Xa temos os horarios para a primeira xornada das Ligas da Costa
Arrincan esta fin de semanas boa parte das Ligas da Costa. Xa temos mono, e se a semana pasada xa tivemos a estrea da Preferente con boas sensacións para Dumbría e XSC, esta semana poderemos disfrutar de novo da competición na 1ª, 2ª e 3ª Autonómicas e nas Ligas Xuvenís.
E xa temos os horarios actualizados en www.futboldacosta.com para esta primeira xornada. Preferente, 1ª e 2ª xóganse integramente o domingo, mentres que os 4 encontros desta curta pero longa (9 equipos e 4 voltas…) da 3ª serán o sábado.
Haberá choques entretidos, pero coma sempre, o venres faremos unha previa, o domingo traeremos os resultados e o luns, todas as crónicas.
E xa saben que teñen todas as fichaxes en Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
Sorte!!
Patrocinadores
Temos que agradecer aos patrocinadores deste curso do Fútbol da Costa. Este ano teremos a Senra Sport patrocinando a Preferente; a Clínica Vértebra patrocinando a 1ª; ES Bazarra patrocinando a 2ª; a Clínica Xunqueira a 3ª Autonómica; Máis Deporte patrocinando os Xuvenís e Aluminios Dumbría patrocinando as Ligas Galegas.
Crónicas da semana
- Preferente: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
- O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- Bos partidos na última fin de semana de pretemporada.
Máis información
Novas relacionadas
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).