Xoves. 10.10.2024
El tiempo

As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida

As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida
FSF Villa de Cee campionas da Liga Provincial FSF Villa de Cee campionas da Liga Provincial Con 3 xornadas de marxe, con 55 puntos e 104 goles a favor e só 26 en contra, o FSF Villa de Cee proclamábase Campionas da Liga Provincial 15/16, no seu terceiro ano en competición. As de Juan Jesús vencían no choque ante as 2ª, as herculinas do Grupo Work, e deixan sentenciada unha Liga con claro cor vermello. Unha alegría ceense completada polos mozos de Fran Toba, que vencían nada menos que na cancha do intratable líder, Brión, e se aseguran na 2ª praza cando quedasó unha xornada. Non foron as únicas alegrías da fin de semana na que tamén venceron as Roxiñas de Lira e as Atletes de Esteiro, que aproveitaron a debilidade das pechacancelas para resarcirse co gol. Na Liga Autonómica, o Fisober puxo fin á boa xeira de resultados (non coñecía a derrota neste 2016) caendo en Dumbría ante o líder da categoría, o Moaña, quedando agora as (tamén) de Fran Toba a 4 puntos a falta de 5 xornadas.  

Liga Provincial, xornada 23

  • Resultado: Grupo Work F.S.F. - FSF Villa de Cee (1-5).
  • FSF Villa de Cee: Vanesa, Alba, Adriana, María de Dumbría e Tatiana. Participando tamén Paula Trinidad, Marta, María Lijó, Lucía, Andrea e Carla.
Partidazo das de Juan Jesús na Coruña no partido máis importante do curso, pois as ceenses sabían que se xogaban a Liga. O choque comezaba con moito respecto, e as ceenses esperaban atrás, sen arriscar, pensando en saír á contra. A posesión era herculina, con balón en media pista sen chegar a profundizar e non creaban case ningunha ocasión de gol, e as poucas veces que chegaban arriba eran ben controladas entre a defensa ceense e a porteira Vanesa, que estivo fantástica. Foron sacudíndose os nervios as vemellas, e no ecuador da primeira parte nunha presión de Tati cando as rapazas do Grupo Work intentaban sacar o balón de atrás obrigou ás coruñesas a facer unha cesión a súa porteira que foi pitada coma falta ó borde da área. Falta que cun forte disparo transforma Andrea e poñendo o marcador 0-1 a favor das Ceenses. No resto da primeira parte as ceenses foron a polo partido e chegaron a disfrutar de varias ocasións para ampliar a vantaxe. As rapazas do Grupo Work non deixaron de intentalo, e disfrutaron dun man a man ca porteira onde Vanesa estivo espectacular. Final da primeira parte 0-1. Na segunda parte e ca vantaxe no marcador, as de Juan Jesús sabedoras da importancia de gañalo partido, e que a renda de o 0-1 era moi pouca, fóronse a polo rival, pasaron a dominar o xogo e a buscar a portería contraria, cunha Andrea motivadísima, unha Tati espectacular, María de Dumbría intensísima, Adriana e Alba súper concentradas, unha Marta contundente e as pequenas do equipo María Lijó, Paula e Lucía totalmente enchufadas e Carla eufórica, conseguiron impoñerse o rival acabando cun resultado de 1-5, con tres goles de Andrea e dous de Tati. As estrelas esta semana tócanlle 3* para todo o equipo, 3* para todo o corpo técnico, 3* para toda afición, 3* para todos os patrocinadores do Club, etc. O vindeiro sábado toca recibir o “Santiago Futsal A Gaiola” na casa e aplaudir ás nosas Campionas. [fbvideo link="https://www.facebook.com/226756067478652/videos/595974540556801/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/226756067478652/videos/595970163890572/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] FSF Villa de Cee campionas da Liga Provincial

Liga Autonómica, xornada 25

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – OPIRATA F.S. MOAÑA (0-2).
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Mai, Noe; tamén xogaron: Andrea Piroja, Paula Fandiño, Tamara, Nuriña.
  • Goles: 0-1 Lety, (descanso), 0-2 Sonia.
Andrea Piroja co Fisober Andrea Piroja co Fisober Púxose fin este sábado a xeira do Fisober que aínda non coñecía a derrota en 2016 é que chegou ata Abril. Esta derrota non desluce o espectacular arranque de ano con dez vitorias e un empate en liga e ca conquista da Copa da Costa polo medio, máis sabendo que a gran maioría do plantel chegou dende o filial a principio de tempada. No partido en si merecida vitoria dun Moaña que amosou as razóns polas que vai líder, con xogadoras curtidas en mil batallas e con ampla experiencia , algo que pesou nas cabezas das xóvenes xogadoras locais que xogaron demasiado nerviosas. Comezou o encontro cun lanzamento da costeira Noe que enviaba a saque de esquina a porteira visitante Silvia. Pero non tardou en contestar o Moaña cun lanzamento ó pau de Sonia. O partido xogábase o ritmo que marcaban as visitantes, concretamente o ritmo que marcaba Kiko. Aínda que non aparecían as ocasións as locais mostrábanse imprecisas e nerviosas. Ata que os sete minutos nun erro das locais a moañesa Lety aproveitaba para poñer o cero a un no electrónico. O gol fortaleceu aínda máis as visitantes. Ós trece minutos apareceu a mellor ocasión das locais nesta primeira metade pero Inés non foi quen de superar a porteira visitante Silvia. O Moaña respondía por mediación de Nahir pero non superaba a porteira local Leti que fixo unha gran actuación durante toda a tarde. A falla de cinco minutos o Fisober cometía a quinta falta o que comprometía aínda máis o seu partido. De novo aparecía Leti para frear unha ocasión da visitante Sonia.E no lado contrario era Silvia a que aparecía ante Inés. Co cero a un chegouse o tempo de lecer. Non puido comezar peor a segunda metade para o Fisober xa que na primeira xogada Sonia facía o cero a dous para as visitantes. Unha lousa demasiado grande para o Fisober. O duro golpe tocou as locais que se sostiveron no partido grazas o bo facer de Leti na portería mentras pasaban os minutos, tendo as visitantes Heba ou Kiko moi boas ocasións. Mediada esta segunda metade Noe tiña unha boa ocasión nun libre indirecto. O ritmo de partido era o que querían as visitantes igual que na primeira metade. Así que as locais decidiron cambiar algo o guión e tiraron do xogo de cinco adiantando a Leti nos seis últimos minutos para tomar o mando do partido. O Fisober pasou a dominar o partido cos consabidos riscos nas perdas de balón. As locais buscaban un gol que as metera no partido e tiveron algunha ocasión que non foron quen de materializar. O Fisober non deixou de loitar e tentalo ata o último segundo pero o final o resultado non se moveu e os puntos viaxaron cara Moaña de forma xusta.  

Liga Provincial, xornada 23

  • Resultado: F.S. Pontedeume/Valdetires - A. D. Atletes, FSF (2-16).
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Sara; Marta; Bárbara (6); Antía (6); Ana; Sandra (4); Cris.
Partido correspondente a xornada 23, xogado no Pavillón Municipal A Casqueira (Pontedeume). Saíron as esteiranas, en este partido, con mentalidade atacante, e volcáronse dende o inicio do partido, sobre a portería das de Pontedeume. Empezaron marcando as do Atletes cando ían pasados cinco minutos do encontro, por medio de Bárbara. Este primeiro gol adormeceu ás de Esteiro, que a pesares de dominar o partido, no conseguían manter un xogo claro e fluído. Foron marcando por medio de Antía, Sandra e, de novo Bárbara, hasta catro goles en esta primeira metade. O gol das de Pontedeume foi marcado por Bárbara en propia portería. Na segunda metade, as de Esteiro, serenaron o seu xogo, asentáronse debidamente no campo de xogo e lograron, de esa maneira, levar moito perigo a porta das de Valdetires. Estas non sabían como conter os ataques constantes levados por Bárbara, Antía e Sandra. Atrás, o Atletes non se vía en perigo, e bastábase con Sara, Marta e Ana, para conter os escasos contraataques das de Pondedeume. Porén, nunha contra, Lucía, véndose soa ante Mariña bateu a ésta logrando o segundo gol das de Valdetires. As esteiranas foron marcando goles con moitas facilidades, que foron ben aproveitadas por Bárbara (6 goles) e Antía (6 goles), deixando o resultado final en un 16 a 2 para as de Esteiro. Cómpre destacar polo Atletes, evidentemente, Antía e Bárbara, moi ben acompañadas por Sandra que as sirveu de asistenta na maioría dos goles que ámbolas dúas marcaron. Sandra tamén tuvo o se premio o marcar catro goles.  

Liga Provincial, xornada 23

  • Resultado: Carnota Lira - Espartanas (5-0)
 

Liga Provincial, xornada 23

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Academia Redblue 5 Coruña (0-0)
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Carla, Noa, Carmen, Chus - tamén xogaron- Sandra, Martina, Ana, Cintia e Zeltia.
Dominaba o Ponteceso durante os primeiros minutos, co 5 coruña cerrado atrás e coas pontecesanas chegando á portería rival, pero sen claras ocasións. Carmen dispararía 2 veces, pero os balóns sairían desviados. A presión arriba das locais tamén faría que non progresasen as coruñesas cara a portería rival, pero co paso dos minutos foron chegando arriba e igualándose así o partido. Pasaría o tempo e iría disminuindo o ritmo do encontro. Seguirían probando con tiros dende a frontal ambos equipos, coas pontecesanas batendo de cada vez coa defensa herculina, co que se chegaría ó descanso co 0-0 inicial no marcador. A segunda metade sería unha copia da primeira. Parecía que volvían dos vestiarios enchufadas as xogadoras do cadro pontecesán, pero iso duraría un minuto. A partir de aí, o partido foi lento e sen ritmo por parte dos dous equipos. Apenas chegaban á portería rival para crear ocasións de gol, cos dous conxuntos probando con tiros dende lonxe, pero sen acertar ninguén de cara ó gol. Remataba así o encontro co resultado inicial, un empate a 0 que lles da un punto a cada un, deixando ós dous equipos na mesma posición na táboa clasificatoria.  

Liga Provincial Masculina, xornada 23

  • Resultado: Brión F.S. - FSF Villa de Cee (2-3).
  • Vila de Cee: Rafa, Mario, Juanjo, José Antonio e Carlos. Participando tamén Champi, Hidalgo, Estrella e Tomás.
Tocoulles viaxar a Brión os Ceenses na tarde do Sábado e enfrontarse ante o líder no Pavillón Municipal de Brión e ante unha entrada aceptable. Non defraudou o partido en ningún momento, xa que os dous equipos marcaron un ritmo altísimo. A primeira parte foi perfecta para os Ceenses, conseguindo irse o descanso cun 0-2, goles obra de José Antonio e Champi. Na segunda parte o Brion subiu lineas e aumentou a presión sobre os Ceenses, os cales tiñan dificultade en sacar o balón controlado, así nunha contra Juanjo consegue marcar o 0-3. Tocoulle defender a vantaxe os Ceenses mentres o Brión intentábao a desesperada , conseguindo poñerse 2-3, resultado final do partido. Tocará rematar a liga na casa recibindo o Pulpo Móvil o vindeiro 16 de abril.  

2ª Nacional, xornada 21

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - ADAE Simancas Codesu (5-4)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Lago, Dolo, Sheila (cinco inicial), Laura Tesouro, María Gómez, Uxía Muñiz.
  • Goles: 1-0 Lago (min. 5); 1-1 Ana Cris (min. 14); 1-2 Ana Cris (min. 20); 1-3 Cristina Rodríguez (min. 22); 2-3 Lago (min. 25); 3-3 María Gómez (min. 28); 4-3 Dolo (min. 29); 5-3 Lago (min. 34); 5-4 Cristina Rodríguez (min. 39).
Nova vitoria das herculinas do Viaxes Amarelle, coma sempre coa muxiá Patri como titular, con remontada e todo. Quedan no alto da táboa as de Pili Costa tras unha gran segunda metade, esperando o choque da vindeiro sábado 9 de abril de 2016 a partir das 16:30 horas en Chiloeches (Guadalajara).  

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios