luns. 02.12.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: O Corme conságrase no Cairo

Xuvenil Norte: O Corme conságrase no Cairo
Disputábase a falta de 4 xornadas a final adiantada desta Liga Xuvenil Norte. Corme e Dumbría B afrontaban un choque por todo o alto, que non defraudou. Xentes de toda a comarca achegáronse ao Cairo para comprobar que o fútbol xuvenil está moi vivo. E a maioría botaron de menos unha liga conxunta e moito máis competitiva, onde o título non sexa cousa de 2. Gañou o Corme e perfílase como campión sempre que non pinche nas vindeiras xornadas ante Baio, Bergantiños B, Cabana e Coristanco. Ata esta última xornada o Corme, se o Dumbría B tampouco falla, manterá a segunda posición, e aproveitaría que o filial descansa na última xornada para adiantalo. De ser así a cousa, o Dumbría B de Nando, estaría 20 das 22 xornadas de líder e acabaría na 2ª praza. Pero como nos contaba o propio Suso da Torriña, o Corme estará encantado en cederlle o posto para a fase de ascenso porque son moitos os rapaces de último ano e o equipo non está preparado para afrontar o ano que vén unha Liga Galega. Veremos o que sucede nestas últimas xornadas.

Corme - Dumbría B (3-2)

  • Corme: Javi, Mauro, Yoshua, Pandi, Jesús (Juanma, min.46), Jorge (Chino, min.25), Dani (Fran, min.75), Martinchinho, Alejo, Lucas, Darío (Sergio, min.89)
  • Dumbría B: David, Tono (Dani Picallo, min.70), Andi, Rober, Joaquín, Toja, Cote, Josiño (Pablo, min.60), Mario (Riki, min.46), Jesús (Duarte, min.75), Yerai (Rodri, min.46).
  • Goles: 0-1, min.25: Yerai; 1-1, min.50: Lucas tras un saque de curruncho e varios despexes fallidos; 2-1, min.65: Alejo tras un pase longo; 3-1, min.80: Alejo de penalti a Martín; 3-2, min.88: Dani Picallo tras erro de Javi.
  • Lesión: o central cormelán Chino.
Ambientazo tremendo no Cairo con 300 persoas para ver a gran final adiantada desta Liga. E non defraudou o choque e a intensidade foi total durante os 97 minutos, acompañada ademais dunha limpezapor parte dos dous conxuntos exemplar. Comezou mellor o Dumbría B que contaba co forte vento a favor na primeira metade. E de feito o marcador reflexaba 0-1 ao descanso. Os de Nando amosaban unha organización case perfecta, só empañada por un par de erros defensivos que permitiron que os de Genaro e Suso da Torriña remontasen. I é que tivo que tirar de garra o equipo cormelán. Apelou á épica, con máis brega que xogo, e foi suficiente para levar o partido. Lucas aproveitaba uns despexes fallidos da defensa visitante para empatar, e Alejo peleábase con 4 defensas e facía dun saque de avi dende a meta un pase de gol. Alejo facía o 3-1 de penalti claro, pero de seguido Dani Picallo volvía poñer a tensión enriba da mesa para facer dos 7 minutos de desconto unha película de suspense. Finalmente o Corme, con maior veteranía e casta, levou o partido e perfílase como campión, sempre que gañe os 4 encontros que lle quedan.

Camariñas - Baio (0-2)

  • Camariñas: Álvaro, Bieito, Diango, David, Mariño, Ismael, Tajes, Yon (Juan Carlos), Alberto (José Carlos), Juan.
  • Baio: Poyo, Edgar (Penelo), Maikel, Pardo, Pablo (David), José Manuel, Iván, Fachal, Manuel (Rafa), Martín (Lucas), Paduán (Cristian).
  • Goles: 0-1, min.30: Martín; 2-0, min.75: Iván de penalti.
Partido complicado para o Baio, que fallou boas ocasións na primeira metade. Non decaeu o Camariñas ata o gol de penalti de Iván, xa contra o final, e durante a segunda metade tiveron boas ocasións para empatar por medio de Tajes. Pero Álvaro tivo tamén traballo abondo nos últimos minutos cando o Camariñas estaba volcado e as contras baiesas puideron facer que o marcador fose máis abultado.

Coristanco - Cabana (2-2)

  • Coristanco: Rubén, Juan, Martínez, Pichel, Golpe, Dani (Golpe), Sergio, Pazos, Alejandro, Gonzalo, Pose (Diego).
  • Cabana: Sergio, Óscar, Robso, Ismael Pazos, Manuel, Alex Mato, Paco de Marcos, Diego, Ruben, Miki, Jose. Tamén xogaron Paxel, Carlos, Nacho e Amable.
  • Goles: 1-0, min.15: Pose; 1-1, min.40: Jose a pase de Miki; 2-1, min.55: Pazos; 2-2, min.80: Diego de penalti.
  • Expulsión: Gonzalo por doble amarela no penalti.
Resultado xusto nun encontro bastante aburrido e con moi poucas ocasións. Por Cabana pediron dous penaltis que o colexiado non veu, pero o encontro transcorreu con normalidade e o Cabana conseguiu anular por dúas veces as vantaxes do Coristanco.

Malpica - Bergantiños B (2-2)

  • Malpica: Víctor; (Pablo, min.38), Quintas, (Pepis, min.46), Jorge, Javier, Eme, Luísma, M. Maradona, Guille, Eloy, (Juny, min.46), M. Uruguaio, Camilo, (Fenosa, min.78).
  • Bergantiños B: Bugy (Gabriel, min.80), Dani Meller, David, Iván, Pablo Díaz (Estiven, min.78), José Manuel, Pablo Fuentes (Fran, min.75), Antonio, Brais, Javi Martínez, Miguel (Adrián, min.60).
  • Goles: 0-1, min.3: Brais; 1-1, min.20: Camilo de vaselina; 2-1, min.30: Guille; 2-2, min.40: Brais.
Presentouse o Bergantiños con 5 cadetes nun campo no que, por culpa do forte vento, era imposible a práctica normal do futbol. Partido marcado pola igualdade entre os dous equipos no que empezou dominando o Bergantiños adiantandose no marcador por medio de Brais nunha bonita xogada combinativa. E aínda dispuxo de maís ocasions para ampliar a renta, como un penalti que parou Víctor a lanzamento de David. Pero foi Camilo o que puxo o empate nun bonito gol de vaselina. Novamente adiantouse o Malpica por medio de Guille nunha falta na que despistou a Bugy por culpa do forte nordés. Seguiuno intentando o Bergantiños co aire en contra xogando combinativo e a raíz diso chegou o segundo gol de Brais nun man a man co porteiro. Tamén o Malpica tocaba mellor, pero sen demasiada profundidade. Pouco que decir tralo descanso onde a igualdade foi ainda máis. Empate xusto nunha tarde impracticable para o fútbol.

Ponteceso - Zas (1-1)

  • Ponteceso: Guillermo, César, Johni, Ventura, Diego, Fabián, Cotelo (Kevin, min.55), Baliña (Mendieta, min.90), Borja cadete (Diego, min.80), Puente (Brian, min.75), Jorge.
  • Zas: Tívoli (Iván), Adri, Capote (Amado), Oli, Iago, Ramón (Kevin), Rony, Isma, Pastor (Óscar), Jorge, Kiko, Víctor (Quintáns).
  • Goles: 1-0, min.20: Baliña; 1-1, min.88: Rony.
Resultado xusto nun encotnro con unha parte cada equipo. A primeira parte tivo cor local, e os de Marco puideron sentenciar pero, coma sempre falla arriba. Cómpre salientar a labor de Puente aguantando do medio campo pontecesán. Na segunda estivo mellor o Zas, pero intentou facelo demasiado bonito e só puido empatar no min.88 por medio de Rony, un dos 5 xogadores que xa están a xogar habitualmente co equipo da 1ª.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios