Volantazo de segunda fase

22:22 02/04/17
A pesares do pouco agardado tropezo ante o Castrelo, o cadro muradán acadou a praza restante para loitar polo ascenso á Liga da Costa; en Segunda o Corme estivo a piques de deixarse medio título, mentres que nas categorías superiores Zas e Outes compricáronse a vida
Paseíllo do Cabana ao Muxía
Un evidente sabor sureño terá o Play Off de ascenso á Liga da Costa, para o que o Volantes picou o último billete restante. Nantón-Lira e Volantes-Ameixenda serán as semifinais, que comezarán a vindeira semana. A piques estiveron os muradáns de levar o disgusto do século, xa que non pasaron da igualada na casa ante o Castrelo, quedando a expensas do que fixera o Cabana en Muxía. O campión cumpriu no seu último partido do curso e levou igualmente o triunfo. Despediu un ano virado o Camelle, cun triunfo en Malpica ante o Seaia e un grupo agotado, ao igual que o filial do Outes, no seu primeiro ano de vida, que pouco pudo axudar ao primeiro equipo… ou a si mesmo.
Na Liga da Costa o que semellaba unha semana tranquila para os de arriba acabou nun case sorpresón no Cairo, onde o Corme tivo que remontar ante un Malpica entonadísimo dun tempo a esta parte. Un penalti convertido por Alejo contra o final evitou que o cava empezase a correr por Baio, xa que a diferencia tería sido xa de máis dun encontro. O líder foi moi efectivo na súa visita a Cee, ante un rival que competiu ben. Tampouco fallou o San Lorenzo na Ponte do Porto. Na loita por non baixar os triunfadores da semana foron Buño e Esteirana, con meritorios éxitos a domicilio.
Sò o Fisterra foi quen de vencer nunha mala xornada de Primeira. E era xusto quen menos o necesitaba. No feudo dun candidato a non baixar, o líder Dumbría igualou sen goles, mentres que Zas e Riveira recibiron duros castigos.
A boa nova por arriba foi a goleada dun Soneira que empeza a ver moita luz, sobre todo cos éxitos no Municipal. Cumpriu o Xallas e o Sofán non pudo botar un cable en Bertamiráns.
No fútbol base arriincou a Copa da Costa Xuvenil (co cadro actualizado en copadacosta.com ), cuns oitavos a partido único e con moita emoción: tres eliminatorias decidiríanse na lotería dos penaltis. Ademáis, nos veteráns se a pasada semana o Corcoesto finiquitaba o título de Segunda, esta vez era o Club do Mar de Caión o que facía o propio en Primeira.
CopadaCosta Xuvenil, Oitavos

PreferenteNorte, xornada 31
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 29
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 30
3ªAutonómica, Gr.2, xornada 27
CopadaCosta Xuvenil, Oitavos
O cadro das Copas sempre actualizado en www.copadacosta.com
LigaGalegaCadete, xornada 28
1ªCadete, xornada 26
LigaGalega Infantil, xornada 27
1ªInfantil, xornada 28
LigaAlevínNorte, xornada 6
LigaAlevínSur, xornada 22
LigaBenxamínNorte, xornada 6
LigaBenxamínSur, xornada 22
LigaPrebenxamín, xornada 5
LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22
LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.

LigaGalegaCadete, xornada 28
1ªCadete, xornada 26
LigaGalega Infantil, xornada 27
1ªInfantil, xornada 28
LigaAlevínNorte, xornada 6
LigaAlevínSur, xornada 22
LigaBenxamínNorte, xornada 6
LigaBenxamínSur, xornada 22
LigaPrebenxamín, xornada 5
LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22
LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.