![Volve o Futbol da Costa Volve o Futbol da Costa]()
Primeira fin de semana de setembro e o
fútbol da Costa volve a ser protagonista e nós recolleremos todos os datos en
www.futboldacosta.com ademais de traer, coma sempre, todas as crónicas da Pref., 1ª, 2ª e 3 Autonómica ademais das Ligas Xuvenís. Xa o botabamos de menos e chega con forza. Se a semana pasada xa abría a tempada a Preferente, este 1 e 2 de setembro temos xornada completa, á espera io si das categorías cadete e infantil.
Participación
Reiteramos a nosa
invitación a colaborar con QPC para poder chegarmos a máis campos cada fin de semana. Esta humilde redacción leva anos facendo das vosas colaboracións o sentido do diario, e a través das vosas fotos, deses correos enviándonos as aliñacións e os datos dos partidos, podemos facer un seguemento moito máis achegado do fútbol da Costa. Xa contamos cunha morea de xogadores, adestradores, siareiros... que nos mandan as fotos dos partidos que van ver, ou que nos envían un correo o domingo cos datos, ou unha mensaxe co resultado. E
queremos que cada día sexamos máis os que formemos a familia de QPC Deportes e o Fútbol da Costa.
Esperámosvos en deportes@quepasanacosta.gal.
Preferente e 1ª
Na
Preferente os nosos terán encontros complicados. O
Dumbría de Canosa recibirá ao Bertamiráns, mentres que o
Soneira de Felipe Candamo espera a un novo Lemos. Pola súa banda o
Xallas de Santa Comba de Corredoira terá unha saída verdadeira complicada, no campo doutro aspirante, o Boiro.
E comeza unha nova
1ª Autonómica santiaguesa polo que boa parte dos choques serán novos. Este ano contamos con 4 equipos na categoría dos que só un é veterano. Precisamente o
Ponteceso enfrontarase ao velo coñecido Unión, e os de Nacho querrán empezar con bo pé. O
Camariñas de Pepucho visita o campo do Noia, dura proba para empezar; mentres que o
Fisterra de Juan Jesús farán o propio na Pobra do Caramiñal. O
Malpica de Baña reciben en Pedra Queimada ao Amio nun choque que servirá para medir a forza dos malpicáns.
As Ligas da Costa
E
comeza unha 2ª Autonómica algo estrana e con moito movemento, sobre todo nos banquiños. A tempada abre cun derbi zaense, con
Cee e Corme como grandes aspirantes e con
4 equipos muradáns con moitas gañas. Os novos pupilos de
Mario no Zas mediranse aos de
Félix no Baio, sendas estreas nos banquiños. Tamén se estrearán os
Couso en Mazaricos e
Manolo Lago no Muros; ou
Víctor Pazos no Castriz e
Manolín nun entregado Corcubión.
Outro partido será o que enfronte ao Corme de Juan, outro dos fortes, que recibe á
Esteirana de Marcelo. E un clásico xa, o
Sofán-Dumbría B, coa novidade de
Pablo Mallón na SD. O
Carnota de Cambeiro estearase ante o novo
San Lorenzo de Gueli. No Conchido, o
Outes dode sempre,
Manu Roque con Tomé de escolta, quen se non, estreará categoría ante todo un
Cee, dirixido polo tandem
Floreal-Jose Carlos. O
Volantes de Juan Rey tamén afronta a súa primeira campaña na 2ª e o fará ante o
Buño de Esmorís, outro dos poucos que mantén o seu posto. E dous que volven á Liga da Costa,
Montelouro con Canelo no banco, e
Cabana, este con Periscal como novidade.
No tocante á
3ª tamén hai novidades. Parece que
Cerqueda, Porteño e Coristanco manteranse, como o ano pasado, na zona alta. Ollo ao renovado
Muxía de Papi, e ollo tamén ao novo
Baíñas de Pato, que entra con forza e se medirá no inicio ao
Soneira B, nun derbi especial para o presi do Baíñas. Haberá que estar pendentes da evolución dos outros dous novos equipos,
Ameixenda e Castrelo, que medirán forzas ante o Porteño e o Coristanco nada menos.
Polo demais, haberá que ver a evolución do
Laxe e do
Camelle, que precisamente se enfrontan neste inicio de campaña. O
Xaviña afrontará unha nova temporada ante o
Independiente; mentres que o
Alcaián, veremos se aguanta arriba este ano, fará o propio ante o
Lira, toda unha incógnita.
Xuvenís
E atentos ás Ligas Xuvenís estaremos coma sempre. Estas primeiras xornadas non poderemos traer as crónicas completas como as pasadas campañas pero intentaremos, co apoio de todos adestradores e xogadores, poderemos seguir chegando a cada campo.
Preferente, xornada 2
Dumbría |
-- |
Bertamiráns |
Soneira |
-- |
Lemos |
Boiro |
-- |
Xallas Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 1
Ponteceso |
-- |
Unión |
Noia |
-- |
Camariñas |
Puebla |
-- |
Fisterra |
Malpica |
-- |
Amio |
2ª Autonómica, xornada 1
Mazaricos |
-- |
Muros |
Zas |
-- |
Baio |
Corme |
-- |
Esteirana |
Sofán |
-- |
Dumbría B |
Carnota |
-- |
San Lorenzo |
Outes |
-- |
Cee |
Castriz |
-- |
Corcubión |
Volantes |
-- |
Buño |
Montelouro |
-- |
Cabana |
3ª Autonómica, xornada 1 (Descansa Nantón)
Corcoesto |
-- |
Muxía |
Cerqueda |
-- |
Fisterra B |
Xaviña |
-- |
Indep. Carballo |
Alcaián |
-- |
Lira |
Laxe |
-- |
Camelle |
Coristanco |
-- |
Castrelo |
Soneira B |
-- |
Baíñas |
Porteño |
-- |
Ameixenda |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 1
Cee |
01/09 - 17:00 |
Mazaricos |
Esteirana |
01/09 - 17:00 |
Fisterra |
Soneira |
01/09 - 17:00 |
Muros |
Dumbría |
01/09 - 17:00 |
Outes |
Corcubión |
01/09 - 17:00 |
Xallas Sta Comba |
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 1
Zas |
01/09 - 17:00 |
Baio |
Coristanco |
01/09 - 17:00 |
Laxe |
Malpica |
01/09 - 17:00 |
Corme |
Camariñas |
01/09 - 17:00 |
Ponteceso |
Muxía |
01/09 - 17:00 |
Cabana |
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).