Volei Dumbría: Os mozos ao poder

Non foi boa a viaxe das Cadetes do Volei Dumbría á cidade das Burgas, pois as costeiras volveron con dúas derrotas no peto. Pero é que esta foi a fin de semana dos mozos na familia dumbriesa. Gañaron os sénior, os xuvenís e os cadetes con rotundidade, con igual resultado.
E tamén fixeron unha gran participación os alevíns e benxamíns do colexio Manuela Rial Mouzo na xornada escolar de Noia. Gañaron ante Ames A, Ames B e Xuventude Dubresa nas dúas categorías.

1º División Senior masculina
- Resultado: Voleibol Dumbría - Noia (3-0).
- Parciais: (25-22, 27-25, 25-8).
O equipo senior sumou 3 valiosos puntos ante un rival directo, nun partido que estivo marcado polos excesivos errores non forzados nos 2 primeiros sets do equipo local. O equipo dumbriés recuperou a Pablo Touriñán coma receptor e foi importabte na vitoria.
1º División Xuvenil masculina
- Resultado: Voleibol Dumbría - Aldebarán San Sadurniño (3-0).
- Parciais: (25-14, 25-14, 25-19).
Clara vitoria dos xuvenís ante Sansa onde predominou o ataque dos dumbrieses.
1º División Cadete masculina
- Resultado: Voleibol Dumbría - Aldebarán San Saduniño (3-0).
- Parciais: (25-16, 25-20, 25-12).
Vitoria dos cadetes con claridade onde foron moi superiores en todas as facetas do xogo.
2º División Cadete femenina
- Resultado: Burgas - Voleibol Dumbría (3-1).
- Parciais: (26-24, 25-20, 17-25, 25-9)
Derrota das cadetes ante un equipo directo na clasificación onde o equipo dumbries notou as ausencias de varias xogadoras.
- Resultado: CV Ourense - Voleibol Dumbría (3-0).
- Parciais: (25-10/25-19/25-21).
Perderon tamén ante as líderes da clasificación con claridade.
Vindeira xornada
Esta fin de semana tres partidos:
- Sábado 23:
- 11:30h: Cadete masculino: CV Narón - Voleibol Dumbría.
-11:30h: Cadete femenino: Voleipraia Lugo- Voleibol Dumbría.
-18:30h: Infantil femenino: Atlético Boiro - Manuela Rial Mouzo.
Crónicas da tempada
- Máis derrotas que vitorias neste comezo de ano para a familia do Volei Dumbría.
- Case pleno para a familia do Volei Dumbría.
- As cadetes do Volei Dumbría collen carreira.
- Os infantís do Manuela Rial seguen invictos na Liga Galega Infantil de volei.
- Triple vitoria da familia do Volei Dumbría a todo un Emeve.
- O Volei Dumbría case fixo pleno de vitorias na fin de semana
- Dúas vitorias das categorías base do Volei Dumbría ante San Sadurniño.
- Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega.
- Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta.
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Novas relacionadas
Fonte
- Volei Dumbría.