mércores. 30.04.2025
El tiempo

Volve o fútbol da Costa

Volve o fútbol da Costa

Esta fin de semana volve o fútbol á Costa da Morte. Xa comeza a Liga da Preferente e da 3ª Autonómica mentres o resto de equipos continúan coa pretempada. Este ano a Preferente conta con 4 equipos da nosa bisbarra polo que estaremos atentísimos ao seu desenvolvemento. Asemade, a 3ª da Costa conta con 19 equipos, tralas novas incorporacións á competición, polo que se preve unha liga moi longa...
Así, xa poden ollar os calendarios na habitual sección de Resultados e Clasificacións. Polo de pronto temos actualizado as 4 ligas de modestos, mentres que o fútbol base irémolo actualizando nos vindeiros días.

De igual xeito, e antes de comezar o repaso deportivo á fin de semana, gustaríanos solicitar a todos os clubes da Costa que nos envíen os seus datos de contacto e planteis actualizados, como xa teñen feito algún que outro clube. Ademais gustaríanos que os membros dos clubes (dende os presidentes ata os siareiros) colaborasen co equipo de QPC para poder chegar a cada campo cada fin de semana, e que nos enviasen uha pequena crónica dos seus encontros, fotos e calquera información que consideren oportuna dos seus equipos. Poden contactar con nós en deportes@quepasanacosta.gal.

E sen máis, imos repasar a primeira xornada da 3ª da Costa, e os amistosos da fin de semana.

Preferente Norte, xornada 1

Gal. Mugardos 28/08 - 17:30 Soneira
Santa Comba 28/08 - 17:30 Narón
O Val 28/08 - 17:30 Xallas
Dubra 28/08 - 17:30 Dumbría

3ª Autonómica, Xornada 1

Volantes27/08 - 12:00 Muxía
Montelouro 27/08 - 18:00 Cabana
Alcaián 27/08 - 18:00 Carnota
Corcoesto 28/08 - 17:00 Xaviña
Outes 28/08 - 17:00 Laxe
Porteño 28/08 - 17:00Lira
Indep. Carballo 28/08 - 17:00 Fisterra B
Coristanco 28/08 - 18:00 Atl. Pereiriña
Cerqueda 28/08 - 18:30 Camelle

Encontros amistosos

Esta fin de semana acabamos os partidos de pretemporada con varias citas:

Torneo de Futbol Praia en Corcubión

O venres 26 de agosto, pola tarde, unha chea de equipos de toda a bisbarra competirán no areal de Quenxe, en Corcubión.

Trofeo Carlos Lojo

  • Sábado 27 ás 18:00h no Novo Cubaleiro de Corcubión: Corcubión-Fisterra.

Trofeo Concello de Ponteceso

  • O sábado 27 ás 18:00 h. no campo de O Cairo en Corme, Corme C.F. - Puenteceso S.D.

Trofeo Concello de Zas

Este domingo 28 de agosto vaise disputar o tradicional "Trofeo Concello de Zas" que enfronta aos dous equipos deste municipio, o C.D. Baio e o Sporting Zas. Este ano o Trofeo celebrarase no campo Platas Reinoso de Baio.
A xornada festiva comezará ás 15:30 horas coa celebración dun partidiño de exhibición entre os infantís e os cadetes do CD Baio. A continuación, ás 16:30 horas, disputarase outro partidiño entre os equipos xuvenís do CD Baio e do Sp. Zas. Para rematar ás 18:00 horas coa disputa do Trofeo en si, entre os equipos de afeccionados do CD Baio e do Sp Zas. E ao final, churrascada para todos!!!

  • 15:30h: CADETES CD BAIO - INFANTÍS CD BAIO.
  • 16:30h: XUVENÍS CD BAIO - XUVENÍS SP ZAS.
  • 18:00h: C. D. BAIO - SPORTING ZAS.

III Trofeo Xuvenil Deportegal

Aínda que a web Deportegal.com se atopa en tarefas de mantemento, Deportegal organiza o III Trofeo de Xuvenil Deportegal, que se disputa en Dumbría este sábado 27 de agosto. O torneo será un triangular de 45 minutos cada partido cos seguintes encontros:

  • 18:00h: U.C. Cee - SD Compostela.
  • 19:00h: Dumbría C.F- SD Compostela.
  • 20:00h: Dumbría C.F- U.C. Cee.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios