luns. 02.06.2025
El tiempo

Xa temos os calendarios completos de 2ª e 3ª Autonómica en futboldacosta.com

Xa temos os calendarios completos de 2ª e 3ª Autonómica en futboldacosta.com

Agora si. Tras un doble erro da Federación na creación dos calendarios (tivemos que eliminar todo o calendario de 2ª e de 3ª sen que nos avisasen das modificacións...) xa temos os Calendario da 2ª Autonómica e 3ª Autonómica 2013-2014 en www.futboldacosta.com. Unhas Liga da Costa que virán marcadas polo O Álbum de cromos do #FutboldaCosta pero que ten moitas espectativas abertas.

2ª Autonomica

Pincha na imaxe para ver o calendario completo da 2ª Autonómica 2013-2014 en www.futboldacosta.com

Son varios os favoritos, entre os que sempre hai que destacar ao Cee e ao Fisterra, que ademais de ser chamados a estar arriba, están facendo grandes planteis, unha vez que analizamos as súas Altas e Baixas. Pero ollo tamén cos proxectos de Castriz, Sofán e Zas, que prometen boa guerra.

A temporada terá poucos derbis, ademais dos habituais nestes anos entre o Sofán e San Lorenzo, ao que se unirá o IDC como novo rival carballés; o os protagonizados na comarca de Fisterra entre a SD, o Cee e o Corcubión.
Este ano dos 6 rerbis muradáns do ano pasado, quedamos este curso só un entre Volantes e Muros. Ademais, hai que unirlle un camariñán, entre Camelle e Porteño, recén ascendidos, que trasladan os choques da 3ª á 2ª.

A Liga comezará o 8 de setembro sen grandes enfrontamentos directos, e rematará o 11 de maio.

A campaña, como a da 2ª Autonómica, terá dous paróns:

  • Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro por Nadal;
  • Do 13 ao 27 de abril pola Semana Santa.

3ª Autonómica

Pincha na imaxe para ver o calendario completo da 3ª Autonómica 2013-2014 en www.futboldacosta.com

Son finalmente 13 os equipos en competición neste curso na 3ª Autonómica, polo que descansará un equipo cada xornada e teremos un calendario máis espacioso. Unha campaña con só un filial, o soneirán, un novo equipo, o Sporting Seaia, e varios nomes chamados a estar arriba, como o Cerqueda, que xa leva dous anos quedando ás portas do ascenso, ou o recén descendido Montelouro.

A temporada comezará máis tarde que nunca, o 29 de setembro, co parón de Nadal, pero xa non terá paron de semana Santa, pois a liga remata o 6 de abril. Iso si, haberá tempo para facer ben a Fase de Ascenso, sen que coincida ca Copa.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios