Xuvenil Norte: Espertando tarde pero a tempo

Xa queda menos para o final desta Liga Xuvenil Norte. Dúas xornadas para o remate, e Corme e Dumbría B continúan co seu man a man particular. Nesta xornada ambos equipos tardaron en espertar nos seus encontros, e comezaron perdendo contra Bergantiños B e Muxía, respectivamente. Pero o fixeron a tempo para levar, sen problema algún, os 3 puntos.
A vindeira semana o Corme visita ao Cabana mentres que o Dumbría B no seu último partido (descansa na última xornada) recibirá ao complicado Zas. De feito, ese partido de menos que ten o Corme (ademais ante o pechacancelas Coristanco) pode ser decisivo para que o equipo de Suso da Torriña gañe a Liga. Con todo, parece que os cormeláns cederán a súa praza para a Fase de Ascenso á Liga Galega ao Dumbría B.
Camariñas - Cabana (1-1)
- Camariñas: Álvaro, David, Diango, Bieito, Mariño, Ismael, Cris (Yon, min.55), Manuel, Juan Carlos (Alberto, min.65), Tajes, Martín (Iago, min.70).
- Cabana: Sergio. Oscar, Pazos, Álex Garcia, Manu, Chucky, Amable, Diego Varela, Rubén, Paco de Marcos. José. Tamén xogaron: Moreno, Paxel, Carlos, Stefan.
- Goles: 1-0, min.30: Tajes; 1-1, min.80: Carlos
- Expulsión: Yon, expulsado por non quitar os piercing (min.70).
Partido controlado polo Camariñas, que xogou un dos mellores da tempada. E iso que os cabaneses foron os que levaron o control do balón, sobre todo tralo gol de Tajes á media hora. Puido sentenciar o Camariñas á contra por medio de Martín (que errou ata 3 mans a man co Sergio Fariña) e Tajes, pero non estiveron acertados.
O Cabana, con paciencia tocaba e intentaba chegar arriba, ata que Carlos fixo o empate. Segue notando o Cabana a baixa de Miki Pose, convalenciente dende hai dúas semanas dunha pubalxia.
Malpica - Coristanco (1-1)
- Malpica: Víctor; Fenosa, Jorge, Javier, Pepis, Luísma, Guille, Eme, Eloy, M. Uruguaio, Camilo.
- Coristanco: Rubén; Martínez, Golpe, (Sergio Lema, m. 53), Pita, Pichel, Sergio, Pallas, (Álex, m. 66), Dani, Diego, Pazos, Juan.
- Goles: 1-0, min.40: Eme, a centro de M. Uruguayo. 1-1, min.59: Diego aproveita un malentendido entre o mes local Víctor e o defensa Luisma.
Partido malo en Pedra Queimada entre dous equipos que non se xogan nada. A vontade dos coristanqueses a piques estivo de traducirse en vitoria ante un conxunto local pouco implicado. Varias foron as ocasións dos Pazos, Diego e Juan, sobre todo no treito final do encontro co 1-1 no marcador. Pero o marcador non variaría e os dous conxuntos xa desexen que remate a competición.
Corme - Bergantiños B (4-1)
- Corme: Javi, Mauro (Juanma), Chino, Pejo, Joshua, Pandi, Martín, Dani Conejo, Darío, Lucas, Alejo.
- Bergantiños B: Buguy (Gabriel, min.70), Martín, David, Iván, Javi Varela, Jose, Javi Castro, Cebey (Pablo Fuentes, min.46) (Javi Martínez, min.71), Adrián (Cristian, min.71), Miguel, Omar (Eliseo, min.46).
- Goles: 0-1, min.12: Adrián; 1-1, min.43: Alejo; 2-1, min.60: Alejo, de penalti; 3-1, min.65: Alejo; 4-1, min.87: Pejo.
- Expulsión: Javi Varela por parte visitante no min.65.
Empezou moi ben plantado o Bergantiños defendendo ben e saindo á contra na primeira metade, ante un Corme moi superior. Adiantáronse os visitantes nun contragolpe ben efectuado por medio de Adrián, pero o Corme chegaba con moito perigo obrigando a Bugy a facer moi boas paradas a Buguy.
Pero ao fío do descanso apareceu o de sempre. Alejo, aproveitou nun descoido da defensa visitante e fixo o empate. Saíu na segunda o Corme máis entoado e apretando aínda máis ata que chegou ou penalti de Javi sobre Darío que transformou Alejo non 2-1. Cinco minutos máis tarde ou árbitro, que non estivo nada ben, expulsaba a Javi Varela e o Bergantiños cun menos entregou ou partido a un Corme que xogou con superioridade numérica 30 min. E aínda marcou dous goles máis por medio de Alejo, de novo e xa son 32 goles só en xuvenís, e Pejo.
Muxía - Dumbría B (1-6)
- Muxía: Cristian, Fabián (Fran, min.46), Antonio, Fran Sambad, Martín, Julián, Pereira, Pesqui, Felipe, Carliños, Iván.
- Dumbría B: David (Aitor, min.86), Roberto, Isma, Andi, Martín, Cote, Roi, Tono, Yeray, Mario (Joaquín, min.76), Josiño.
- Goles: 1-0, min.20: Carliños; 1-1, min.40: Roi; 1-2, min.43: Cote; 1-3, min.47: Roi; 1-4, min.60: Mario; 1-5: Josiño; 1-6: Andi.
- Lesionado: Julián.
Ataun cuarto de hora estivo por diante o Muxía, mentres o Dumbría B non estivo metido no partido. Pero antes do descanso comezou a funcionar a máquina de Nando. Xa marcaron por partida doble para marchar con vantaxe aos vestiarios e dous minutos despois do descanso sentenciaban o choque.
Ponteceso - Baio (1-0)
- Ponteceso: Anxo (Xurxo, min.80), César, Johni, Ventura, Diego, Fabián, Cotelo (Recarey, min.55), Baliña (Mendieta, min.80), Jorge, Borja (Guille, min.70), Puente.
- Baio: Poyo, Bereda (Rafa, min.50), Pardo, Pablo, Marcos (Valentín, min.50), Iván, Fachal, José Manuel, Martín (Paduán, min.60), Bieito.
- Goles: 1-0, min.48: Puente de falta.
A Festa da Xuventude de Baio foi letal para os rapaces de Nacho. Foi un partido feo, apretado e con moito patadón, sobre todo na primeira metade. Martín marrou un man a man para os baieses e un fallo da defensa pontecesá propiciou unha das mellores ocasións dos baieses pero Pardo, á saída un córner, non soubo que facer co balón.
Na segunda melloraron os locais, que coa saída de Recarey trataron mellor o balón. E demostraron os de Marco por terceiro partido consecutivo que teñen garra abonda para pelexar con calquera. Puente, xa un habitual nas convocatorias do temible Ponteceso líder da Liga da Costa, marcou de novo un golazo de falta. Logo achuchou o Baio no treito final, pero sen demasiada convición.
Máis información
- Crónicas da Liga Xuvenil Norte.
- Crónicas da Liga Xuvenil Sur.
Máis información
Novas relacionadas
- 3ª Autonómica: Tropezo mazaricán.
- 2ª Autonómica: Ponteceso e Camariñas quedan sós na loita polo título.
- 1ª Autonómica: O Cee reafirma a súa candidatura.
- Preferente: Un punto menos para a salvación.
- Resultados do fútbol da Costa.
- Crónica de Alberto Pose: Un partidazo de 1ª División na 3ª da Costa.
- A crónica da Liga da Costa de Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora e Blog de Malpica de Luís Porto.
- Fotos de Dieko.