento de xogo espectacular. Soneira e Sofán son sen dúbida unha aposta segura de partidazo da xornada. Será o segundo compromiso seguido na casa para os de Vimianzo, que esperan aproveitar tanto a xeira dun Basti imperial como o carácter de bloque sen fisuras dun once que se manten á altura a pesar das rotacións. Pola súa banda, o Sofán visita un feudo no que xa xogou hai pouco máis de un mes e medio na pretempada e chega cheo de moral tras golear ao Palmeira. Do resto da xornada debería haber certo optimismo en Corme co gallo da visita a un Palmeira con problemas defensivos, ao igual que os Bergantiñáns.
Liga da Costa: Vai de ouros nas Pedreiras
Talento e favoritismo danse a man no partidazo da xornada da Liga da Costa. Un Castriz que con nove deu a cara e moito fronte ao Baíñas visita ao gran dominador (co Ponteceso) da competición. O triunfo da pasada semana en Ara Solis, con imaxe de equipo con maiúsculas, ven a reforzar esa suposición de cousas grandes en Verdillo. As defensas deben ser o eixe dunha contenda que seguramente se mova en distancias curtas. Refrega as mans mentres tanto o Ponteceso, anfitrión no derbi co Cabana, de clara cor local. Por outra banda, un tinte histórico e pinta de boa proposta terá o Ameixenda-Fisterra, cun imprevisible cadro ceense en chave debutante e un conxunto verde que debe rachar co cero de seis nas dúas últimas xornadas.
Terceira Autonómica: Un debe para Seaia e Lira
Cheira a necesidade o Sporting Seaia-Lira, cos visitantes de menos a máis e con problemas ata hai pouco para configurar un plantel con fondo de armario. Pola súa banda, o Corcubión debe ser favorito co gallo da visita do Castrelo.
Fútbol base: Teóricamente asequible para o Dumbría
Órdenes en xuvenís e Galicia de Caranza en División de Honra Cadete deben ser unha marca máis no mazo dos dous equipos de categoría superior do Dumbría, que no caso dos xuvenís vén de ceder o liderado.
Dumbría |
17/10 - 17:00 |
Ordes |
Dumbría |
17/10 - 11:30 |
Galicia Caranza |
Crónicas da semana
Conversas co Mito
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).