mércores. 30.04.2025
El tiempo

XSC e Dumbría fan caixa na Copa Deputación

XSC e Dumbría fan caixa na Copa Deputación
Ponteceso-XSC da Copa

Segue a Copa Deputación disputándose e achegando fondos para encarar a temporada. I é que cada eliminatoria pasada son máis de 750€ de caixa para os clubes (375 para o vencido, que tampouco está mal), polo que hai que esforzarse ben. Unha competición que serve ademais para ir collendo ritmo, e para impedir que algúns xogadores puidesen estar no choque do 11 Ideal do Fútbol da Costa-QPC ante o Fabril.

A pasada fin de semana, o Soneira xa se clasificaba a Desaseisavos tras empatar a 1 ante o Camariñas e pasar a penaltis. Tamén a penaltis pasaban, pero a Previa, o Ponteceso en Esteiro, e o Malpica ante o Baio.

Onte, 30 de xullo, tiñan lugar dous partidos, nos que os XSC e o Dumbría superaron a Ponteceso e Malpica, non sen apuros.

Agora, os choques de Desaseisavos deste domingo 3 de agosto serán:

  • Dumbría - XSC (reeditando a final da Copa da Costa 2014).
  • Soneira - Grixoa.

En todo caso, o máis probable é que o Grixoa non se presente, polo que o Soneira pasará directamente a Oitavos para o día 6 de agosto.

Ponteceso - Xallas de Sta. Comba (0-1)

11 do Ponteceso
  • PONTECESO: Brais, Fabián, Javi Peón, Óscar Moscoso, Diego Collazo, Alberto Recarey, Mendieta, Christian Martinez, Dani Valle, Dieguito e Brais (Lorenzo, min.55).
  • XSC: Julián, Cristian, Rubio, Óscar, Jota, César, Darío Capelo, Doro, Marcos e Arnejo. Tamén xogaron: Pablo Muíño e David Baña.
  • Gol: 0-1, min.60: Rubio de cabeza a centro e Doro.

Un gol de cabeza a balón parado de “Rubio” no minuto sesenta foi suficiente para romper un partido disputado e correoso. Un choque moi disputado, de ti a ti, con dúas ocasións claras do Ponteceso na primeira metade que non acertou. Na segunda o cadro xalleiro veuse arriba e nun centro de Doro rematou de cabeza Rubio para facer o gol da vitoria.

Malpica - Dumbría (0-1)

11 do Malpica-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Kevin (Diego, min.67), Juanjo Rabuñal, Alemán, Fernando Varela, Ismael (Diego Alonso, min.75), Petís (Alberto, min.58), Esteban, Martín Mara, (Almeida, min.70), Juan oBello.
Dumbria en Pedra Queimada-Foto-Luis Porto
  • DUMBRÍA: Iván; Rivi, Cespón, Adrián Makaay (David, min.81), Aarón López, Luisito (Javi, 46), Jesús (Adrián Nieto, min.46), Kevin (José, min.46), Tantán (Roberto, min.53), Cote, Brian.
  • Gol: 0-1, min.66: Aarón López de cabeza ao segundo pau nun córner botado por Adrián Makaay.

Partido moi igualado que decidía un solitario gol a balón parado. Dous equipos renovados, con moitas caras novas, e a inexperiencia na dianteira malpicá notouse. Fernando Varela, Petís e Martín Mara tiveron as mellores para o Malpica, mentres que polo Dumbría, un dos que comeza este ano, Diego Cespón, protagonizou unha das mellores xogadas, xunto ao xuvenil Roberto, que fixo estirarse a Pombo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios