Mércores. 01.12.2021
El tiempo

Vimianzo abrirá setembro coa súa 9ª Ruta BTT

Vimianzo abrirá setembro coa súa 9ª Ruta BTT
9 Ruta BTT por VImianzo setembro 2012

O sábado día 1 de setembro terá lugar outra cita deportiva no concello de Vimianzo. Trátase da novena Ruta BTT concello de Vimianzo, coa que os ciclistas realizarán un novo percorrido cunha distancia de 35,600 Km. A ruta BTT é de carácter non competitivo.

Máis información e inscrición

Aquelas persoas que desexen participar deberán formalizar a inscrición on line antes do 28 de agosto no departamento de deportes do concello ([email protected]) xunto co xustificante de ter aboados os 5 euros da cota de inscrición.

O límite de inscricións é de 300 persoas e a idade mínima para participar na ruta son 15 anos. Para que os menores de idade poidan participar na BTT é necesaria a autorización paterna.

Os participantes na Ruta terán que estar na praza do concello ás 15.30 horas para a entrega de dorsais para comezar a ruta ás 16.30. Ao finalizar o percorrido terán avituallamento líquido e sólido e duchas á disposición no pavillón municipal.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios